Lingua hitita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hi:हत्ती
Liña 47: Liña 47:
[[fr:Hittite (langue)]]
[[fr:Hittite (langue)]]
[[he:חתית]]
[[he:חתית]]
[[hi:हत्ती]]
[[hr:Hetitski jezik]]
[[hr:Hetitski jezik]]
[[hu:Hettita nyelv]]
[[hu:Hettita nyelv]]

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2009 ás 18:28

A lingua hitita é a principal lingua anatolia, falada polo pobo hitita. Normalmente relaciónase coa familia das linguas indoeuropeas, aínda que algúns lingüistas que non tería derivado do protoindoeuropeo, senón que as dúas familias, anatolia e indoeuropea, terían diverxido dun devanceiro común, chamado por veces indohitita.

Bautizada con este nome antes do seu desciframento sobre 1915 por Friedrich Hrozný, o seu nome causa problemas, pois o pobo hitita utilizaba varias linguas. A súa lingua, que indicaban nos seus textos mediante a palabra nesili, designaba o que hoxe en día chamamos a lingua hitita. Tratábase da lingua falada na rexión da capital orixinaria do reino, Nesa, tamén chamada Kanesh. Sería, xa que logo, máis pertinente chamala nesita. Para evitar calquera confusión, fálase ás veces de hitita-nesita.

Nos textos hititas, con todo, aparecían onda o hitita outras dúas linguas, cada unha precedida por unha palabra alusiva á lingua que seguía:

  • hattili, que designaba textos escritos nunha lingua non indoeuropea, o hatti e que se corresponde coa lingua falada antes da invasión indoeuropea de Anatolia.

O termo de hitita debería terse aplicado á lingua hatti, pero como a elección do nome da lingua tivo lugar antes do desciframento, aplícase ao nesita.

O hitita era a principal lingua anatolia, substituíu á lingua hatti, de tipo aglutinante, que se empregaba con anterioridade. A lingua hatti é un substrato da lingua hitita, os préstamos léxicos foron particularmente importantes no ámbito cultural e, sobre todo, relixioso. A lingua hatti, malia ser unha lingua morta, continuou a ser empregada como lingua litúrxica, á maneira do latín en Europa ata os anos 60 do século XX.

Varios

Ligazóns

Ligazóns internas