Teodomiro (rei suevo): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|Teodomiro}}
{{Outroshomónimos|Teodomiro}}
[[Imaxe:ariamirogaliza.jpg|thumb|right|250px|Teodomiro (ou Ariamiro), rei de Galiza cos bispos Lucrecio, André e Martiño. Códice Vixiliano.]]
[[Imaxe:ariamirogaliza.jpg|thumb|right|250px|Teodomiro (ou Ariamiro), rei de Galiza cos bispos Lucrecio, André e Martiño. Códice Vixiliano.]]
'''Teodomiro''' foi un rei suevo de Galicia (559-570). Gobernou a [[Gallaecia]] dotándoa de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na [[Igrexa católica|Igrexa de obediencia romana]]. Durante o seu reinado realízase o [[I Concilio de Braga]] ([[567]]), onde o reino suevo volta adoptar o [[catolicismo]].
'''Teodomiro''' foi un rei suevo de Galicia (559-570). Gobernou a [[Gallaecia]] dotándoa de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na [[Igrexa católica|Igrexa de obediencia romana]]. Durante o seu reinado realízase o [[I Concilio de Braga]] ([[561]]), onde o reino suevo volta adoptar o [[catolicismo]].


[[Gregorio de Tours]] fálanos do fillo do rei [[Carriarico]] que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San [[Martiño de Tours]]. Cicais esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do [[Reino Suevo]] da [[Gallaecia]].
[[Gregorio de Tours]] fálanos do fillo do rei [[Carriarico]] que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San [[Martiño de Tours]]. Cicais esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do [[Reino Suevo]] da [[Gallaecia]].

Revisión como estaba o 24 de decembro de 2008 ás 13:17

Teodomiro (ou Ariamiro), rei de Galiza cos bispos Lucrecio, André e Martiño. Códice Vixiliano.

Teodomiro foi un rei suevo de Galicia (559-570). Gobernou a Gallaecia dotándoa de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na Igrexa de obediencia romana. Durante o seu reinado realízase o I Concilio de Braga (561), onde o reino suevo volta adoptar o catolicismo.

Gregorio de Tours fálanos do fillo do rei Carriarico que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San Martiño de Tours. Cicais esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do Reino Suevo da Gallaecia.

Baixo a influencia de Martiño de Dumio, o seu labor de goberno baseouse nos seguintes eixos:

  • Consolidación da expansión sueva coa incorporación das áreas de influencia de Astorga e Coimbra
  • A convocatoria dos Concilios de Braga a modo de asembleas de goberno non só en asuntos relixiosos senón especificamente temporais.
  • A organización territorial a través da estruturación da dependencia das entidades de poboación (parroquias) a os diferentes bispados.
  • A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun paganismo ancestral de claro sabor céltico.
  • A busca da cohesión social mediante o combate da herexía ariana que profesaba o reino visigodo de Hispania e o priscilianismo seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana
  • A lexitimación da monarquía perante as élites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de Bizancio, con quen probablemente mantivo contactos amistosos.
  • A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos mosteiros e focos de formación como o cenobio de Dumio fundado por San Martiño Dumiense.
  • Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co reino visigodo viciño e dentro da órbita da nova orde emanada do Imperio bizantino de Xustiniano.

O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do Galliciense regnum, do que nos quedaron testimuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.

Reino Suevo

Segue a:
Carriarico
Teodomiro (rei suevo)
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Lista de reis suevos

Véxase tamén