Gregorio Nacianceno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDoutor da Igrexa Editar o valor em Wikidata
Gregorio Nacianceno

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Γρηγόριος Ναζιανζηνός
(el) Γρηγόριος ο Νανζιανηνός Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento329 Editar o valor em Wikidata
Arianzos (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 389 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Arianzos (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaConstantinopla Editar o valor em Wikidata
Patriarca de Constantinopla
379 – 381
← Evágrio de Constantinopla (pt) Traducir, Demófilo de Constantinopla (pt) TraducirNectário de Constantinopla (pt) Traducir →
Bispo diocesano
372 – 372
Diocese: Sasima (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Capadocia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo (372–), ministro (361–), predicador , poeta , teólogo , epigramatista , filósofo , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresHimério de Atenas (pt) Traducir, Basilio o Grande, Anfiloquio de Iconio e Proerésio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónBasilio o Grande Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa2 de xaneiro
25 de xaneiro (Igrexa ortodoxa, Igrexas católicas orientais) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisGregório de Nazianzo, o Velho (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Nona de Nazianzo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCesário de Nazianzo (pt) Traducir e Gorgonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Discogs: 2278162 Editar o valor em Wikidata


Gregorio Nacianceno nado en Nazancio o ano 330 e finado en Arianzo o ano 390 é un dos denominados Pais da Igrexa, os seus escritos e pensamento son base da doutrina cristiá sobre a Santa Trindade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dunha familia de honestiores, era fillo do bispo de Nazancio. Estudou na escola de Cesarea de Capadocia fundada por Oríxenes, continuándoos logo en Alexandría e Atenas onde deu clases de elocuencia, alí coincidiu con Basilio o Grande, con quen trabara amizade en Cesarea, e co futuro emperador Valente cos que compartiu inquedanzas morais e intelectuais.

Gregorio Nacianceno representado en 1493 no Liber Chronicarum de Núremberg.

Cando regresou a Cesarea no ano 367 recibiu o bautismo. Gregorio combateu a tendencia do arianismo e o apolinarismo a reducir o dogma á lóxica racional. Contra o primeiro defendeu a natureza divina do Verbo encarnado, contra os segundos, algo aparentemente contraditorio co anterior: a natureza humana de Xesús de Nazaret Reclamou o dereito a discutir sobre todo, pero partindo da simplicidade da fe transmitida dende as primeiras testemuñas e tendo sempre como referencia as Escrituras. Emprendeu, xa que logo, a tarefa de defender os dogmas de Primeiro Concilio de Nicea fronte aos emperadores Xuliano e Valente.

Viviu unha vida ascética como un monxe na ribeira do río Iris no Ponto.

Nada me parece máis grande que isto: facer calar os sentidos, saír da carne deste mundo, recollerse en si mesmo
Oratio 2

O seu pai fíxoo presbítero contra á súa íntima vontade, o que provocou que fuxira a Nazancio. O que máis tarde atribuiría á súa covardía e febleza.

Basilio conseguiu convencelo para que aceptara o bispado de Sásima, o que aceptou con repugnancia no ano 372. Novamente acabou fuxindo á montaña. Volveu a Nazancio onde axudou ao seu pai nas súas labores de bispo, pero non quixo sucedelo no bispado cando aquel finou.

Retirouse entón a Seleucia en Isauria, onde se entregou á meditación e á vida espiritual mantendo abundante correspondencia na que orientaba aos cada vez máis minoritarios e acurralados partidarios do Primeiro Concilio de Nicea. A solidez da súa argumentación fíxoo un líder de opinión no partido niceno.

Máis tarde, no ano 381, tamén contra o seu desexo, foi elixido bispo de Constantinopla cando participaba nesa cidade no segundo concilio ecuménico convocado por Teodosio I e sendo a cidade maioritariamente ariana. Foi apreciado pola súa oratoria e escritos, foron célebres os seus discursos na igrexiña Anastase; entre os ouvintes deixou pegada en Xerome de Estridón. No concilio, en colaboración co seu amigo Gregorio de Nisa foi neutralizando nos debates á preponderancia das teses arianas. En troques, a súa administración dos asuntos da diocese foron moi deficientes. Durante as vivas disputas do Primeiro Concilio de Constantinopla preferiu dimitir co fin de non avivar a discordia e a tensión ao redor das súas ideas a da súa persoa.

Volveu a Nazancio onde se adicou ao coidado pastoral da comunidade cristiá e finalmente retirouse ás terras de Azancio en busca de soidade. Alí dedicouse á escritura, a esmola, a oración e a reunir e publicar ás súas cartas. Foi o primeiro autor en grego que o fixo. Nos seus poemas, ademais de defender ás súas ideas, expresa as súas inquedanzas existenciais:

Como un cisne vello, que estendendo as ás alivia a súa canseira, así eu podo consolarme non entoando laios, senón cunha cantiga de adeus
Poemas II

Gregorio Nacianceno escribiu discursos, homilías, panexíricos e case 18.000 versos nuns 400 poemas, onde se aprecia a influencia de Homero e Virxilio. Son significativas a apoloxía que fai á súa fuga (Apologeticus de Fuga) e a súa autobiografía, antecedente das Confesións da Agostiño de Hipona.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Dende unha perspectiva filosófica, aínda que apoiándose tamén nas Escrituras, Gregorio Nacianceno rexeita a idea de Epicuro que identificaba a Deus cun corpo. Nin sequera é un sutil éter. Apréciase nel unha influencia de Plotino, de quen recolle esquemas de pensamento para afastarse expresamente del no que é incompatible coa experiencia cristiá. Para el a divindade é unha pélagos ousías, un océano de realidade, infinito e sen límites enteiramente libre da natureza e do tempo. Considera que o azar non é unha hipótese que dea unha explicación racional á orde do cosmos, por iso adhírese aos que afirman a necesidade dun Logos que explique a orde do mundo. O salto da filosofía á teoloxía consistirá en afirmar que ese Logos se identifica co Verbo divino encarnado na persoa de Xesús. Trátase non dun nous mudo senón dunha Palabra que se manifesta.

O que é...representación fiel do arquetipo, selo inamovible, imaxe absolutamente perfecta, palabra e pensamento do Pai, el mesmo se achega á criatura feita á súa imaxe e asume a carne...
Discursos

Así pois, se segundo ensinan os filósofos, Deus é incomprensible, hai que comezar a desenvolver a razón dende a humildade de aceptar o que o Logos di de si mesmo. Dende esa base sólida é posible especular racionalmente sen límites para dar resposta, non a meras inquedanzas especulativas, senón a interrogantes existenciais:

Miña alma, tes unha angueira, unha grande angueira, se queres. Pescuda seriamente o teu interior, o teu ser, o teu destino, de onde vés e a onde vas, trata de saber se é vida o que vives ou hai algo máis. Miña alma, tes unha angueira, xa que logo, sanea a túa vida...investiga que había antes deste universo, e que é o universo para ti, de onde procede e cal é o seu destino. Esta é a túa angueria, miña alma; xa que logo, sanea a túa vida
Carmina

Gregorio Nacianceno defende que en Deus hai unha única esencia e, asemade, relación entre unha hipostase inxénita, outra enxendrada dende toda a eternidade e outra que procede da primeira e que se encontra entre as dúas:

como tres soles que se penetran mutuamente formando unha única fusión de luz
Discursos

Para Gregorio, a experiencia cristiá e o depósito da fe é inintelixible sen a aceptación da Trindade, tripla luz nun único resplandor, sen mingua nin supresión ningunha. Non é admisible renunciar a esta revelación para facer compatible a fe cristiá coa razón:

Increada, invisible, transcende ao mundo e ao tempo. Non é posible acadala nin comprendela
Discursos

Malia o anterior, Gregorio Nacianceno defende a cultura clásica, e pretende que a Igrexa incorpore a tradición cultural da antigüidade. Por iso, cando Xuliano prohibe aos cristiáns estudar aos clásicos, desafíao cualificándoo de monstruoso campión da estupidez.

Contra os apolinaristas, defende que Cristo foi verdadeiro e íntegro home. Esa é a razón da dignidade do home e o destino glorioso da humanidade, redimida da escravitude do pecado e a morte.

O que non foi asumido, non foi curado
Epístola 101
¿Que é o home para que te lembres del? Un gran misterio me envolve e me penetra. Pequeno son e, ao mesmo tempo, grande, exiguo e sublime, mortal e inmortal, terreo e celeste...estou chamado a ser coherdeiro de Cristo e fillo de Deus; chegarei incluso a ser Deus mesmo
Discursos

Fronte ao gnosticismo e o maniqueísmo defende a bondade fundamental da Natureza:

¿quen te permite ver a beleza do ceo, o curso do sol, os ciclos da luz, as miríadas de estrelas e toda a harmonía e orde que sempre se renova marabillosamente no cosmos, facendo alegre a creación como o son dunha cítara?
Discursos

Finalmente, fronte aos pneumatómacos, que negan a divindade do Espírito, afirma que nel están todas as operacións divinas e que todas as cousas existen nel. Procedendo do Pai, e estando entre o Pai e o Fillo, atribúeselle a mesma beleza, o mesmo amor e a mesma gloria.

Gregorio Nacianceno defende unha moral evanxélica e polo tanto denuncia os desexos de poder, incluso entre os bispos

O amor ás almas dos fieis ofrece un fermoso pretexto. A ansia de poder é a verdadeira razón de que o mundo ande sempre atormentado. E tamén, quen sabe, o amor de rendas e intereses
Poemas II

Realiza tamén serias advertencias aos ricos:

Non nos fatiguemos acumulando riquezas, mentres os demais sofren fame, se non queremos merecer as recriminacións duras e cortantes...
Discursos

Insiste, no valor da solidariedade que nace da experiencia do amor de Deus

Se tes saúde e tes riquezas, alivia a necesidade de quen está enfermo e é pobre; se non caíches, axuda a quen caeu e vive no sufrimento; se estás ledo, consola ao que está triste; se es afortunado, axuda a quen foi trabado pola desventura....convértete en Deus para o desventurado imitando a misericordia de Deus
De pauperum amore
Comportémonos de acordo con aquela suprema e primordial maneira de ser de Deus, que fai baixar a chuvia sobre xustos e pecadores, e fai xurdir o sol igualmente para todos; que ofrece a todos os animais da terra o campo aberto, as fontes, os ríos, os bosques; que da o ar ás aves e a auga aos peixes; que a todos reparte con gran liberalidade os bens da vida, sen restricións nin condicións, sen ningún límite
Discursos

Gregorio Nacianceno tamén influirá na espiritualidade da Igrexa Ortodoxa polo seu concepto de misticismo e oración. Para el Deus ten sede de que os homes teñan sede del.

É necesario lembrarse de Deus con máis frecuencia da que se respira
Oratio

En Gregorio Nacianceno atópase tamén unha alta consideración da amizade, sobre todo a partir da súa reflexión sobre a súa relación con Basilio o Grande, con quen compartiría angueiras e ledicias, pero con quen tamén tería fondos desencontros. A madurez e seriedade do seu amigo foi

a chispa da nosa intimidade; así foi como o mutuo amor prendeu en nós...co paso do tempo, confesámonos mutuamente as nosas ilusións e que o noso máis profundo desexo era acadar a filosofía, e, xa daquela, éramos o un para o outro todo o compañeiros e amigos que nos era posible ser...arelando idénticos bens e cultivando decotío o máis afervoado e máis íntimo do noso recíproco desexo. Semellaba que tiñamos unha mesma alma sustentada en dous corpos. E, se non hai que dar creto en absoluto aos que din que todo se encontra en todas as cousas, a nós hai que facernos caso se dicimos que cada un se encontraba no outro e xunto ao outro
Sermons

.

A súa concepción da Igrexa[editar | editar a fonte]

Para Gregorio Nacianceno, seguindo a Paulo de Tarso, cada igrexa é a Igrexa enteira, xermolo dunha nova humanidade saneada e chamada á unidade polo amor de Deus manifestado no Verbo encarnado, morto e resucitado e operante no Espírito:

Nós formamos un só corpo en Cristo, ricos e pobres,escravos e libres, sans e enfermos; e unha soa é a cabeza da que todo deriva: Xesucristo. E como sucede cos membros dun só corpo, cada un debe ocuparse dos demais, e todos de todos
de pauperum amore

Con todo, é moi crítico coa realidade eclesial, especialmente cos teólogos e bispos, polo que denuncia a hipocrisía e as contradicións empregando unha linguaxe paradoxal:

Nós que tanto amábamos a Deus e a Cristo, dividimos a Cristo. Mentimos os uns aos outros por causa da Verdade; alimentamos sentimentos de odio por causa do Amor; afastámonos uns dos outros
Oratio

Significación[editar | editar a fonte]

O Papa Pío V proclamouno doutor da Igrexa en 1568. Está considerado un dos catro grandes Pais da Igrexa Oriental xunto con Basilio o Grande, Gregorio de Nisa e Xoán Crisóstomo. A súa importancia como pensador cristián levou a que sexa coñecido como Gregorio o Teólogo.

Xoán Paulo II devolveu gran parte das súas reliquias ao Patriarcado Ecuménico de Constantinopla debido a que estas foran subtraídas polos cruzados en 1204.

A súa festa celébrase o 2 de xaneiro na Igrexa Occidental. Con anterioridade celebrábase o 9 de maio, por un erro na datación do seu pasamento. Na Igrexa Ortodoxa celébrase o día 25 de xaneiro e tamén o día 30 xunto cos outros Pais capadocios.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Filocalia
  • Oracións
  • Discursos
  • Carmina de se ipso

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]