Froilán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Froilán
Nacemento832
Lugar de nacementoLugo
Falecemento904
NacionalidadeReino de Asturias
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Froilán, nado no Regueiro dos Hortos (actual barrio do Carme) en Lugo no ano 833[1] e finado en León o 5 de outubro do 905,[2] foi un relixioso anacoreta galego e bispo de León. Nomeado santo, é patrón da diocese de Lugo e da cidade do mesmo nome.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monxe[editar | editar a fonte]

Tumba de Froilán en León.

Viviu como anacoreta na gruta de Ruiterlán, na bisbarra do Bierzo e nas montañas de Curueño. A súa vida de meditación, oración e hospitalidade, déronlle sona de home santo. Moitos acudían a el en busca de consolo e alento e para todos tiña unha verba acertada e acolledora. Predicaba entre montañeses e labregos. Tradicións populares dan testemuño da súa presenza na Virgen del Camino, Virgen de Velilla, Liébana e Valdera.

Xunto con Atilano, un presbítero de Tarazona, comezou a organizar aos ermitáns dos montes dos Ancares e dos montes de León en comunidades monásticas. Vivían unha vida de pobreza, traballo manual, obras de caridade e oración. Atribúeselle a fundación do mosteiro de Valdecésar, trala súa morte, moi favorecido polos reis de Galicia Ordoño II e Elvira Menéndez.

Co avance da repoboación cristiá no occidente peninsular, estableceron comunidades no val do Esla no mosteiro de Távora e no mosteiro de Moreruela.

Bispo[editar | editar a fonte]

Igrexa de San Froilán de Lugo.

Morto o bispo de León, Vicente, o pobo unanimemente reclama do rei astur-galaico Afonso III o nomeamento de Froilán como bispo. Como aínda non era sacerdote, na cerimonia recibiu antes o sacramento da orde. O toma do báculo fíxose perante a corte do monarca de Oviedo e con aclamación de todo o pobo. Exerceu como bispo con xustiza e benevolencia, defendendo aos pobres, os febles e os doentes. No ano 905, morreu en loor de santidade. Foi soterrado na catedral antiga e posteriormente foron trasladados os seus restos, por orde do rei de Ordoño II, reinando xa en León, á nova Catedral.

Del contáronse prodixios como que amansaba os lobos e curaba os enfermos.

A súa festa celébrase o 5 de outubro, día do seu pasamento.

Represéntase vestido de monxe ou de bispo, con mitra e báculo. Pode acompañarse cun lobo manso, que leva unha bolsa coa Biblia.

San Froilán na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

  • San Froilán, mete a rella e tira o pan (recomenda comezar cos labores da arada e sementeira do centeo).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vilela (2009), p. 14 (dá o 832 como data de nacemento)
  2. Vilela (2009), p. 14

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]