Urbanismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: oc:Urbanisme, sl:Urbanizem
Liña 29: Liña 29:
[[li:Urbanisme]]
[[li:Urbanisme]]
[[nah:Āltepēmatiliztli]]
[[nah:Āltepēmatiliztli]]
[[oc:Urbanisme]]
[[pl:Urbanistyka]]
[[pl:Urbanistyka]]
[[pt:Urbanismo]]
[[pt:Urbanismo]]
[[ru:Урбанизм (архитектура)]]
[[ru:Урбанизм (архитектура)]]
[[sk:Urbanizmus (architektúra)]]
[[sk:Urbanizmus (architektúra)]]
[[sl:Urbanizem]]
[[sr:Урбанизам]]
[[sr:Урбанизам]]

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2009 ás 10:38

Feísmo urbanístico en Conxo, Santiago de Compostela (marzo de 2006)

O termo urbanismo procede da palabra latina urbis (cidade), que na antigüidade se refería á capital do mundo romano, Roma. O urbanismo é un fenómeno multidisciplinar relativamente novo, que contén unha ampla cantidade de conceptos e unha área de práctica e estudo moi complexa. É, polo tanto, unha ciencia que ten a misión de fornecer as bases fundamentais para solventar os problemas do territorio, tanto na súa configuración física, como na súa dinámica das actividades económicas e sociais.

O Urbanismo naceu na era industrial grazas á transformación e construción da cidade naquel tempo, mais a súa madureza teórica acadouna no século XX. O urbanismo desenvolveuse na práctica, como na teoría, despois da Segunda Guerra Mundial, na cal se produciu un cambio político, económico e social en todos os países do mundo. Creáronse novas cidades e comezáronse a modificar as cidades que xa existían.

Posteriormente pasouse dunha concepción do urbanismo como ordenación da cidade á unha concepción global, como ordenación do territorio, para recoller as innegábeis interrelacións sociais, económicas e de infraestruturas entre a cidade e o territorio non urbano.

O urbanismo estúdase basicamente en catro disciplinas: