Zhiyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZhiyi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento538 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Qianjiang (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte597 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Tiantai County (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChina Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo Editar o valor em Wikidata
AlumnosZhìkǎi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaQ15903425 Traducir Editar o valor em Wikidata

Zhiyi (chinés tradicional: 智顗; chinés simplificado: 智𫖮; pinyin: Zhìyǐ; Wade-Giles: Chih4-i3; xaponés: chigi 智顗; coreano: jiui 지의; vietnamita: Trí Nghĩ), nado no condado de Gong'an en 538 e finado no condado de Tiantai en 597, é listado tradicionalmente como o cuarto patriarca, mais xeralmente está considerado o fundador da tradición Tiantai do budismo da China. O seu título estándar era Śramaṇa Zhiyi (Ch. 沙門智顗), ligándoo coa ampla tradición do ascetismo indio. Zhiyi é célebre por ser o primeiro da historia do budismo chinés que elaborou unha clasificación completa, crítica e sistemática das ensinanzas budistas. Tamén está recoñecido como a principal figura que fixo unha ruptura significativa da tradición india para forma un sistema chinés autóctono.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zhiyi naceu co apelido Chen (en chinés: ) no distrito de Huarong, prefectura de Jing, e deixou o seu fogar para converterse en monxe aos dezaoito anos, trala perda dos seus pais e do seu fogar Jiangling que caera en mans do exército de Wei occidental cando Zhiyi tiña dezasete anos. Aos 23, recibiu as súas principais influencias do seu primeiro mestre, Nanyue Huisi (515–577), un mestre da meditación que logo foi listado como antecesor de Zhiyi na liñaxe Tiantai. Tras un período de estudo con Huisi (560–567), pasou algún tempo traballando na capital meridional de Jiankang.[1] Entón en 575 marchou ás montañas de Tiantai para realizar un estudo e unha práctica intensiva cun grupo de discípulos. Aquí traballou en adaptar os principios da meditación india do śamatha e o vipaśyanā (traducidos como "zhi" e "guan") nun complexo sistema de práctica de auto-cultivo que tamén incorporou rituais devotos e ritos de confesión e arrepentimento. Entón en 585 volveu a Jinling, onde completou o seu monumental traballo de comentarios sobre o Sutra do loto, o Fahua wenzhu (587) e o Fahua xuanyi (593).

Chappell indica que Zhiyi: "...achegou un marco relixioso que parecía axeitado para adaptarse a outras culturas, para incluír novas prácticas e para universalizar o budismo".[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Xiao Zhiguan/Hsiao chih-kuan("Pequeno tratado sobre a concentración e a percepción") foi probablemente o primeiro manual práctico de meditación dispoñible para os chineses[3] e pola súa influencia directa no Tso-chan-i foi fundamental no desenvolvemento da meditación Chan.[4]

Rujun Wu identifica o Mohe Zhiguan ("Gran tratado sobre a concentración e a percepción") como o texto seminal da escola Tiantai.[5] Entre as moitas obras importantes de Zhiyi están Fahua Wenzhu ("Obras e frases do Sutra do Loto") e Fahua Xuanyi ("Significado profundo do Sutra do Loto"). Das obras que se lle atribúen (aínda que moitas puideron ser escritas polos seus discípulos), consérvanse unhas trinta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Buswell, Robert Jr; Lopez, Donald S. Jr., eds. (2013). "Tiantai Zhiyi", in Princeton Dictionary of Buddhism. Princeton, NJ: Princeton University Press. p. 911. ISBN 9780691157863. 
  2. Chappell, David W. (1987). 'Is Tendai Buddhism Relevant to the Modern World?' in Japanese Journal of Religious Studies 14/2-3, 247-266. Source: PDF; consultado o 16 de agosto de 2008. páx. 247
  3. Sekiguchi, Shindai, Tendai sho shikan no kenkyu, Tōkyō: Sankibō Busshorin (1954; repr. 1961)
  4. Gregory, Peter N (1986), Ch 'ang-lu Tsung-tse and Zen Meditation; in 'Traditions of Meditation in Chinese Buddhism', Honolulu: University of Hawaii Press
  5. Rujun Wu (1993). T'ien-T'ai Buddhism and early Mādhyamika. National Foreign Language Center Technical Reports. Buddhist studies program, University of Hawaii Press, p. 1. ISBN 0-8248-1561-0, ISBN 978-0-8248-1561-5. Source: [1] (consultado o 22 de abril de 2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dharmamitra (trans.): The Essentials of Buddhist Meditation by Shramana Zhiyi, Kalavinka Press 2008, ISBN 978-1-935413-00-4
  • Donner, Neal & Daniel B. Stevenson (1993). The Great Calming and Contemplation. Honolulu: University of Hawai‘i Press.
  • Shen, Haiyan. The Profound Meaning of the Lotus Sutra: T’ien-t’ai Philosophy of Buddhism volumes I and II. Delhi: Originals, 2005. ISBN 8188629413
  • Swanson, Paul L.; trans. (2004). The Great Cessation and Contemplation (Mo-ho Chih-kuan, Chapter 1-6), CD-ROM, Tokyo: Kosei Publishing Co.
  • Tam, Wai Lun (1986). A Study and Translation on the Kuan-hsin-lun of Chih-i (538-597) and its Commentary by Kuan-Ting, Hamilton, Ontario: McMaster University
  • Thich Tien Tam, trans. (1992). Ten Doubt about Pure Land by Dharma Master Chi-I (T. 47 No. 1961). In: Pure Land Buddhism - Dialogues with Ancient Masters, NY: Sutra Translation Committee of the United States and Canada & Buddha Dharma Education Association, pp. 19–51.