Diferenzas entre revisións de «Saruman»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
ligazón interna
(recat)
(ligazón interna)
Durante a [[Guerra do Anel]] soubo polas accións de [[Gandalf]] que o [[Anel Único]] se atopaba na [[Comarca (Terra Media|Comarca]] e non tardou en ter espías alí. Tratou de convencer a Gandalf para unirse xuntos e substituír a Sauron e facerse co poder supremo na [[Terra Media]], pero ó non aceptar Gandalf, pechouno en Orthanc. Logo, mandou capturar ós [[Hobbits]] da [[Irmandade do Anel]], sabendo que un deles portaba o Anel. Así foron capturados [[Merri]] e [[Peregrin Tuc|Pipin]]. Posterirmente, dirixiu un ataque de Orcos e Dunlendinos contra os [[Rohirrim]], desatando así a [[Batalla de Cornoburgo]].
 
Pero Isengarda foi destruída polos [[ent]]s e os [[cuorno]]s do [[Fangorn|Bosque de Fangorn]], e o seu exército foi aniquilado no [[Abismo de Helmo]], tamén coa axuda dos cuornos. Logo, Gandalf e os demais señores vitoriosos foron a Isengarda a parlamentar. Saruman aínda intentou danalos co feitizo da súa voz, pero non o logrou. Entón, Gandalf botouno da Orde dos Istari e do Consello, e confioulle a [[Bárbore]] a súa vixilancia.
 
Porén, Bárbore foi dalgún modo dominado polos argumentos do Mago, e finalmente deixouno libre. Derrotado e cheo de odio, Saruman intentou buscar vinganza na Comarca, dominándoa por medio de homes malvados que oprimían ós Hobbits. Pero foi vencido polos hobbits guiados por [[Frodo]], [[Samsagaz Gamllí|Sam]], Merri e Pipin. Finalmente, no outeiro de [[Vila Bulsa]], el e o seu servente Gríma Lingua de Verme son obrigados a fuxir da Comarca. Pero Gríma de súpeto reacciona ante anos de abusos e malos tratos e, tolo de ira, apuñala a Saruman. Entón intenta fuxir, pero as frechas dos Hobbits alcánzano.
3.209

edicións

Menú de navegación