Xoana de Castro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:


[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia]]

[[Categoría:Historia de España]]
[[es:Juana de Castro]]
[[es:Juana de Castro]]
[[fr:Jeanne de Castro]]
[[fr:Jeanne de Castro]]

Revisión como estaba o 6 de xaneiro de 2009 ás 17:15

Xoana de Castro "A desamada", dama de ascendencia castelá da estirpe dos señores de Biscaia, e filla do primeiro señor xurisdicional de Monforte de Lemos, Pedro Fernández de Castro, precursor da saga do Condado de Lemos. Irmá de Fernán Ruiz de Castro "Toda a lealdade de España", III Conde de Lemos, e da malograda Inés de Castro, viviu durante o século XIV. Viúva de Diego de Haro, casou en 1354 co rei don Pedro I, que a abandonou poucos días despois de verificado o matrimonio. Para que este se puidese celebrar, os bispos de Ávila e Salamanca declararon nulo que o rei contraíra con Branca de Borbón.

Aínda que asegurase que don Pedro non volveu a ver a dona Xoana, non debeu estar tan pouco tempo reunido con ela, xa que o Pontífice o amoestou seriamente, chegando á excomuñón por non ter obedecido ó seu mandato e se comprende ben que estas dilixencias non se puideron practicar en poucos días. Tamén se di que o rei se separou de dona Xoana a consecuencia da excomuñón do Pontífice, o que, porén, se omite na crónica de López de Ayala, aínda que se asegura nos fragmentos da crónica do bispo de Xaén.

Cando o rei don Pedro abandonou a dona Xoana fíxolle doazón do señorío de Dueñas, onde ela viviu sen deixar nunca de titularse raíña de Castela. Adoita cualifícanse de aduladores e débiles ós bispos de Ávila e Salamanca por declarar nulo o matrimonio de don Pedro con dona Branca; pero non falta quen expón razóns de gran peso para xustificar a nulidade daquel enlace, e por outra parte, é fama que os citados bispos foron varóns piadosos, doctos e cheos de virtude. Consta ademais que non se retractaron, e se ben marcharon a Roma, acudindo ó chamamento do Papa Inocencio VI para responder da súa conduta, non deberon saír desairados cando nada di do resultado da audiencia o cronista Ayala, decidido partidario de Enrique de Trastamara.

Dese matrimonio naceu don Xoán de Castela e Castro, designado no testamento do seu pai como herdeiro da coroa, en caso de falecemento dos fillos que tivera con María de Padilla.