Bailarete: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 42: Liña 42:
{{Listaref|2}}
{{Listaref|2}}
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Outros artigos)===
===Outros artigos===
*[[Buxaina]]
*[[Buxaina]]
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2009 ás 12:52

Dreidel.
Tipo de bailarete con un funcionamiento característico (en sueco snurra).
Freestyle con unha buxaina.
Bailaretes xaponesas.

Un bailarete é un corpo que pode xirar sobre unha punta sobre a que se sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase como xoguete existindo numerosas formas derivadas da peonza clásica, que se fai xirar coa man, normalmente grazas a un saínte en vertical que permite imprimir a forza angular. Tamén foron utilizadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais. De feito, crese que este xogo, de orixe arcaica, está asociado con rituais de adiviñación e interpretación de presaxios en certa época do ano, utilizándose para recrear o movemento dos astros, dando posiblemente como froito á perinola. [1]. En español realizáronse múltiples derivacións como piuca, repión ou mona.[2] A súa forma máis estendida é a buxaina (ou peón), polo que ambos os termos utilízanse como sinónimos.[3] En portugués, tamén se observan múltiples derivacións de piãou como pinhãou, como é chamado algunhas partes de Brasil, como corruptela de piãou,[4] xindire en Maputo, n'teco en Nampula e mbila en Niassa e en Mozambique).[5] En inglés coñécese como spinning top ou meramente top e en ruso como bолчо́к o юла́. Destaca o seu desenvolvemento en Xapón onde hai máis de mil clases de bailaretes distintas.[6] En alemán denomínase kreisel.[7]

Funcionamento

O efecto xiroscópico permite que se manteña sobre a súa punta ata que o vector peso (masa · gravidade) termina por tomar unha inclinación con respecto ao eixo provocando unha variación na localización do centro de gravidade. Isto provoca unha variación na traxectoria de xiro que comeza a describir círculos propiciando a caída do bailarete. Deste xeito a caída é directamente proporcional ao mencionado ángulo e ao vector peso, e inversamente proporcional á velocidade de xiro.

Sendo:

Desta forma, pasado o tempo o rozamento co aire e sobre todo co chan provocan que o xiro váiase debilitando. Entón o centro de gravidade empeza a facerse máis inestable de tal xeito que a peonza comeza a virar non só sobre si mesma senón que describe círculos no terreo posto que vai tombándose, ata que perde por completo o equilibrio e comeza a rodar ata que se para.

Este proceso é común entre as súas múltiples variantes pero calquera dos seus elementos (desenvolvemento do xiro, forma de imprimir a forza angular, punto de apoio, distribución do centro de gravidade, mecanismo de rotación, impresión do rozamiento...) pode variar enormemente.

Tipos

Aquí exponse algúns dos seus tipos, aínda que existen bastantes máis.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Link FA