Carausio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarausio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
Gallia Belgica Editar o valor em Wikidata
Morte293 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Britania, Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarsoldado Editar o valor em Wikidata
Familia
Paisvalor descoñecido Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
IrmánsDiocleciano e Maximiano Editar o valor em Wikidata

Marco Aurelio Mauseo Carausio (latín: Marcus Aurelius Mausaeus Carausius) foi un soldado romano de orixe gala que usurpou o trono imperial, declarándose emperador na Gran Bretaña e no norte da Galia en 286.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era un home de orixe humilde, da tribo dos menapios, situada entre os ríos Escalda e Mosa, na Galia belga.

Maximiano Herculio preparou unha forza naval en Boulogne-sur-Mer, para atacar con ela aos francos que estaban arrasando as costas da Galia e ata Hispania. Deulle o mando do exército a Carausio, que era un bo temoneiro e un soldado distinguido. Distinguírase na guerra contra os rebeldes bagaudas en 286 e este éxito e a súa capacidade para abandonar os portos levouno ao posto de comandante da frota naval con base na Canle da Mancha, coa orde de acabar cos piratas francos e saxóns que devastaban a rexión de Armorica.

Carausio tiña moita enerxía pero despois de chegar ao mando non tardou en se enriquecer, e isto levantou as sospeitas da xente que pensaba que permitía o saqueo dos francos e outros piratas a cambio dunha parte do botín ou quen os atacaba cando volvían e quedaba co que levaban.

Maximiano Herculio ordenou que fose executado, pero Carausio decatouse diso e cruzou a canle coa frota, cuxos soldados o agradeceron porque lles deu parte do botín, e desembarcou en Britannia, derrotando ás forzas que alí estaban acuarteladas e atraendo as lexións de Gran Bretaña e os continxentes de mercenarios ávidos de botín. Despois proclamouse emperador. As súas primeiras medidas foron de vigor e prudencia. Construíu novos barcos e aliouse con varias tribos bárbaras e pronto controlou os mares occidentais.

Maximiano preparou unha expedición punitiva contra Gran Bretaña, pero foi derrotado. Un informe enviado a Constancio Cloro di que se debeu a unha tormenta, pero tamén di que Carausio obtivo a vitoria. Eutropio, un funcionario do emperador Arcadio, di que a vitoria de Carausio foi moi clara. Parece que Constancio Cloro decidiu recoñecelo como Augusto dentro do Imperio. Atopáronse moedas do suceso nas que aparece como Marco Aurelio Valerio ou Marco Aurelio Mauseo, nome probabelmente tomado por Carausio (287) e dise que é Restitutor Britanniae (Restaurador de Gran Bretaña) e Genius Britanniae (Espírito de Gran Bretaña).

Gobernou sen oposición ata 293 cando Constancio Cloro marchou á Galia e ocupou Boulogne despois dun cerco e preparouse para desembarcar en Gran Bretaña. Carausio foi entón asasinado polo seu xefe do exército Alecto que tomou o seu lugar. Alecto mantivo o poder durante tres anos, ata que foi derrotado e asasinado por Xulio Asclepiodoto[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Smith, William (ed.) (1841). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Londres: Walton and Maberly. p. 609-610. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]