Conversa usuario:Calrosfking: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 93: Liña 93:
Profe non sei entrar na páxina do instituto porque non sei o contrasinal. Poderíasme enviar a palabra ó msn ou escribirma na páxina de usuario?.moitas grazas e felices festas
Profe non sei entrar na páxina do instituto porque non sei o contrasinal. Poderíasme enviar a palabra ó msn ou escribirma na páxina de usuario?.moitas grazas e felices festas
--[[Usuario:Maria otero bouzón|Maria otero bouzón]] 09:45, 30 decembro 2008 (UTC)
--[[Usuario:Maria otero bouzón|Maria otero bouzón]] 09:45, 30 decembro 2008 (UTC)

==palabras da wikipedia==
Profe non fai falla que xa souben entrar.Grazas de tódolos xeitos e feliz ano.--[[Usuario:Maria otero bouzón|Maria otero bouzón]] 09:48, 30 decembro 2008 (UTC)

Revisión como estaba o 30 de decembro de 2008 ás 09:48

--Maria otero bouzón 09:45, 30 decembro 2008 (UTC)Páxina de discusión de Calrosfking. Pulsa aquí se queres ver:

mensaxes vellas 1 (ata o 16/11/07) (as máis antigas)



Por favor, escribe a túa mensaxe a partir deste punto, e debaixo da derradeira entrada.


Páxina de arquivo de comentarios

Boas meu, que tal? Acabo de ver que creaches unha páxina para arquivar as discusións vellas, pero quería puntualizarche unha cousiña, se me deixas :). A páxina que creaches é User talk:Calrosfking Vellas1, pero debería ser User talk:Carlosfking/Vellas1. Isto é porque ao poñer o espazo entre o teu nome de usuario e o de "vellas1" estas a editar a páxina do usuario "User:Calrosfking Vellas1", no caso de que existise claro, mentres que se empregas a "/" a páxina pasa a ser unha subpáxina da túa páxina de usuario. Quizáis o mellor sería que moveses a páxina para poñerlle o "/" e marcar para borrar a do espazo. Espero terme explicado ben, que estou de resaka e "vaiseme a olla" un pouco :D. --BaNjO tell me 13:58, 16 novembro 2007 (UTC)

  • Eu non podo borrala, aínda non son administrador :D. Cando algún deles faga a "ronda" xa a borrará, co marcador de lixo que puxeches nela xa chega :). Un saúdo --BaNjO tell me 14:37, 16 novembro 2007 (UTC)

Grazas

Pero non se merecen as túas palabras, :)... --Xabier Cid 14:52, 29 novembro 2007 (UTC)

Ciencias de la información

Ola! non sería máis correcto movelo a Ciencias da información? :-P . Saúdos!.--Jonathan Chapela 12:38, 6 decembro 2007 (UTC)

Eu dicíao porque ciencias de la información é un pouco castelán, xa o cambio eu, saúdos!--Jonathan Chapela 12:44, 6 decembro 2007 (UTC)

Síntoo pero non sei cambialo, opss...--Jonathan Chapela 12:47, 6 decembro 2007 (UTC)

Persoalmente creo que sí se debería abrir aos usuarios rexistrados, pero vou deixar unha mensaxe no taboleiro dos admins para que opine o resto deles, xa que eles teñen máis experiencia e deberían dar a súa opinión tamén, cando chegemos a unha resolución avísote. Un saúdo --BaNjO tell me 19:34, 7 decembro 2007 (UTC)

  • Os usuarios rexistrados xa poden editar a páxina. Un saúdo :) BaNjO tell me 18:35, 23 decembro 2007 (UTC)

Modelo ácidos

Boas, fíxenlle unhas pequenas correccións ao modelo dos ácidos (unha pequena traducción e un cambio no nome da categoría), e vin que os estas a poñer como "{{Modelo:Acidos...". Non fai falla poñer o de "modelo" con poñer "{{Acidos..." xa chega, pero non pasa nada xa que o resultado é o mesmo, voulle dar unha pasada có bot para quitalos, que seguro que hai máis por ahi agochados :D. Segue co bó traballo, un saúdo :) --BaNjO tell me 20:47, 18 decembro 2007 (UTC)

Entradas polo nome común

Olá Carlosfking. Ben, se o acordo é facer as entradas polo nome común, pois adiante. O que non estou tan seguro é que eu saiba facer o cambio, porque aínda non me entero moi ben de como vai este conto, pero pola miña parte non hai problemas en cambiar. Grazas e perdoade se fago algunha pequena desfeita.

Evolución humana

Grazas polos parabéns, é un tema que me gusta e se en algo podo contribuír a espallar algo de coñecemento e ao tempo aprender, pois como dicimos na miña casa mel nas filloas.--=Vitoria 10:08, 24 decembro 2007 (UTC)

Saúdo

Moitas grazas pola benvida. Lin algún dos teus artigos e alédome de que haxa xente tan traballadora na galipedia, parabéns :D

Aniversario

Ola Calrosfking. O próximo mércores 13 de febreiro cúmprese un ano desde que comezaches na Galipedia, quero aproveitar a data para felicitarte e agradecerche o teu traballo e o dos teus alumnos neste wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:07, 10 febreiro 2008 (UTC)

Agradezoche a túa mensaxe. Comparto ás túas preocupacións. Hoxe non podo pero quixera escribir unha resposta máis ampla, procurarei facelo nos próximos días. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:14, 16 febreiro 2008 (UTC)

Ola!! mira,tengo una duda!!como puedo hacer un enlace con la wikipedia???esque tambien esta la palabra en la wiki!!! y una cosita más!!!tambien kiero hacer un enlace de la palabra freón(q sale en los fluorocarbonados) a la wikipedia!(En la galipedia no está creada!!).

muchas gracias!!!!contesta cuando puedas!! :) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Tooru (conversacontribucións) 20:02, 23 febreiro 2008

Mensaxe pendente

Ola Calrosfking. Non esquezo que teño pendente unha mensaxe aquí pero aínda non tiven ocasión de poñerme a escribila do xeito que quería. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:24, 14 marzo 2008 (UTC)

Saúdos

Ola Calrosfking. Alédome de verte outra vez por aquí colaborando na Galipedia cos teus alumnos. Aínda que ando escaso de tempo se necesitas algún tipo de axuda deixame unha mensaxe. Moitas grazas por seguires colaborando connosco, a túa colaboración foi e é moi importante para este proxecto. Confío en que o exemplo do teu traballo coa Wikipedia en galego na escola sirva de exemplo para outros grupos de alumnos e docentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:15, 2 decembro 2008 (UTC)

IES Mendiño

Non te preocupes polo traballo, que para iso nos pagan ;). Chamoume máis a atención a falta de resposta nas mensaxes que lles deixei, o que me fixo pensar máis nunha especie de broma (aquí non podiamos falar de vandalismos) que dunha intención de colaborar na Galipedia. Co que xa sabemos, tódalas miñas dúbidas quedaron resoltas e xa non queda ningún problema pendente. Eu, como non teño nada que ver coa docencia non me vexo facendo canteira, pero claro que é necesaria, así que se quedan 1 ou 2 por curso podemos estar satisfeitos. Só endagir unha cousa: que lles advirtas que será nas súas páxinas de usuario onde lles digamos qué sobra, qué falta, qué está ben ou qué está mal, así que deben estar atentos a cando reciban unha mensaxe, e que contesten, pregunten ou mesmo discutan o que queiran, que mans para axudarlles atoparán abondo. Un saúdo para todos eles e a miña noraboa para ti. Pedro --Lameiro (conversa) 15:47, 3 decembro 2008 (UTC)

Re: Agradecemento pola benvida

Ola Calrosfking. En primeiro lugar desculpa polo retraso, por desgraza, pola escaseza de tempo, está convertendose en algo habitual. Para responderche quixera recuperar algo que escribimos cando se acadaron os 20.000 artigos na páxina da conmemoración. No apartado titulado 'O vello e o novo' di:

"Nun principio semellaba que o obxectivo único era producir contidos libres en galego, conforme maduraba o wiki, albiscouse un horizonte máis amplo. Na educación a Wikipedia supón un valioso instrumento tanto en proxectos puntuais dirixidos polos propios mestres como en accións concretas coordenadas cos editores do wiki. Estamos ante un sistema simple para que se exerciten os estudantes no mundo virtual e no manexo das ferramentas informáticas, na busca de información e na comprobación das fontes.".

Na miña opinión esa idea segue viva (mesmo cómpre ampliala), o teu traballo todos estes anos (porque xa podemos falar de anos!) encaixa perfectamente no que aí se sinala, tanto no propósito coma no espírito da idea. Só podo falar por min, concordo completamente co que expós na miña páxina de conversa e quero agradecer unha vez máis a dedicación e o traballo que tes feito na Galipedia. Tamén teño que engadir que agradezo que haxa profesores coma ti que teñan entre os seus obxectivos "o de formar persoas autónomas e reponsables..." aínda que como sinalas no proceso sempre haxa "...problemas en moitos casos derivados das situacións persoais de cada un (cultura, medios, educación) e dos conflicos propios da idade na que estan". Para min iso ten moito mérito, naturalmente non diría o mesmo se pensase que os obxectivos ou as razóns que motivaban a colaboración foran alleas ao propósito e espírito deste proxecto, non é o caso. Penso que os colaboradores temos que ter un plus de paciencia e tentar axudar no que poidamos para que este tipo de novos usuarios teñan posibilidade de comprender o funcionamento do wiki e contribúan na medida das súas poisibilidades a melloralo.

So me queda por dicir que a comunidade do wiki está en continuo cambio, iso implica que ás veces terás que volver a explicar aos colaboradores que estean nese momento o sentido do teu —do voso— traballo. Algúns coñecemolo pero outros non, por ese motivo pode haber algún malentendido. Quizais debería engadir algún apunte de tipo técnico, iso queda para outra ocasión ou para cando se dea o caso. Novamente grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:36, 9 decembro 2008 (UTC)

Celobiosa

Hola!!creo que puxen mal a categoría!pódesma rebisar???grazas!!!.--tooru 18:17, 16 decembro 2008 (UTC)


Anómero

Grazas profe é que non me acordaba moi ben como se facía entón por intuición o fixen. grazas por molestarte en pormo ben --Usuario:Rebekita 22:59 , 16 decembro 2008

novas palabras para a wikipedia

Profe non sei entrar na páxina do instituto porque non sei o contrasinal. Poderíasme enviar a palabra ó msn ou escribirma na páxina de usuario?.moitas grazas e felices festas --Maria otero bouzón 09:45, 30 decembro 2008 (UTC)

palabras da wikipedia

Profe non fai falla que xa souben entrar.Grazas de tódolos xeitos e feliz ano.--Maria otero bouzón 09:48, 30 decembro 2008 (UTC)