Julio Camba Machado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julio
Información persoal
Nome Julio José Camba Machado
Nacemento 6 de xuño de 1996 (27 anos)
Lugar de nacemento Vilalba
Altura 1,82 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Viveiro
Carreira xuvenil
Equipos
Lugo
2015–16Somozas (ced.) 0 (0)
2016−2017 Lugo B 34 (0)
2017−2018 Viveiro 0 (0)
Selección: actualizado a 18 de agosto de 2017editar datos en Wikidata ]

Julio José Camba Machado, coñecido como Julio, nado en Vilalba (Terra Chá) o 6 de xuño de 1996, é un futbolista profesional galego que xoga de defensa central no Viveiro Club de Fútbol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo, Julio é convocado por vez primeira co primeiro equipo o 22 de decembro de 2012, momento no que tiña tan só 16 anos, na vitoria a domicilio ante o Centre d'Esports Sabadell Futbol Club por 0-1 con gol de Óscar Díaz. Con todo, non chegaría a xogar. Tampoco debutaría na súa seguinte convocatoria, esta vez tres meses despois ante o Club Deportivo Mirandés, partido que remataría con derrota do equipo albivermerllo. Non volvería a ser convocado até máis dun ano despois, o 15 de outubro de 2014, esta vez nun encontro de Copa do Rei que enfrontaría aos lucenses ante o Real Betis Balompié no Benito Villamarín que se saldaría con derrota na rolda de penaltis.

O seu debut co primeiro equipo chegaría moi pouco despois, xa que o 9 de novembro de 2014 sae como titular ante o Sabadell no Anxo Carro, tras a lesión de Jon García e a ausencia por acumulación de tarxetas de Lolo Pavón. Tras o partido foi considerado polos medios de prensa como mellor xogador do encontro por parte do club lucense, nun partido que remataría cunha vitoria por 2-1 con goles por parte dos locais de David Aganzo e doutro canteirán lucense, Iago Díaz. Tras o partido o adestrador Quique Setién destacaría sobre el:[1]

Sen dúbida, para ser o debut na Segunda división dun xuvenil fíxoo case todo ben. Resolveuno todo extraordinariamente, non se complicou, ten toda a confianza dos compañeiros e a miña, e o felicitamos. Será unha lembranza importante para el e oxalá teña moitas máis.

O 9 de xullo de 2015 o Club Deportivo Lugo anuncia a súa cesión á Unión Deportiva Somozas da Segunda División B.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
Lugo Segunda 2014-2015 1 0
Somozas Segunda B 2015-2016 0 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rueda de prensa posterior de Setién". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]