Lingua protoindoeuropea: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: pt:Língua proto-indo-europeia |
m moveu "Protoindoeuropeo" a "Lingua protoindoeuropea": Falamos dunha lingua (aínda que reconstruída) e debería seguir os cánones para os artigos de linguas. |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2009 ás 01:30
Se se acepta a fragmentación do IE (indoeuropeo) en tempos tan remotos como o -3000, ou aínda antes, nas súas ramas oriental e occidental, entón existiría un idioma anterior á fragmentación destas ramas. O protoindoeuropeo sería a reconstrución máis temperá que se fixo do indoeuropeo, isto é, o idioma no seu estado máis antigo.
Crese que este idioma se falou cara ó ano -5000 ou ata o -3000, antes de que se separase a rama anatolia. Unha característica desta etapa do indoeuropeo é que os xéneros non se dividen en masculino e feminino, senón en animado e inanimado, tratándose dunha lingua de tipoloxía activa).
Unha teoría, bastante controvertida, propón que o protoindoeuropeo proviña dunha lingua máis antiga coñecida como nostrático da cal provirían tamén, entre outras, as familias urálica, altaica, dravídica e afroasiática.