Mercedes Peón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 87.222.2.128 (conversa); cambiado á última versión feita por 213.60.148.127
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Liña 3: Liña 3:
| lenda =
| lenda =
| orixe =
| orixe =
| país = [[Galiza]] [[Imaxe:Flag of Galicia.svg|20px]]
| país = [[Galiza]] [[Ficheiro:Flag of Galicia.svg|20px]]
| xénero = [[Folk]]
| xénero = [[Folk]]
| selo = [[Discmedi]]
| selo = [[Discmedi]]

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2008 ás 04:07

Mercedes Peón
OrixeGaliza
Xénero(s)Folk
Selo(s) discográfico(s)Discmedi
Na rede
www.mercedespeon.es
IMDB: nm0679281 Facebook: 100041938582548 Instagram: mercedes_peon Musicbrainz: 279c3bd0-8bd5-4a69-8ccd-cf371108271b Songkick: 178772 Discogs: 795864 Genius: Mercedes-peon Editar o valor em Wikidata

Mercedes Peón é unha cantante e instrumentista galega. Fíxose moi popular como presentadora do programa de entretenimento Luar (TVG) no que traballou mostrando as súas investigación de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais.

As súas primeiras gravacións foron colaboración con outros artistas galegos como Xosé Manuel Budiño, Os Diplomáticos de Monte-Alto ou co antigo grupo de Manu Chao, Mano Negra.

Nesta altura formou o grupo Ajrú, co que únicamente gravaría uns temas recollidos no compilatorio Naciones Celtas II. Probablemente o seu tema máis popular sexa o tema principal da serie Mareas vivas (TVG).

Mercedes Peón participou en dúas edicións do Festival de Ortigueira, nos anos 2002 e 2007.

Discografía

Isué

O primeiro disco de Mercedes Peón é Isué (2000), no que conta coa colaboración de importantes artistas galegos como Xosé Manuel Budiño ou Anxo Pintos (Berrogüetto). Os temas deste álbum son:

  1. "Isué"
  2. "Sombra e Luz"
  3. "Non me mires"
  4. "Marabilla"
  5. "De seu"
  6. "Cantar de bois"
  7. "Deixa"
  8. "Elelé"
  9. "Serea"
  10. "Adorro"
  11. "O mar"

Ajrú

O segundo é Ajrú (2003):

  1. "Neninue"
  2. "E xera"
  3. "Maria 2"
  4. "Ese es ti"
  5. "Ajrú (primeira parte)"
  6. "Ajrú (segunda parte)"
  7. "Nanareggae"
  8. "Maria 1"
  9. "O meu amigo - Etnica"
  10. "Momentos"
  11. "Marmuladora"

Sihá

O terceiro disco é Sihá (2007):

  1. "Ben linda"
  2. "Ingravida"
  3. "Aiché"
  4. "Carencias"
  5. "A mina"
  6. "Igualiña que os antigos"
  7. "Parala"
  8. "Intermezzo"
  9. "As ás "
  10. "Ajarrate"

Recoñecementos

É unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI. Ten recibido recoñecementos a nivel internacional no ámbito da música de folk, como son o premio a mellor disco da revista Folkworld (2000) polo disco Isué. Foi finalista na categoría de mellor artista do ano (2000) nos premios da radio BBC3.

Foi Premio Nacional de Música en 2008.

Véxase tamén

Ligazóns externas