Colexio de San Xerome: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Santiago fonseca GDFL050914 038.jpg|thumb|right|250px|O Colexio de San Xerome]]
[[Ficheiro:Santiago fonseca GDFL050914 038.jpg|thumb|right|250px|O Colexio de San Xerome]]
O '''Colexio de San Xerome''', dito tamén ''Colexio de Artistas'', é un edificio civil de [[Santiago de Compostela]] ([[Galiza]], [[España]]), sito no lado meridional da [[praza do Obradoiro]], cerrándoa por ese lado.
O '''Colexio de San Xerome''', dito tamén ''Colexio de Artistas'', é un edificio civil de [[Santiago de Compostela]] ([[Galiza]], [[España]]), sito no lado meridional da [[praza do Obradoiro]], cerrándoa por ese lado.



Revisión como estaba o 17 de decembro de 2008 ás 21:27

O Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela (Galiza, España), sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

Historia

Este colexio maior era, en orixe, unha fundación do arcebispo compostelán Alonso de Fonseca, terceiro dese nome, con intención de dedicalo a colexio de estudantes pobres e artistas, que se ubicaba no denominado Hospicio da Azabachería. Dependía do Colexio de Fonseca.

Durante o século XVII, en 1652, decidíuse trasladalo desa ubicación. Para iso edificouse un novo edificio, na entón chamada praza do Hospital ( por situarse nela o Hospital dos Reis Católicos), a actual praza do Obradoiro. Até hai poucos anos atribuíanse os planos ao arquitecto Bartolomé Fernández Lechuga (así Chamoso Lamas), e o patio ao prestixioso José de la Peña Toro; mais na actualidade debe dicerse que descoñecemos quen foi realmente o autor da edificación.

Estaba dotado dun vicerreitor e tres profesores. Deasapareceu como colexio maior en 1840.

Descrición

O resultado foi un edificio de liñas puras e apenas dous corpos de altura, no que se insertou o pórtico medieval, proveniente do devandito Hospicio, que até aquela altura acollía o colexio, que se acostuma datar entre 1490 e 1500. Este elemento arqueolóxico, foi mal interpretado en anos pasados, ao tomarse por unha longa persistencia de hábitos constructivos dos mestres arquitectos galegos e proba do arraigo da arte románica na Galiza.

Usos

Durante boa parte doséculo XX, foi sede da Escola Normal de Maxisterio. Desde os anos 1980, e xunto co Pazo de Fonseca, alberga o Reitorado da Universidade de Santiago.