Lois IV de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lois IV de Francia
Nacementosetembro de 920 e 1 de setembro de 921
Lugar de nacementoLaon
Falecemento10 de setembro de 954
Lugar de falecementoReims
Causacaída de cabalo
SoterradoAbadia de Saint-Remi
NacionalidadeFrancia Occidental
Ocupaciónpolítico
PaiCarlos III de Francia
NaiEadgifu de Wessex
CónxuxeGerberga da Saxônia
FillosLotario I de Francia, Matilde de França, Carlos da Baixa Lorena e Prince Charles des Francs
IrmánsGisela de Francia e Hildegarde of France
Na rede
WikiTree: Carolingian-92 Find a Grave: 6240881 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Luís IV de Francia

Lois IV[1] ou Luís IV, chamado de Ultramar (en francés: d'Outremer ; en latín: Transmarinus), nado en Laon o 10 de setembro de 921 e finado en Reims o 10 de setembro de 954, foi rei de Francia (Francia Occidentalis) do 936 ao 954. Membro da dinastía carolinxia, era fillo de Carlos III o Simple e de Eadgifu de Wessex, filla de Eduardo o Vello, rei dos anglosaxóns (Wessex).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tiña só dous anos cando os nobres derrocaron ao seu pai para instaurar a Roberto I. Cando tiña tres anos, Roberto morreu e foi substituído por Raúl, duque de Borgoña. Un aliado de Raúl, tamén carolinxio, o conde Heriberto II de Vermandois, secuestrou a Carlos con traizón e a nai do neno Luís levouno a Ultramar, á Gran Bretaña, onde estaría seguro por un tempo.

Carlos morreu en 929, pero Raúl I reinou ata o 936, cando morreu sen descendencia[2], cando Luís, regresado a Francia, foi aclamado polos nobres, especialmente Hugo o Grande, que probabelmente organizou o seu regreso para evitar que Heriberto II ou o irmán de Rodolfo, Hugo o Negro, ocupasen o trono. Foi coroado en Laon por Artaldo, arcebispo de Reims, o domingo 19 de xuño de 936. Aínda que a súa soberanía se limitaba, na práctica, á cidade de Laon e a algunhas localidades do norte de Francia, Luís demostrou unha agudeza superior á súa idade cando logrou o recoñecemento da súa autoridade por parte dos nobres. Porén, o seu reinado estivo marcado por conflitos, especialmente con Hugo o Grande, o conde de París.

En 939 Luís estivo involucrado na loita contra o emperador Otón o Grande sobre o Ducado de Lorena. Pouco despois, con todo, había casar coa irmá de Otón, Xerberga de Saxonia (914-984). Tiveron dous fillos e unha filla: Lotario, que o sucedeu; Carlos, duque de Baixa Lorena, e Matilda, que casou con Conrado, rei de Borgoña.

O restablecemento da lexitimidade carolinxia que significou o seu acceso ao trono levou a refacer algúns vínculos entre a monarquía franca e a maioría dos condados cataláns e, dun xeito moi especial, cos mosteiros emerxentes, que buscaban consolidarse cos seus preceptos. Así, o conde Wilfredo II de Besalú debía renderlle homenaxe en 952, e o abade Hildesindo de Sant Pere de Rodes obtivo o último dos preceptos que ditou para Cataluña, no 953.

Luís IV morreu ao caer do seu cabalo en 954 en Reims e está enterrado na basílica de Saint Rémi desta cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 
  2. Bien connaître les généalogies des rois de France (en francès). Editions Jean-paul Gisserot. 1996. ISBN 2877472086. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]