Sátiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: li:Satyr
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fa:ساتیر
Liña 31: Liña 31:
[[es:Sátiro]]
[[es:Sátiro]]
[[et:Saatürid]]
[[et:Saatürid]]
[[fa:ساتیر]]
[[fi:Satyyrit]]
[[fi:Satyyrit]]
[[fr:Satyre]]
[[fr:Satyre]]

Revisión como estaba o 27 de decembro de 2008 ás 13:26


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Un sátiro (en grego Σάτυρος, Sátyros) é unha criatura da mitoloxía grega na que encarna un espírito ou forza vital da natureza.

Os sátiros, relacionados coas Ménades, forman o cortexo dionisíaco que acompaña ó deus Dioniso. Poden estar tamén asociados co deus Pan.

Aparecen representados de diversas formas, aínda que a máis común é a dunha criatura metade home, metade cabuxa ou carneiro, con orellas puntiagudas e cornos na cabeza, abundante velosidade, nariz chato, cauda de cabuxa e unha virilidade descomunal é ás veces en erección. Cando van vestidos levan pelicos de animais como a panteira (atributo do deus Dioniso).

As representacións romanas confundían ós sátiros cos faunos, que soían ter pernas de chivo. A confusión perdurou incluso nas obras de arte contemporáneas, como o "fauno danzante" de Lequesne, que é mais ben un sátiro.

As representación aparecen en diversas idades da vida. Os pequenos son chamados satyrisci e aparecen como mozos graciosos: o sátiro Anapauomenos ("en descanso"), atribuido ó escultor Praxíteles é un bó exemplo. Os sátiros maiores son chamados silenos, polo deus Sileno ou Pan, preceptor de Dionisos, é aparecen representandos cunha grande fealdade. A menudo portan copas ou tirsos nas mans, en actitude de bailar coas ninfas.

Criaturas semellantes ós sátiros aparecen noutras mitoloxías, como o Leszi eslavo, ou a carantoña, que se di habita nos bosques do noroeste da península ibérica. Normalmente tratáse de criaturas de carácter festivo, burlento e descarado, amigos da festa e do bó viño, cunha sexualidade promiscua e despreocupada e ás veces incluso violenta. Na mitoloxía cristiá a figura do sátiro foi traspasada ó diaño.

Enlaces externos