A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 61: Liña 61:


==Historia==
==Historia==
===A orixe: da [[Prehistoria]] aos romanos===
A mediados do [[3000 a.C.|terceiro milenio a.C.]] migracións de pobos continentais chegaron a [[Galicia]] traendo con eles a primeira [[agricultura]] e a primeira [[metalurxia]] do [[cobre]] e do [[ouro]]. Manifestacións destes primeiros asentamentos, no que hoxe é o municipio da Pobra do Brollón, son os [[Mámoa|túmulos megalíticos]], como [[Mámoa|mámoas]] ou [[Mámoa|medorras]], propios da '''[[Castro (poboado)|cultura castrexa]]''', que se encontran repartidas por todo o seu territorio, así pódense ver en: [[Vilachá, A Pobra do Brollón|Vilachá]], [[Salcedo, A Pobra do Brollón|Salcedo]], [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]], [[Ferreiros, A Pobra do Brollón|Ferreiros]], [[Castrosante, A Pobra do Brollón|Castrosante]], [[Castroncelos, A Pobra do Brollón|Castroncelos]], [[Abrence, A Pobra do Brollón|Abrence]], [[Canedo, A Pobra do Brollón|Canedo]], [[Óutara, A Pobra do Brollón|Óutara]], [[Piño, A Pobra do Brollón|Piño]]...
A mediados do [[3000 a.C.|terceiro milenio a.C.]] migracións de pobos continentais chegaron a [[Galicia]] traendo con eles a primeira [[agricultura]] e a primeira [[metalurxia]] do [[cobre]] e do [[ouro]]. Manifestacións destes primeiros asentamentos, no que hoxe é o municipio da Pobra do Brollón, son os [[Mámoa|túmulos megalíticos]], como [[Mámoa|mámoas]] ou [[Mámoa|medorras]], propios da '''[[Castro (poboado)|cultura castrexa]]''', que se encontran repartidas por todo o seu territorio, así pódense ver en: [[Vilachá, A Pobra do Brollón|Vilachá]], [[Salcedo, A Pobra do Brollón|Salcedo]], [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]], [[Ferreiros, A Pobra do Brollón|Ferreiros]], [[Castrosante, A Pobra do Brollón|Castrosante]], [[Castroncelos, A Pobra do Brollón|Castroncelos]], [[Abrence, A Pobra do Brollón|Abrence]], [[Canedo, A Pobra do Brollón|Canedo]], [[Óutara, A Pobra do Brollón|Óutara]], [[Piño, A Pobra do Brollón|Piño]]...


===[[Idade Media]]===
===Da [[Idade Media]] á [[Ilustración]]===
A Pobra do Brollón tivo séculos máis adiante unha '''[[xurisdición]]''' que comprendía os cotos de [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]], Froxende, [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]] , Pol de Lemos, [[Valverde, Monforte de Lemos|Valverde]], A Raíña, [[Salcedo, A Pobra do Brollón|Salcedo]] e [[Vales, A Pobra do Brollón|Vales]], ademais das terras pertencentes ó coto do [[mosteiro de San Vicente do Pino]] en [[Monforte de Lemos]]. A actual capital municipal gozou de foros particulares, outorgados polo rei [[Sancho IV de Castela]] e o seu fillo o rei [[Fernando IV de León e Castela]].
A Pobra do Brollón tivo séculos máis adiante unha '''[[xurisdición]]''' que comprendía os cotos de [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]], Froxende, [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]] , Pol de Lemos, [[Valverde, Monforte de Lemos|Valverde]], A Raíña, [[Salcedo, A Pobra do Brollón|Salcedo]] e [[Vales, A Pobra do Brollón|Vales]], ademais das terras pertencentes ó coto do [[mosteiro de San Vicente do Pino]] en [[Monforte de Lemos]]. A actual capital municipal gozou de foros particulares, outorgados polo rei [[Sancho IV de Castela]] e o seu fillo o rei [[Fernando IV de León e Castela]].


Liña 70: Liña 71:
Logo A Pobra do Brollón estivo baixo a [[xurisdición]] da [[Condado de Lemos|casa de Lemos]], fronte á cal os veciños protagonizaron no [[século XV]]: a '''Revolta dos Guímaros''', ó negarse a pagar un [[tributo]]. Conta [[Manuel Amor Meilán]] que, o Conde ó ter coñecemento de tal actitude intentou sometelos coas armas e, os campesiños non tardaron en ser sometidos ó xugo económico do [[conde de Lemos]], aínda que novamente volveron reunirse baixo o [[piño]] e acordaron manterse na súa decisión de non satisfacer o [[tributo]], a non ser que lles fora recollido nas súas casas sen necesidade de abrir a porta, tan só tirando a moeda por debaixo da porta. Dende entón ás xentes do [[condado de Lemos]] se lles coñece como ''guímaros'', é dicir, rudos, valentes e desconfiados. Durante moito tempo, e para conmemorar estes episodios, os veciños da Pobra se reunían a madrugada de tódolos domingos nas inmediacións onde tivera lugar o levantamento de finais do [[século XIV]] ou principios do [[século XV|XV]], coa fin de tomar acordos que afectasen ós intereses do municipio.
Logo A Pobra do Brollón estivo baixo a [[xurisdición]] da [[Condado de Lemos|casa de Lemos]], fronte á cal os veciños protagonizaron no [[século XV]]: a '''Revolta dos Guímaros''', ó negarse a pagar un [[tributo]]. Conta [[Manuel Amor Meilán]] que, o Conde ó ter coñecemento de tal actitude intentou sometelos coas armas e, os campesiños non tardaron en ser sometidos ó xugo económico do [[conde de Lemos]], aínda que novamente volveron reunirse baixo o [[piño]] e acordaron manterse na súa decisión de non satisfacer o [[tributo]], a non ser que lles fora recollido nas súas casas sen necesidade de abrir a porta, tan só tirando a moeda por debaixo da porta. Dende entón ás xentes do [[condado de Lemos]] se lles coñece como ''guímaros'', é dicir, rudos, valentes e desconfiados. Durante moito tempo, e para conmemorar estes episodios, os veciños da Pobra se reunían a madrugada de tódolos domingos nas inmediacións onde tivera lugar o levantamento de finais do [[século XIV]] ou principios do [[século XV|XV]], coa fin de tomar acordos que afectasen ós intereses do municipio.


===Idade Contamporánea===
===[[Idade Contamporánea]]===
Durante a Idade Contamporánea o concello comenza a adquirir servizos e a desenvolverse. En [[1850]] construíuse a estrada entre [[Lugo]] e [[Valdeorras]] pasando pola Pobra. No ano [[1883]] o rei [[Afonso XII]] inaugurou a liña de [[ferrocarril]] entre [[Madrid]] e [[A Coruña]], que pasa polo concello da Pobra do Brollón. No lugar da [[A Estación, A Pobra do Brollón|Estación]] construíuse unha [[estación da Pobra do Brollón|estación]] que aínda funciona na actualidade e que dálle nome a este lugar.
Durante a Idade Contamporánea o concello comenza a adquirir servizos e a desenvolverse. En [[1850]] construíuse a estrada entre [[Lugo]] e [[Valdeorras]] pasando pola Pobra. No ano [[1883]] o rei [[Afonso XII]] inaugurou a liña de [[ferrocarril]] entre [[Madrid]] e [[A Coruña]], que pasa polo concello da Pobra do Brollón. No lugar da [[A Estación, A Pobra do Brollón|Estación]] construíuse unha [[estación da Pobra do Brollón|estación]] que aínda funciona na actualidade e que dálle nome a este lugar.



Revisión como estaba o 22 de decembro de 2008 ás 21:27

A Pobra do Brollón
Escudo da Pobra do Brollón
Vista do río Saa ao seu paso polo centro da vila.
Situación
Xentilicio[1]Pobrense - Brollonés/a
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra de Lemos
Poboación2.201 hab. (2007)[2][3]
Área176,7 km²[3]
Densidade12,46 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias[4]
Capital do concelloA Pobra do Brollón
Política (2007)
AlcaldeJosé Luis Maceda Vilariño (BNG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: 0
Eleccións municipais na Pobra do Brollón
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes98,18%
Na rede
http://www.pobradobrollon.com/
editar datos en Wikidata ]

A Pobra do Brollón é un concello galego da provincia de Lugo. Pertence á comarca da Terra de Lemos e forma parte da Ribeira Sacra.

Está situada ao sur da provincia e linda co concello do Incio ó norte; cos de Quiroga e Ribas de Sil ó sur; cos de Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ó leste; e cos concellos de Monforte de Lemos e Bóveda ó oeste.

Contaba en 2007 con 2.201 habitantes, que reciben o xentilicio de Pobrenses ou Brolloneses e que están repartidos nas 22 parroquias do concello.

Xeografía

Véxanse tamén os artigos: Xeografía da Pobra do Brollón e Hidrografía da Pobra do Brollón.

O concello da Pobra do Brollón ten unha superficie de 174,8 km2, situados entre a depresión de Lemos ó oeste, e a Serra do Courel ó leste. Está caracterizado pola súa topografía montañosa na metade leste. Cabe destacar os seguintes montes: Alto da Veneira (1.164 m.), Mioteira (871 m.), O Home Grande (824 m.), Cerro de Pereira (648 m.), Covallo (564 m.) e Moncai (531 m.). A menor altitude sitúase na Ribeira de Val de Frades, xunto ao Sil.

Os ríos principais son o Cabe, o Saa e o Rubín, que forman pequenos e profundos vales. Todos os ríos da metade oeste forman parte da cunca do Cabe mentres que os da metade este pertencen a cunca do Lor, que fai de lindeiro físico por unha franxa no este. Nas terras que rodean o paso do Sil forman unha pequena ribeira.

As especies vexetais máis importantes son o piño, o castiñeiro e o chopo, e o toxo, a silva e a xesta. Nos ríos predomina a vexetación de ribeira.

Clima

O clima é oceánico - continental, con características de oceánico de montaña na cara leste, froito dunha maior altitude. Na parte occidental, as temperaturas son suaves, con invernos fríos, abundantes xeadas e néboas, e veráns calorosos e secos. A temperatura media é de 13,3ºC (6,2ºC en xaneiro e 20,3ºC en xullo) e as precipitacións son duns 1000 mm/anuais, con meses do verán con menos de 30mm. Na parte máis montañosa as temperaturas medias rondan os 11º e as precipitacións son duns 1300 mm/anuais.

Demografía

Artigo principal: Demografía na Pobra do Brollón

A poboación é regresiva, con crecemento natural negativo e cunha estrutura por idades moi envellecida. A poboación é dispersa en 22 parroquias e 118 entidades. A maior parte dos poboamentos levántanse no sector occidental, mentres que o oriental está practicamente despoboado.

Dende principios de século, a poboación non cesou na súa regresión (en 1900 tiña 7.992 habitantes e en 2007, 2.201); unha pérdida achacable, na súa maior parte, ós efectos da emigración, sobre todo na década do 1950 ao 1960 (en 1950 tiña 8.116 habitantes, en 1960 tan só 5.444). Nas últimas décadas a regresión tamén é debida á baixa natalidade e a alta mortalidade.

O resultado de todo iso é unha pirámide de poboación con base moi estreita e ensanchada nos seus brazos superiores: un 5% da poboación ten menos de 16 anos, un 50% ten entre 16 e 65 anos e un 45% supera os 65. Estes datos fan que sexa o quinto concello máis envellecido de España [6]. En 2007 a taxa de natalidade era de 3,1 e a de mortalidade de 16,7.

Evolución da poboación desde

1900 ata 2007

1900

1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2007

7.992

7.672 7.372 6.864 7.132 8.116 5.444 3.995 3.338 3.244 2.609 2.201


Historia

A orixe: da Prehistoria aos romanos

A mediados do terceiro milenio a.C. migracións de pobos continentais chegaron a Galicia traendo con eles a primeira agricultura e a primeira metalurxia do cobre e do ouro. Manifestacións destes primeiros asentamentos, no que hoxe é o municipio da Pobra do Brollón, son os túmulos megalíticos, como mámoas ou medorras, propios da cultura castrexa, que se encontran repartidas por todo o seu territorio, así pódense ver en: Vilachá, Salcedo, Parada dos Montes, Ferreiros, Castrosante, Castroncelos, Abrence, Canedo, Óutara, Piño...

Da Idade Media á Ilustración

A Pobra do Brollón tivo séculos máis adiante unha xurisdición que comprendía os cotos de Cereixa, Froxende, Parada dos Montes , Pol de Lemos, Valverde, A Raíña, Salcedo e Vales, ademais das terras pertencentes ó coto do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte de Lemos. A actual capital municipal gozou de foros particulares, outorgados polo rei Sancho IV de Castela e o seu fillo o rei Fernando IV de León e Castela.

No século XIV naceu en Cereixa, unha das parroquias do concello, a popular María Castaña, coñecida en toda España baixo o nome de Maricastaña. María Castaña foi unha fidalga que viviu na cidade de Lugo, muller de Martin Cego. No ano 1386 dirixiu unha revolta da cidade contra a opresión do bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar, que obrigaba aos lucenses a facer fronte a elevados impostos, e matou cos seus cuñados ó mordomo do bispo Francisco Fernández.

Logo A Pobra do Brollón estivo baixo a xurisdición da casa de Lemos, fronte á cal os veciños protagonizaron no século XV: a Revolta dos Guímaros, ó negarse a pagar un tributo. Conta Manuel Amor Meilán que, o Conde ó ter coñecemento de tal actitude intentou sometelos coas armas e, os campesiños non tardaron en ser sometidos ó xugo económico do conde de Lemos, aínda que novamente volveron reunirse baixo o piño e acordaron manterse na súa decisión de non satisfacer o tributo, a non ser que lles fora recollido nas súas casas sen necesidade de abrir a porta, tan só tirando a moeda por debaixo da porta. Dende entón ás xentes do condado de Lemos se lles coñece como guímaros, é dicir, rudos, valentes e desconfiados. Durante moito tempo, e para conmemorar estes episodios, os veciños da Pobra se reunían a madrugada de tódolos domingos nas inmediacións onde tivera lugar o levantamento de finais do século XIV ou principios do XV, coa fin de tomar acordos que afectasen ós intereses do municipio.

Idade Contamporánea

Durante a Idade Contamporánea o concello comenza a adquirir servizos e a desenvolverse. En 1850 construíuse a estrada entre Lugo e Valdeorras pasando pola Pobra. No ano 1883 o rei Afonso XII inaugurou a liña de ferrocarril entre Madrid e A Coruña, que pasa polo concello da Pobra do Brollón. No lugar da Estación construíuse unha estación que aínda funciona na actualidade e que dálle nome a este lugar.

Actualmente está en proxecto a autovía A-76 que unirá Ponferrada e Ourense e que, tras moita polémica, pasará polo concello, paralela á N-120, e axudará ó desenvolvemento da zona.

Patrimonio artístico

Artigo principal: Patrimonio Artístico da Pobra do Brollón

Arquitectura relixiosa

Ficheiro:Igrexa Santalla.JPG
Igrexa de Santalla de Rei, do século XVII.

No concello abundan igrexas e capelas (hai 23 igrexas parroquiais e 11 capelas en todo o concello). Destacan as igrexas románicas de Veiga, cunha nave rectangular e unha ábsida de tramo rectangular e cabeceira semicircular con bóvedas de cañó e cuarto de laranxa, e a de Ferreiros. O templo de Lamaigrexa de 1788 posúe unha torre de tres corpos no frontal e no interior varios retablos neoclásicos e rococós. A igrexa de Óutara ten un retablo maior renacentista e unha imaxe de Santa María do s.XV. A igrexa de Parada dos Montes é de finais do s.XIX pero conserva un retablo neoclásico. O templo de Pinel posúe un retablo maior de estípites con tallas de interese e a igrexa de Santalla de Rei posúe un retablo do 1697. Cabe destacar a capela do San Vitoiro, onde se celebra unha popular romaría na honra a este santo.

Arquitectura civil

Da arquitectura civil destacaremos unha característica específica de pobos como Parada dos Montes onde os tellados das casas están unidos e superpostos para poder circular os días de nevadas intensas e protexerse así mellor da intemperie ou dos ataques de lobos. A arquitectura popular ten o seu principal expoñente nos muíños, destacando o muíño de Folla en Santalla de Rei, o de Lebrón e os de Pacios de Veiga.

Con respecto ós pazos e casas grandes sinalaremos as blasonadas: Casa de Díaz en Ferreiros e Casa de Fontela na Pobra do Brollón ambas con sendas pedras de armas, e a Casa Grande da Ferreirúa, hoxe colexio da parroquia.

Así mesmo, tamén é digna de mención a Ponte de Barxa de Lor, que a tradición quere de orixe romano aínda que a actual é do século XVI.

Economía

O sistema económico do concello fundaméntase no sector primario (86,1% da poboación activa), que se complementa cun terciario pouco especializado (9%) e dun minoritario sector secundario (4,9%).

Na agricultura destacan os cultivos de patacas, millo e centeo, xunto á explotación de árbores froiteiras, como o castiñeiro. A agricultura está enfocada á manutención da cabana gandeira, que é a que reporta un maior beneficio ó agricultor, tanto polas ventas como polo leite. Predomina a cabana bovina sobre a porcina e a ovina, e a explotación avícola. O aproveitamento forestal é outro dos recursos da zona, ademais do cultivo da vide en Vilachá, acollido á D.O. Ribeira Sacra e pertencente á subzona Quiroga-Bibei.

O sector secundario industrial localízase principalmente en Noutra banda, a extracción de rocas, conta con boas instalacións e alto grao de comercialización cun mercado nacional e mesmo internacional.

O sector terciario céntrase na capital municipal. O sector servizos basease no pequeno comercio. Na hostelería atópase bastante desenvolvido, sobretodo grazas as axudas do Plan Leader, contando con numerosos restaurantes que ofrecen a gastronomía típica da zona e hospedaxes de turismo rural. No sector transportes existen pequenas empresas e algúns autotaxis.

As feiras que se celebran son:

Lugares de interese

O río Sil

Monumentos

  • Igrexa románica de San Xián de Veiga: do s.XII. Naves ábsidas semicirculares. Nave principal rectangular con muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con tellado de lousa. Portada principal estreita e alongada, reformada. Tres arquivoltas semicirculares peraltadas. Canzorros lisos, estela con Flor de Lis e, no interior, retablo barroco do século XVII, esculturas e campanario con espadana de catro vans.
  • Igrexa de San Salvador de Ferreiros: conserva unha parte do s.XII aínda que a maioría e do s.XVII. Nave ábsida rectangular, porta con arco de medio punto que oculta o tímpano, cazorros xeométricos e ocultos con figuras. Pinturas do s.XV.
  • Ponte de Barxa de Lor: situado na ruta sur do Camiño de Santiago. A tradición di que é romana e que pola ponte pasou un rei a cabalo. Consta de tres vanos de formas e dimensións diferentes. O arco maior está no extremo meridional, é de medio punto, lixeiramente apuntado e ten unha luz moi grande, de máis de vinte metros que non é doado encontrar nas pontes antigas do noroeste.
  • Aldea de Parada dos Montes: aldea típica rural de alta montaña. Os tellados das casas están unidos e superpostos para poder circular os días de nevadas intensas e protexerse mellor da intemperie.

Natureza

  • Cova das Choias: gruta situada na parroquia de Óutara, preto da aldea de Biduedo. É de orixe natural, aínda que predominan nela as cavidades practicadas pola man do home para a extracción do mineral de ferro, básicamente durante os séculos XVI e XVII. Bóveda de máis de 30 metros de altura, lonxitude duns 120 metros e anchura de 20. A gruta consta de tres niveis.
  • Sobreira de Santiorxo: árbore varias veces centenaria e de dimensións moi grandes: case 3 metros de diámetro e 10,8 de perímetro.

Comunicacións

Cidades próximas Distancias
A Coruña 159
Ferrol 177
Lugo 65
Monforte de Lemos 14
Ourense 58
Ponferrada 106
Pontevedra 176
Santiago de Compostela 135
Vigo 153

O Concello da Pobra do Brollón é un concello bastante ben comunicado, aínda que na mitade este as comunicacións son dificultosas debido ás altas montañas.

Hai varias estradas importantes, entre elas a N-120, que une Logroño con Vigo, e pasa 2 km ao sur da capital municipal. Para o 2012 está prevista a finalización da autovía A-76 que terá un acceso á Pobra. Na Estación a N-120 bifúrcase nun ramal (LU-652) que pasando por Bóveda e enlazando nesta coa LU-536 chega a Lugo. Paralela á N-120, vai a estrada autonómica LU-933 Monforte-A Rúa (límite provincia de Ourense). Tamén hai outra carretera local, a LU-653, que une o concello co Incio, concello co que linda ao norte.

Tamén pasa polo concello a liña de ferrocarril Palencia-Monforte-A Coruña. Na Estación, encóntrase a estación da Pobra do Brollón moi utilizada no s.XX pero que agora só serve para trens de media distancia que circulan diariamente a Vigo e Ponferrada.

Festividades

Para ver a lista completa das festividades, véxase Festividades da Pobra do Brollón.

O concello da Pobra do Brollón establece como días festivos, todos aqueles da comunidade de Galicia, a parte do Mércores de Cinza (en febreiro) e o San Vitoiro (27 de agosto).

As principais festas do concello son:

  • Romaría do San Vitoiro, na parroquia de Saa, o 27 de agosto. É unha das romarías máis importantes da comarca, que celébrase na capela deste santo, situada na serra da Trapa a máis de 600 m de altitude.
  • Entroido de Salcedo, celébrase en febreiro en Salcedo con desfiles de disfraces, descenso de carrilanas e outras actividades lúdicas.
  • Entroido da Pobra do Brollón, celébrase en febreiro na Pobra do Brollón.
  • Cata do Viño de Vilachá, o primeiro domingo de maio. Celébrase nas numerosas adegas da aldea de Vilachá.
  • Santa Bárbara, en Piño, o sábado da Ascensión.
  • Corpus Christi, na Pobra do Brollón en primavera.
  • Santiago Apóstolo, en Castroncelos, o 25 de xullo.
  • Santa Lucía, en Santalla de Rei, o penúltimo sábado de agosto. Celébrase unha romaría coa posterior misa campestre. Antigamente era unha das romarías de máis sona da comarca.
  • San Bartolomeu, en Eixón, o primeiro domingo despois do San Bartomeu.
  • Santa Lucía, en Abrence, o primeiro domingo de setembro. O sábado hai paella e o luns morros.
  • San Froilán, en Pacios de Veiga, o primeiro sábado de outubro.

Pobrenses de sona

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes da Pobra do Brollón

Lugares da Pobra do Brollón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pobra do Brollón vexa: Lugares da Pobra do Brollón.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Referencias

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Pobra do Brollón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. http://85.91.64.30/videos/?emi=1020&corte=2007-11-23&hora=20:50:00&canle=tvg1 A Pobra do Brollón, entre os 15 concellos de España con máis maiores de 65 años

Modelo:VéxaseGalicia