Constancio II: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: et:Constantius II
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: tr:II. Konstantius
Liña 61: Liña 61:
[[sv:Constantius II]]
[[sv:Constantius II]]
[[tl:Constantius II]]
[[tl:Constantius II]]
[[tr:II. Constantius]]
[[tr:II. Konstantius]]
[[zh:君士坦提烏斯二世]]
[[zh:君士坦提烏斯二世]]

Revisión como estaba o 6 de xaneiro de 2009 ás 14:29

Ficheiro:147 Constantius II.jpg
Constancio II

Constancio II (317 - 3 de novembro de 361) foi emperador romano desde 337 ata a súa morte.

Era o segundo fillo do anterior emperador, Constantino I o Grande e da súa segunda muller, Fausta. Naceu en Illyricum (actualmente en Hungría) e foi nomeado César. Cando o seu pai morreu, en 337, eliminou a todos os descendentes de Constancio I Cloro e de Teodora, quedando como únicos familiares varóns seus os seus irmáns, Constantino II e Constante. Entre os tres dividíronse o Imperio, recibindo Constantino II Britania, Galia e Hispania; Constante reinou sobre Italia, África e as provincias ilíricas, quedando para Constancio Constantinopla e todo Oriente.

Este reparto modificouse en 340, cando Constantino II morreu tratando de derrocar a Constante en Italia, e este quedou como único soberano da parte occidental do Imperio. Outro cambio na división produciuse en 350, ano en que Constante foi morto en batalla fronte ás tropas do usurpador Magnencio. Ata entón Constancio só se preocupou de loitar contra o Imperio Persa, pero o desenvolvemento dos acontecementos fíxolle elevar ao seu primo Galo a César e colaborador seu, para poder prestarlle máis atención á insurrección.

En 351 Constancio derrotou a Magnencio na batalla de Mursa Major, unha das máis sanguentas da historia de Roma. Magnencio suicidouse en 353, e pouco despois, ao non serlle xa útil, Constancio ordenou a morte do seu primo Galo.

Tal como estaba a situación, Constancio deuse conta de que non podía facer fronte por si so a todas as frontes abertas nas fronteiras do Imperio, tanto en Oriente como en Occidente, polo que nomeou césar a Xuliano, o único familiar seu varón que quedaba con vida, e deulle á súa irmá Helena en matrimonio. Pero este nomeamento sairíalle caro, pois Xuliano alzouse en armas e foi proclamado Augusto polas súas tropas en Galia, obrigando a Constancio a facerlle fronte. Os exércitos de ambos estaban moi igualados, pero a fortuna favoreceu a Xuliano, xa que o 3 de novembro de 361 Constancio morreu preto de Tarso por mor dunhas febres, deixando ao seu inimigo vía libre para exercer de Augusto en todo o Imperio Romano.

Constancio tomou parte activa no desenvolvemento da Igrexa Cristiá, apoiando en gran parte o punto de vista arriano.

Imperio Romano

Segue a:
Constante
Constancio II
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
dinastía Constantiniana

Modelo:Link FA