Óso cigomático: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións e recategorizo
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Ángulo infero-externo: *masetero -->maseter
Liña 26: Liña 26:


==Ángulo infero-externo==
==Ángulo infero-externo==
Relaciónase co músculo [[masetero]]
Relaciónase co músculo [[maseter]]


O ángulo infero-interno atópase unido ó maxilar superior.
O ángulo infero-interno atópase unido ó maxilar superior.

Revisión como estaba o 12 de decembro de 2008 ás 23:55

O óso cigomático é un óso da faciana tamén coñecido como malar. Presenta dúas caras, catro bordos e catro ángulos. Articúlase tanto con ósos do cranio (frontal, temporal e esfenoide) coma con ósos da faciana (maxilar superior). É ademais un óso dobre.

Cara anterior

É unha superficie lisa, destinada á inserción de dous músculos da mímica: o cigomático maior e o menor.

Cara posterior

Forma parte da fosa cigomática. Relaciónase co músculo temporal

Bordo superior

Serve para articularse coa apófise orbitaria externa do frontal.

Bordo inferior

Articúlase co maxilar inferior.

Bordo anterior

É un punto bastante superficial do óso. Relaciónase coa bolsa adiposa de Bichat.

Bordo posterior

Articúlase coa apófise cigomática do temporal constituíndo o arco cigomático.

Ángulo supero-interno

Forma parte da parede externa da órbita.

Ángulo supero-externo

Relaciónase co músculo temporal.

Ángulo infero-externo

Relaciónase co músculo maseter

O ángulo infero-interno atópase unido ó maxilar superior.