Sandiás, Sandiás: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
LIMIAO (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Liña 21: Liña 21:
Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.

[[Imaxe:Romariadosanbieito.jpg|left|thumb|300px|Misa na romaría do San Bieito da Uceira ([[Sandiás]])]]
[[Ficheiro:Romariadosanbieito.jpg|left|thumb|300px|Misa na romaría do San Bieito da Uceira ([[Sandiás]])]]
Non lonxe da aldea, no monte da Uceira, atópase a ermida de San Bieito da Uceira, a cal foi construída, aproximadamente, a mediados do século XVIII (Exvoto do ano 1766), posteriormente foi reconstruida e ampliada. Dende o adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase a [[romaría do San Bieito da Uceira]] dunha gran tradición en toda a Limia.

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2008 ás 02:15

Santo Estevo de Sandiás
Retablo de Santo Estevo de Sandiás
ConcelloSandiás
Coordenadas42°06′48″N 7°45′17″O / 42.113333333333, -7.7546666666667Coordenadas: 42°06′48″N 7°45′17″O / 42.113333333333, -7.7546666666667
Entidades de poboación6
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:Sandiás poboación {{{ano}}}]]

San Estevo de Sandiás é unha parroquia do concello ourensán de Sandiás, situado na comarca da Limia.

Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os servizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz), culturais e educativos (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e sociais (Centro de Saúde, farmacia). Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.

Co gallo dos cincoenta anos do comezo das obras de desaugamento da lagoa de Antela (1958-2008), o Concello de Sandiás puxo en funcionamento no centro da vila, a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela, a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.

Nesta parroquia atópase a igrexa de Santo Estevo de Sandiás, unha das máis fermosas do renacemento galego. Construida polo mestre de cantería Bartolome de Nosendo, antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha. O retablo maior de Santo Estevo de Sandiás é de grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII. Foi realizado entre o ano 1603 e o 1607 polo entallador Xoán Fernández "O Mozo" e o escultor Francisco de Moure, un dos mellores artistas galegos do primeiro terzo deste século.

Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.

Misa na romaría do San Bieito da Uceira (Sandiás)

Non lonxe da aldea, no monte da Uceira, atópase a ermida de San Bieito da Uceira, a cal foi construída, aproximadamente, a mediados do século XVIII (Exvoto do ano 1766), posteriormente foi reconstruida e ampliada. Dende o adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase a romaría do San Bieito da Uceira dunha gran tradición en toda a Limia.

Lugares da parroquia de Sandiás no concello de Sandiás (Ourense)

Cardeita | O Castro | Coalloso | As Pegas | Sandiás | Santa Ana

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Sandiás

Couso de Limia (Santa María) | Piñeira de Arcos (San Xoán) | Sandiás (Santo Estevo)