Sistema renina-anxiotensina: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: O sistema '''renina-anxiotensina''' é un sistema de control da presión arterial. O sistema componse de: * Renina * Anxiotensina I, II e III * Anxiotensinóxeno * Enzima conversora da... |
Sen resumo de edición |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
== Textos de consulta == |
== Textos de consulta == |
||
* Thomas Devlin: Bioquímica, cuarta edición |
* Thomas Devlin: Bioquímica, cuarta edición |
||
[[Categoría:Nefroloxía]] |
|||
[[Categoría:Endocrinoloxía]] |
|||
[[es:Renina-angiotensina]] |
[[es:Renina-angiotensina]] |
Revisión como estaba o 13 de decembro de 2008 ás 23:32
O sistema renina-anxiotensina é un sistema de control da presión arterial. O sistema componse de:
- Renina
- Anxiotensina I, II e III
- Anxiotensinóxeno
- Enzima conversora da anxiotensina (ECA)
O seu obxectivo é o de aumentar a presión arterial en caso de que esta estea baixa. A presión baixa é detectada pola mácula densa (unha estrutura do ril). A activación da mácula densa provoca que as células iustaglomerulares secreten renina. Esta enzima só ten un substrato, o anxiotensinóxeno. A renina rompe parcialmente ao anxiotensinóxeno producindo anxiotensina I. A anxiotensina I é un péptido pouco activo. É fragmentado pola enzima conversora da anxiotensina en varios tecidos, sobre todo pulmóns, pero tamén en neurohipófise, glándulas suprarrenais, bazo e endotelio entre outros. O produto será a anxiotensina II. A anxiotensina II pode ser convertida en anxiotensina III por acción dunha aminopeptidasa.
Funcións
Tanto a anxiotensina I como a II son péptidos activos. Únense ao seu receptor específico e activan o ciclo do fasfatidil-inositol, producindo inositoltrifosfato e diacilglicérido. O inositoltrifosfato permite a saída de calcio do retículo endoplásmico. A mobilización do calcio favorece a liberación de aldosterona dende o hipotálamo. A aldosterona activa unha serie de proteínas renais, IAPs, proteínas inducidas por aldosterona. Estas favorecen a reabsorción de sodio nos tubos proximais do ril. A reentrada de Na arrastra a agua, incrementando o volume circulante e a presión arterial. A propia anxioensina ten efecto vasocontritor a nivel sistémico.
Regulación
Dous grupos de sinais regulan este complexo sistema:
- Activan o sistema:
- Hiponatremia (baixo nivel de sodio en sangue)
- Volume circulante baixo
- Prostaglandinas e outras substancias vasodilatadoras
- GTP, que estimula a renina
- Inhiben o sistema:
- AMP cíclico
- Péptido natdiurético atrial, asi como outros péptidos diuréticos
- Descarga β-adrenérxica, que inhibe a liberación de renina
- NO
- A propia anxiotensina II inhibe a renina por retroalimentación negativa
Textos de consulta
- Thomas Devlin: Bioquímica, cuarta edición