Mandíbula: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
→‎Estrutura da mandíbula humana: Correción ortrográfica
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ur:جبڑہ
Liña 67: Liña 67:
[[tr:Mandibula]]
[[tr:Mandibula]]
[[uk:Нижньощелепна кістка]]
[[uk:Нижньощелепна кістка]]
[[ur:جبڑہ]]
[[zh:下颌骨]]
[[zh:下颌骨]]

Revisión como estaba o 29 de decembro de 2008 ás 15:12

Mandíbula humana

A mandíbula é cada unha das pezas da boca, óseas no caso dos vertebrados e quitinosas ou córneas no caso doutros animais. Nos vertebrados o seu movemento é vertical, nos artrópodos e outros invertebrados é horizontal. En todos os animais as mandíbulas utilízanse para aprendeheren os alimentos e trituralos e tamén para se defenderen.

A mandíbula humana é tamén denominada como maxilar inferior. É un óso da faciana que permite a masticación xunto co maxilar superior. A mobilidade da articulación témporo-mandibular permítelle a este óso elevarse, descender, lateralizalo e proxectarse cara adiante e atrás.

Estrutura da mandíbula humana

O maxilar inferior presenta dúas estruturas básicas:

  • Corpo: é a parte máis anterior do óso. Presenta:
    • Cara anterior: na liña media queda o gonion ou queixo, resultado da fusión dos maxilares de ambos lados. Permite ademais as insercións dos seguintes músculos:
      • Triangular dos beizos
      • Cadrado da barba
      • Cutáneo do pescozo ou platisma
    • Cara posterior: atopamos unhas apófises centrais denominadas apófises xeni, que prestan inserción ós músculos xenigloso (que vai á lingua) e xenihioideo (vai ó hioide). A ambos lados das apófises achamos unha liña de inserción para o músculo milohioideo (que forma parte do chan da boca e chega ó hioide. Na liña media únense os milohioideos de ambos lados). Esta cara tamén acolle ás glándulas sublingual e submaxilar.
    • Bordo superior: acolle ós dentes inferiores.
    • Bordo inferior: no que se atopan fibras de inserción do pletisma.
  • Pólas: cada unha permite na superficie externa a inserción do músculo pterigoideo externo. Superiormente continúanse coas:
    • Apófise coronoide: hai fibras de inserción do músculo temporal.
    • Apófise condilar: consta dun pescozo no que se insire o músculo pterigoideo interno. Tamén chegan aquí os ligamentos esfeno-maxilar e estilo-maxilar. O cóndilo artéllase co temporal. Para máis información véxase articulación témporo-mandibular.
    • Escotadura: é o espazo entre ambas apófises. Permite o paso de vasos maseterinos.
    • Cara anterior das pólas: insírese o músculo maseter.
    • Cara posterior das pólas: co burato dentario para a arteria dentaria e o nervio dentario inferior.
    • Bordo posterior das pólas: forma a parte máis anterior da fosa pterigo-maxilar.

Véxase tamén