Ben Johnson (atleta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBen Johnson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Trelawny (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMarkham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónSenator O'Connor College School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura177 cm Editar o valor em Wikidata
Peso75 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta , velocista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportiva100 metros lisos Editar o valor em Wikidata
AdestradorCharlie Francis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992
1988Xogos Olímpicos de 1988
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
23 de setembro de 1988-24 de setembro de 1988Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1988 - 100 m masculino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14348248 Olympic.org: ben-johnson Editar o valor em Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Bronce Os Ánxeles 1984 100 m
Bronce Os Ánxeles 1984 4x100 m
Descualificado Seúl 1988 100 m

Benjamin Sinclair "Ben" Johnson, nado en Falmouth (Xamaica) o 30 de decembro de 1961, foi un atleta canadense, coñecido pola súa descualificación por dopaxe logo de gañar a final Olímpica dos 100 metros nos Xogos Olímpicos de 1988.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Johnson emigrou ao Canadá en 1976. Debutou nos Campionatos do Mundo de Atletismo de 1983 quedando derrotado nas semifinais. Ao ano seguinte, Johnson chegou á final dos 100 metros nos Xogos Olímpicos de 1984 celebrados nos Ánxeles, acabando terceiro detrás de Carl Lewis. Co equipo canadense de 4 x 100 metros conseguiu a medalla de bronce.

No Campionato do mundo de 1987 celebrado en Roma, Johnson fíxose famoso ao derrotar a Lewis batendo ademais a marca do mundo cun rexistro estratosférico, 9,83 segundos. Un ano máis tarde, Johnson e Lewis volverían enfrontarse nunha gran final, os Xogos de 1988. De novo, Johnson gañou a Lewis, e fíxoo rebaixando aínda máis a marca mundial deixándoo en 9,79 segundos. O mundo quedou marabillado, unha fazaña da grandeza de Bob Beamon, unha plusmarca que perduraría, un atleta que sería recordado, Johnson era un heroe. Pero poucos días despois unha análise de ouriños demostrou que Johnson consumira esteroides o que lle valeu a descualificación por dopaxe. O escándalo foi tan grande ou máis có foi a súa vitoria. A proba raíña da velocidade quedou en dúbida e moitos atletas quedaron ensombrecidos pola caída de Johnson.

Máis tarde recoñecería consumir esteroides cando conseguiu o Récord do Mundo de 1987, o que provocou que o rexistro quedase tamén anulado. A súa descualificación outorgou a medalla de ouro a Carl Lewis, a prata a Linford Christie e o bronce a Dennis Mitchell. Aínda que Johnson foi o único atleta que deu positivo no exame, non é o único que consumiu determinadas substancias prohibidas pola federación de atletismo. Anos máis tarde, descubriuse que Christie tamén consumía esteroides. Segundo uns documentos feitos públicos en 2003 por un oficial anti-dopaxe norteamericana, Lewis consumiu a mesma substancia durante as probas de selección para as Olimpíadas de 1988.

En 1991 Johnson intentou regresar ás pistas sen demasiado éxito, facendo unha mellor marca de 10,31. En 1993 Johnson parecía achegarse á súa mellor forma, pero un novo control de dopaxe con resultado positivo, truncou definitivamente a súa carreira ao ser suspendido para sempre.