Jorge Verstrynge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge Verstrynge
Nome completoJorge Verstrynge Rojas
Nacemento22 de setembro de 1948
Lugar de nacementoTánxer
NacionalidadeEspaña e Francia
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, analista político e sociólogo
CónxuxeMercedes Revuelta de las Heras e María de Vidaurreta
FillosLilith Verstrynge, René Verstrynge Revuelta, Eric Verstrynge Vidaurreta e Sigfrido Verstrynge Vidaurreta
Na rede
IMDB: nm3162994 Dialnet: 32777 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jorge Verstrynge Rojas, nado en Tánxer o 22 de setembro de 1948, é un politicólogo franco-español, doutor en Ciencias Políticas,[1] e profesor titular desa materia na Universidade Complutense de Madrid. Está especializado en Xeopolítica, Partidos Políticos, Mundialización e Inmigración.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a infancia na súa cidade natal, a mocidade en Francia e posteriormente trasladouse a España a cursar Ciencias Políticas e Socioloxía (especialidade en Estudos Internacionais), na Universidade Complutense de Madrid, licenciándose en 1972. Doutorouse en 1976 coa tese Los efectos de la guerra en la sociedad industrial.

Comezou a súa carreira política no seo do neofascismo francés, evolucionando despois cara ao nacionalcomunismo, segundo confesa no seu libro Memorias de un maldito. Alumno de Manuel Fraga na universidade, foi un dos fundadores de Reforma Democrática, embrión do que logo sería Alianza Popular. Foi deputado nacional (1982-1989) e Secretario Xeral de Alianza Popular entre 1979 e 1986, aínda que con anterioridade ocupara a Secretaría de Acción Territorial (1976-1978) e a Secretaría de Organización (1978-1979). Candidato á alcaldía de Madrid no 1983 por AP, resultou derrotado polo socialista Enrique Tierno Galván. Tras verse obrigado a dimitir polo seu enfrontamento con Manuel Fraga o 1 de setembro de 1986, evolucionou ideoloxicamente para posturas políticas socialistas e europeístas e, actualmente, marxistas e antimundializadoras.

Formou parte do Partido Socialista Obreiro Español, aínda que sen ocupar ningún cargo de importancia. Posteriormente foi asesor do político comunista catalán Francisco Frutos, ao que dixo considerar un político sincero e intelixente.

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Una sociedad para la guerra, 1979.
  • Memorias de un maldito, 1999.
  • La guerra periférica y el Islam revolucionario, 2005.
  • Rebeldes, revolucionarios y refractarios, 2006.
  • Frente al Imperio, 2007.
  • Proteccionismo y economías de gran espacio, 2009.
  • ¡Viva la desobediencia!, 2011, Península.
  • Contra quiénes luchar, 2013, Península.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha no Congreso dos Deputados". Consultado o 10-07-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]