Sergio Leone: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
retiro imaxe inexistente
Liña 1: Liña 1:
'''Sergio Leone''', nado en [[Roma]] o [[3 de xaneiro]] de [[1929]] e falecido o [[30 de abril]] de [[1989]], foi un [[director de cine]] [[Italia|italiano]], coñecido polos seus [[Spaghetti Western]].
[[Ficheiro:Sergio leone.jpg|right|250px]]
'''Sergio Leone''' ([[Roma]], [[3 de xaneiro]] de [[1929]] - [[30 de abril]] de [[1989]]) foi un [[director de cine]] [[Italia|italiano]], coñecido polos seus [[Spaghetti Western]].


Fillo do director de cine [[Vincenzo Leone]] (que usaba ás veces o pseudónimo de Roberto Roberti). Seu pai foi director de cine ata que en 1943 [[Mussolini]] pediulle opinión sobre un guión que escribira e desgraciadamente Vincenzo foi sincero, e desde entón non volveu dirixir.
Fillo do director de cine [[Vincenzo Leone]] (que usaba ás veces o pseudónimo de Roberto Roberti). Seu pai foi director de cine ata que en 1943 [[Mussolini]] pediulle opinión sobre un guión que escribira e desgraciadamente Vincenzo foi sincero, e desde entón non volveu dirixir.

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2009 ás 07:47

Sergio Leone, nado en Roma o 3 de xaneiro de 1929 e falecido o 30 de abril de 1989, foi un director de cine italiano, coñecido polos seus Spaghetti Western.

Fillo do director de cine Vincenzo Leone (que usaba ás veces o pseudónimo de Roberto Roberti). Seu pai foi director de cine ata que en 1943 Mussolini pediulle opinión sobre un guión que escribira e desgraciadamente Vincenzo foi sincero, e desde entón non volveu dirixir.

Sergio entra na industria do cine moi novo. Con 20 anos é actor e asistente de dirección de Ladri di biciclette (1948) de Vittorio de Sica. Despois estaría en grandes producións estadounidenses rodadas en Europa, como Quo Vadis? (1951) de Mervyn LeRoy, Helen of Troy (1955) de Robert Wise, Ben-Hur (1959) de William Wyler ou The Nun's Story (1959) de Fred Zinnemann.

En 1959 déronlle a oportunidade de substituír, por enfermidade, ó director Mario Bonnard durante a rodaxe de Gli ultimi giorni di Pompei, aínda que non puido asinar a película.

A súa primeira película oficial foi Il colosso di Rodi (1960) e dous anos despois substituiría de novo a un director, Robert Aldrich, en Sodoma e Gomorra.

A partir de aquí comezan as súas obras máis persoais, que se inician coa famosa triloxía western, tamén coñecida como Triloxía do dólar, en coprodución con varios países europeos e rodada na rexión de Tabernas (Almería). A triloxía obtivo un inesperado gran éxito, conducindo o western ó seu último período cinematográfico, o chamado western crepuscular, xénero moi cultivado no cine dos 70, ademais de aportar dous novos talentos ó medio: o compositor Morricone, amigo do director desde a infancia, e o actor Clint Eastwood, descoñecido ata entón, ó que o director contrata entre un grupo de actores. Como anécdota curiosa cabe destacar que Per qualche dollaro in più tivo certos problemas legais ó estar inspirada nunha película anterior de Akira Kurosawa titulada Yojimbo (1961).

Tras un período de tempo máis dilatado volve ó cine, case por obrigación, con Giù la testa, que ten menos éxito que as súas películas precedentes, baseada na revolución mexicana. Esta película diríxea a última hora debido a problemas co director elexido. Por último, dirixe a considerada por moitos como a súa obra mestra, C'era una volta in America, un "western moderno" baseada na época dos gangsters. Trátase dun western crepuscular rodado en Cinecittà (Roma) e nos mesmos escenarios estadounidenses nos que rodou a maior parte das súas películas o seu admirado John Ford. En Europa tivo gran éxito malia as catro horas de duración, pero nos Estados Unidos ofrécese unha versión recortada a case dúas horas, ademais de alterar a montaxe (a historia foi contada liñalmente e non como na orixinal, onde se utilizan flashbacks).

Sergio tivo sempre ó seu carón a un amigo da infancia que fixo máis grandes aínda as súas películas, Ennio Morricone.

Sergio Leone faleceu en 1989 mentres estaba preparando a película Leningrado.

Filmografía

Director

Asistente de director

Director da segunda unidade

Escenógrafo

Actor

Produtor

Véxase tamén

Ligazóns externas