Edmundo da Anglia Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdmundo da Anglia Oriental

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementod. 841 Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 869 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
Hoxne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Bury St Edmunds (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
King of East Anglia (en) Traducir
855 – 20 de novembro de 869 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Anglia Oriental Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa20 de novembro Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAethelweard de Anglia Oriental Editar o valor em Wikidata

Ēadmund, en inglés Edmund, nado en Norbury, preto de Croydon, Surrey, en 841 e finado o 20 de novembro de 870, foi un rei de Anglia Oriental de 854 a 870. É venerado como santo polas igrexas católica, ortodoxa e anglicana, como Santo Edmundo da Anglia Oriental[1] ou Santo Edmundo Mártir.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Consérvanse dúas fontes manuscritas contemporáneas que relatan a súa vida: a Crónica anglosaxoa, escrita por un monxe anónimo entre 877 e 899 e unha obra conmemorativa de 890. Outras historias son máis tardías e mestúranse con lendas sobre o martirio e os milagres que lle atribúen cando foi venerado como santo.

A súa orixe familiar é incerta: as fontes máis fiábeis presentan a Eadmund como descendente dos reis de Anglia Oriental da rama de Wuffing. Segundo Abón de Fleury, era ex antiquorum Saxonum nobili prosapia oriundus, que parece indicar que era de orixe estranxeira, posibelmente dos antigos saxóns do continente. Unha tradición di, sen probas, que o seu pai era o rei Alcmund, do cal non se sabe máis nada. A partir de aquí desenvólvese unha lenda que sitúa o seu nacemento en Nürnberg (Alemaña) e que foi adoptado polo rei Æthelweard de Anglia Oriental. Outras fontes fano fillo de Æthelweard.

O que é certo é que Athelweard morreu en 854 e sucedeuno Eadmund, entón de catorce anos de idade. A lenda di que foi elixido por nobres e clérigos de Norfolk. Dise que foi coroado por San Humberto o 25 de decembro de 855 en Burna (posibelmente Bures St Mary, Suffolk), que era a capital do reino. Nada máis se sabe con fiabilidade: Abón de Fleury di que foi un rei modélico pola súa equidade e a xustiza dos seus actos e o exercicio da caridade cos necesitados, especialmente orfos e viúvas. Tamén din as fontes que se retirou durante un ano na torre de Hunstanton e aprendeu os salmos bíblicos.

A partir do 865, os daneses atacaron o reino; expulsados, invadiron Northumbria e Mercia, e volveron atacar Anglia en 869.

Morte[editar | editar a fonte]

No seu gran desexo pola oración, retirouse durante un ano á torre real de Hunstanton e aprendeu os Salmos de memoria, de maneira que posteriormente podía recitalos de maneira frecuente. En 870, con valentía rexeitou aos xefes daneses Hinguar (Ivar o Desosado) e Hubba (Ubbe Ragnarsson), quen invadiran os seus dominios. Estes personaxes, logo volveron cun nivel abafador de seguidores, co que meteron presión. Ante iso, e como cristián, Eadmund sentiu inclinado a rexeitar tales pretensións. No seu desexo de evitar un inútil masacre, puxo en desbandada ás súas tropas e retirouse a Framlingham. No camiño, caeu en mans dos invasores.

Téndoo encadeado, os seus captadores conducírono a Hinguar, cuxas impías demandas novamente foron rexeitadas por Eadmund, declarando que a súa relixión era máis importante para el que a súa propia vida. O seu martirio tivo lugar en 870 en Hoxne en Suffolk. Logo de ser atado, procederon a abrir desde a columna vertebral, cortando e abrindo as costelas de forma que parecían ás manchadas de sangue, e sacando os pulmóns cara a fóra, isto coñecíase como Aguia de sangue.

No medio desas torturas, Eadmund continuou clamando polo nome de Xesús, ata que os seus inimigos, xa desesperados, empezaron a lanzar frechas contra el. Esta crueldade continuouse practicando, ata que o seu corpo estaba completamente con buracos. Nesas condicións foi decapitado.

Segundo Abón, que di que o escoitou de san Dunstán, que falara con testemuñas do feito, Edmond non quería loitar contra os daneses, preferindo a postura de mártir: seguiría o exemplo de Cristo, que prohibiu a Pedro loitar contra os xudeus que viñan detelo. Foi feito preso no castelo de Framlingham e non quixo someterse ás condicións dos vencedores: a liberdade a cambio do reino. Torturado, ao non querer renunciar á fe, foi secuestrado e decapitado, e o reino pasou a mans danesas.

A data tradicional da súa morte é 870; no entanto, descubrimentos recentes dátano en 869. O lugar da batalla tamén é incerto: propuxéronse Hoxne, preto de Eye, en Suffolk, 20 millas ao leste de Thetford, Dernford (Cambridgeshire) e Bradfield St Clare, preto de Bury St Edmunds.

Veneración[editar | editar a fonte]

O corpo do rei foi enterrado en Beadoriceworth, actual Bury St Edmunds. O lugar converteuse en meta de peregrinación e fixo que se orixinase unha poboación ao redor. A fama do santo fíxose universal. A data da canonización é descoñecida, pero podería ser durante o reinado de Aethelstan (924–939). A súa popularidade foi grande: estandartes que se dicía que foran do rei eran levados polo exército inglés (na campaña de Irlanda, a Caerlaverock Castle (1300) ou en Agincourt) e moitas igrexas fóronlle dedicadas en Inglaterra.

Sobre a súa tumba erixiuse a abadía de Bury St Edmunds, unha das igrexas máis grandes do reino; pero foi destruída en 1539, durante a Reforma protestante. A súa festividade litúrxica celébrase o 20 de novembro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bale, Anthony, editor. St Edmund, King and Martyr: Changing Images of a Medieval Saint. (Woodbridge, 2009), ensaios sobre varios aspectos do culto de St Edmund, desde a Idade Media ata o século XVIII
  • Cavill, Paul. The Vikings.
  • Hervey, Francis. Corolla Sancti Eadmundi. Londres: J. Murray, 1907.
  • Gransden, Antonia. Legends, traditions, and history in medieval England, 1992.
  • Grant, Judith, editor. A Passiun de Seint Edmund. Londres: Anglo–Norman Text Society, 1978. ISBN 0-905474-04-X
  • Holt Wilson, Tim and Whelan, Brian. King Edmund Saint and Martyr - a casket of wonders. Suffolk: Roseberry Crest, 2008. ISBN 978-0-9555048-1-5

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-06.