Cora Velasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cora Velasco
Nacemento12 de xuño de 1991
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterIES Sánchez Cantón
Ocupacióncantante e actriz
Na rede
Facebook: coravelascope Instagram: coravelascora Youtube: UC8neGh_dEtBP5RVyag8mxyg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cora Velasco Pedrosa, tamén coñecida como Cora Sayers,[1] nada en Pontevedra o 12 de xuño de 1991, é unha actriz e cantante galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no IES Sánchez Cantón e arte dramática en Madrid..

Comezou participando en bandas de diferentes estilos como 1000 Demonios Blues Band, Querido Extraño ou Late Kicks nos que achegou a súa voz. Botou máis de cinco anos traballando e estudando en Madrid: interpretación no Estudio para el Actor de Juan Carlos Corazza, así como con outros profesionais como Consuelo Trujillo, Alfonso Lara, Eva Lesmes e David Luque. Volveu a Galicia e comezou a súa carreira musical.[2] Ademais formouse en canto e voz con Estela Franti e Cristina Mora así como en danza clásica durante 13 anos, acadando ata o terceiro título de ballet por ACADE. Desde 2016 traballou coa compañía de teatro infantil de Pontevedra "Baobab".

Na música comezou usando o nome de Cora Sayers.[3] Con Sortilegios xa asina como Cora Velasco cancións propias en castelán.

Ten realizado multitude de concertos en Galicia e tamén por España e Europa.[4] Tamén participou como actriz nalgunhas curtametraxes e obras de teatro.[5]

Traballos[editar | editar a fonte]

Cora Sayers[editar | editar a fonte]

  • Origen (2014) -EP- Temas: Charlie, Red shoes, Cebada y cigarrillo, Daily war, Distorsion. Mestura de folk, rock alternativo, pop e blues.[6]
  • I´m Home (2016) -LP-. Gravado nos Estudios Montealto da Coruña xunto a Fernando Mejuto e Hugo González. Temas: Garaje Café, Sophie´s Fear, Charlie, He Rules in Purple, Daily War, Red Shoes, No Multitude, Drupe´s Birth, The Apartement, Stone.

Cora Velasco[editar | editar a fonte]

  • Sortilegios (2018). Temas: La Delicadeza, Mis Cadáveres, Se Extiende Mi Brazo, La Circunstacia, La Fiebre del Oro, Arponera, Algo Provisional.[7]
  • Ojos nuevos (2021) -Sinxelo-. Fala do seu amor por Galicia. Foi escollida como canción do spot Descubre o teu Camiño de Turismo de Galicia do Camiño Xacobeo.[8]

Actriz[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Madrid, Drawings... And Foreign Girls (2014).[9] Proposta para mellor actriz secundaria no New Jersey Film Awards.
  • Constelación urbana (2015).

Teatro[editar | editar a fonte]

  • 2014: Protagonista da obra de microteatro HisPánico EsZénico. Premio mellor actriz no 1º Festival de Microteatro da sala Héroe.
  • 2014: Por amor al arte. Título provisional. Dirigida polo profesor do Estudio Corazza, Albert López Murtra.
  • 2016: O lobo e a lúa de Baobab Teatro (premio Barriga Verde de Teatro 2014).
  • 2020: Mai Mai de Baobab Teatro.
  • 2021: Ás para Álex de Baobab Teatro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-08-16. 
  2. "Biografía de Cora Sayers". Last.fm (en castelán). Consultado o 2021-08-15. 
  3. "Cora Sayers' Community". Cora Sayers. Consultado o 2021-08-15. 
  4. García, Laura (2021-08-15). "Cora Velasco deslumbra en la Boa Vila". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-08-15. 
  5. "Cora Velasco" (PDF). aaag.gal. 
  6. "Cora Sayers: inmensa". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-08-15. 
  7. "Cora Velasco presentará novos temas dentro da xira 'Sortilegios' este sábado 14 na Sala Karma". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-08-15. 
  8. "Cora Velasco ponlle a BSO ao novo spot de Turismo de Galicia". Descúbreas. 2021-05-24. Consultado o 2021-08-16. 
  9. "Cora Velasco". IMDb. Consultado o 2021-08-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]