As Oiras, Alfoz: Diferenzas entre revisións
modelo parroquia e mapas |
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:' |
||
Liña 29: | Liña 29: | ||
{{Lp As Oiras}} |
{{Lp As Oiras}} |
||
[[ |
[[Ficheiro:Parroquias de Alfoz.png|thumb|right|As nove parroquias que conforman o concello de Alfoz.]] |
||
{{Alfoz}} |
{{Alfoz}} |
||
Revisión como estaba o 17 de decembro de 2008 ás 02:23
As Oiras | |
---|---|
Situación da parroquia no concello | |
Concello | Alfoz |
Coordenadas | 43°29′00″N 7°26′00″O / 43.48333333, -7.43333333Coordenadas: 43°29′00″N 7°26′00″O / 43.48333333, -7.43333333 |
Área | 8,57 km² |
Poboación | 110 hab. |
Densidade | 12,84 hab./km² |
Entidades de poboación | 15 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Alfoz poboación {{{ano}}}]]
San Mamede das Oiras é unha freguesía do concello de Alfoz, está limitada polas freguesías de Lagoa ao norte; O Pereiro e Figueiras (do concello de Mondoñedo) ao aur; Aguilar e O Pereiro ao leste e O Pereiro ao oeste. Ten 110 habitantes distribuídos en 15 entidades de poboación e 3 lugares; a densidade media é de 12'8 hab/Km2 (2004). A parroquia pertenceu ao antigo Decanato da Mariña. O seu curato era "de entrada", dotado con 640 reais anuais de renda e de Padroado Real.
- As entidades de poboacion son as seguintes: Aguillón (12), Arriba do Río (5), O Cabradoiro (4), A Igrexa (7), Insua Nova (17), Insua Vella (1), O Pazo (1), O Rego do Aro (12), A Ribeira (1), O Río das Donas (5), A Rúa de Escourido (2), A Rúa (19), Sesín (9), A Trabada (3) e O Xogral (12).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: As Airas, O Leboreiro e A Pena Mosqueira.
Situacion xeográfica da capital parroquial:
Latitude: 43º 29'
Lonxitude: 7º 26'
Superficie: 8,57 Km²
Dous son os monumentos que resaltan nesta parroquia:
- O primeiro áchase na aldea da Igrexa e é precisamente a Igrexa parroquial de San Mamede das Oiras. Trátase dun templo reconstruído a comezos do século XX, é de estilo neogótico, cunha soa nave e sancristía situada ao carón da capela maior. Sobre a fachada principal hai unha torre. No interior consérvase un retablo do século XVIII que provén da catedral de Mondoñedo.
- Tamén nesta aldea encontramos o Cruceiro das Oiras. Un dos numerosos cruceiros da comarca, pero, a diferenza destes é que data do século XIX. Está realizado en granito, ten unha cruz que presenta no anverso un Cristo crucificado, e no reverso a Virxe Dolorosa. O capitel ten forma de tronco piramidal, con decoración de volutas. O fuste é octogonal co pedestal cúbico.
Lugares da parroquia das Oiras no concello de Alfoz (Lugo) | |
---|---|
Aguillón | As Airas | Arriba do Río | O Cabradoiro | A Igrexa | Insua Nova | Insua Vella | O Leboreiro | O Pazo | A Pena Mosqueira | Rego do Aro | A Ribeira | Río das Donas | A Rúa de Escourido | A Rúa | Sesín | A Trabada | O Xogral |