Pybba de Mercia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pybba de Mercia
Nacementovalor descoñecido
Falecementovalor descoñecido
NacionalidadeMercia
Ocupaciónmonarca
PaiCreoda de Mercia
FillosPenda, Eowa de Mercia, Coenwalh, unnamed daughter of Pybba of Mercia e unnamed daughter of Pybba of Mercia
Na rede
WikiTree: Mercia-224
editar datos en Wikidata ]

Pybba, nado c. 570? e finado en 606 ou 615, (tamén Pibba, Wibba, Wybba) foi un primitivo rei Mercia. Foi fillo de Creoda e pai de Penda e Eowa. Os nomes Pybba e Penda son de orixe britana, máis que xermánica[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As súas datas aparecen ás veces en xenealoxías como nacemento en 570, o principio do seu reinado en 593, e morte en 606 ou 615, pero sen evidencia aparente; a Crónica anglosaxoa menciónao tan só como pai de Penda, sen maior detalle.

Segundo a Historia Brittonum, Pybba tería 12 fillos[2]. Cearl, un rei de Mercia, é mencionado por Beda, e puido ser sucesor de Pybba, pero a súa filiación con Pybba, se a houbese, é descoñecida. O fillo de Pybba, Penda finalmente converteríase en rei; a Crónica data este feito en 626, malia que Beda suxire que non sería até despois da batalla de Hatfield Chase en 633.

Ademais de Penda e Eowa, Pybba tivo aparentemente outro fillo chamado Coenwalh. Cada rei, desde Penda até Ceolwulf, deposto en 823, proclamábase descendente de Pybba, a través de Penda, Eowa ou Coenwalh (quizais excluíndo a Beornrad, que gobernou brevemente e cuxa procedencia é descoñecida).

Tamén se di que Pybba tivo unha filla. Aínda que non se menciona o seu nome, foi posibelmente a primeira esposa de Cenwalh, rei de Wessex (648-674)[3].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Higham, Nicholas J.; Ryan, Martin J. (2013). The Anglo-Saxon World. Yale University Press. ISBN 978-0-300-12534-4. , p. 143.
  2. Historia Brittonum Arquivado 27 de xullo de 2009 en Wayback Machine., capítulo 65.
  3. Beda: HE 3,7