Carlos I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: da:Karl 1. af Portugal
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:34- Rei D. Carlos - O Diplomata.jpg|150px|thumb|Retrato de D. Carlos I de Portugal]]
[[Ficheiro:34- Rei D. Carlos - O Diplomata.jpg|150px|thumb|Retrato de D. Carlos I de Portugal]]
'''Carlos I de Portugal''', alcumado ''o Martirizado'' ou ''o Mártir'' (nado en [[Lisboa]] o [[28 de setembro]] de [[1863]] e falecido o [[1 de febreiro]] de [[1908]]) foi o penúltimo [[rei de Portugal]]. O seu nome completo era ''Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simãou de Bragança''.
'''Carlos I de Portugal''', alcumado ''o Martirizado'' ou ''o Mártir'' (nado en [[Lisboa]] o [[28 de setembro]] de [[1863]] e falecido o [[1 de febreiro]] de [[1908]]) foi o penúltimo [[rei de Portugal]]. O seu nome completo era ''Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simãou de Bragança''.



Revisión como estaba o 24 de decembro de 2008 ás 03:06

Retrato de D. Carlos I de Portugal

Carlos I de Portugal, alcumado o Martirizado ou o Mártir (nado en Lisboa o 28 de setembro de 1863 e falecido o 1 de febreiro de 1908) foi o penúltimo rei de Portugal. O seu nome completo era Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simãou de Bragança.

Era fillo do rei Luís Filipe e da princesa María Pía de Saboia, filla de Víctor Manuel II, rei de Italia.

Carlos converteuse en rei o 10 de outubro de 1889. Home intelixente pero propenso á extravagancia, as políticas, despilfarros e amoríos extramaritais de Carlos selaron o destino da monarquía portuguesa. Os tratados coloniais co Reino Unido (un asinado en agosto de 1890, que definiu as súas fronteiras africanas ao longo do Zambeze e o Congo, e outros asinados o 14 de outubro de 1899 que confirmaban os tratados coloniais do século XVII) estabilizaron a situación en África. En política interior, Portugal foi declarada en bancarrota dúas veces -o 14 de xuño de 1892, e novamente o 10 de maio de 1902 - causando disturbios industriais, antagonismo con socialistas e republicanos, e a crítica da prensa á monarquía. Carlos respondeu ao nomear a João Franco como primeiro ministro e subsecuentemente aceptando a disolución do Parlamento.

O 1 de febreiro de 1908, a familia real regresaba do palacio de Vila Viçosa a Lisboa. Viaxaban en coche cara a Almada, e logo tomaron un barco para cruzar o río Texo, e desembarcaron en Cais do Sodré, no centro de Lisboa. No seu camiño cara ao palacio real, a carruaxe con Carlos I e a súa familia pasou por Terreiro do Paço. Mentras cruzaban a praza, foron disparados varios tiros desde a multitude por polo menos dous homes: Alfredo Costa e Manuel Buiça. O rei morreu inmediatamente, o seu herdeiro Luís Filipe foi mortalmente ferido, e o príncipe Manuel foi alcanzado nun brazo. Os asasinos foron mortos a tiros no lugar polos escoltas e posteriormente recoñecidos como membros do Partido Republicano. Aproximadamente vinte minutos despois, o príncipe Luís Filipe morreu, e días máis tarde, Manuel foi proclamado rei de Portugal, o último da dinastía dos Bragança.

Carlos casou coa princesa Amélie de Orléans en 1886. Ela era filla de Philippe, Conde de Paris e de Marie Isabelle d'Orléans. Os seus fillos foron:

Alegacións pos-monarquía

Logo da morte do último rei, D. Manuel II de Portugal, D. María Pía de Bragança pasou a alegar ser filla ilexítima de D. Carlos I, sendo a súa nai María Amélia Laredo e Murça, e a reivindicar os títulos de Princesa Real de Portugal e de Duquesa de Bragança.

Predecesor:
Luís I
Rei de Portugal
1889 - 1908
Sucesor:
Manuel II