Sara Rodríguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSara Rodríguez Fernández
Biografía
Nacemento2000 Editar o valor em Wikidata (23/24 anos)
Carracedelo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Sara Rodríguez Fernández, nada en Carracedelo[1] no ano 2000, é unha tradutora e escritora berciana en lingua galega, autora do primeiro Dicionario do Galego do Bierzo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Os seus avós paternos son galegos (de Vigo e Ourense)[1] e os maternos son do Bierzo, pero todos eles galegofalantes.[2]

Como froito dun acordo entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León en vigor dende o ano 2002, que permite que o galego sexa lingua vehicular nalgunas materias de Primaria, Secundaria e Bacharelato, Sara rodríguez, puido cursar a materia "Lingua e cultura galega", no seu paso polo Instituto Bergidum Flavium de Cacabelos, entre 2012 e 2016.[1][3]

Estudou o Grao de Tradución e Interpretación (español-inglés) na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e o Máster Universitario en Tradución Editorial na Universidade Internacional de Valencia.

Dicionario[editar | editar a fonte]

A idea do dicionario xorde cando estaba a buscar un tema para o seu Traballo fin de Grao. Daquela, asistiu á presentación do Dicionario do Galego de Asturias, realizado por Carlos Varela Aenlle,[2] o que lle deu a idea e realizou o traballo completando 3 000 entradas que, posteriormente, ampliou até as 15 000 que forman o total do primeiro Dicionario do Galego do Bierzo, publicado pola Universidade de Vigo no ano 2023.[3][4] O dicionario foi presentado pola autora, Héctor Silveiro e Xosé-Henrique Costas, o director do traballo do seu TFG e a persoa que a apoiou,[1][4] nun acto celebrado no Museo da Radio de Ponferrada o 16 de decembro de 2023.[1][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Varela, Suso (11 de decembro de 2024). "Sara Rodríguez, do Bierzo: «Miña nai sempre me dixo que o galego era unha oportunidade que abría portas de futuro»". lavozdegalicia.es. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Brusa, Aitana (21 de xaneiro de 2024). "Un diccionario recoge el gallego que se habla en El Bierzo, y que ni te das cuenta". infobierzo.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 Silveiro Fernández, Héctor M. (8 de xaneiro de 2024). "O 'Dicionario do Galego no Bierzo'". academia.gal. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 Iglesias, Mar (4 de decembro de 2023). "Nace el primer Diccionario de gallego en el Bierzo defendiendo la "lengua berciana"". lanuevacronica.com (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  5. Redacción (16 de decembro de 2024). "Un dicionario recolle o léxico galego para que siga presente na cultura do Bierzo". bierzodiario.es. Consultado o 31 de xaneiro de 2024.