Angel Olsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angel Olsen
Data nacemento22 de xaneiro de 1987 (37 anos)
Nado enSt. Louis, Missouri
Ocupacióncantante, guitarrista, compositora, cantautora, produtora musical e artista discográfico
Relacionado conBonnie "Prince" Billy, Emmett Kelly, Cap'n Jazz, Wilco, Cass McCombs, Mark Ronson, Alex Cameron
Tempo en activo2009 - presente
Na rede
angelolsen.com
IMDB: nm5074035 Facebook: angelolsenmusic Twitter: AngelOlsen Instagram: angelolsenmusic MySpace: ghostgrocersings Youtube: UC9p8x80IJBj251fDyGENdgA Bandcamp: angelolsenSouncloud: angel-olsen Spotify: 6mKqFxGMS5TGDZI3XkT5Rt iTunes: 426576022 Musicbrainz: 185527bf-c293-4c24-8213-ed98fb8976be Songkick: 732074 Discogs: 1759402 Allmusic: mn0002693655 Deezer: 614909 Genius: Angel-olsen Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Angel Olsen, nada o 22 de xaneiro de 1987 en St. Louis, Missouri, e unha músico e cantautora estadounidense de St. Louis, Missouri[1][2] que no presente vive en Asheville, Carolina do Norte.[3]

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación[editar | editar a fonte]

Aos tres anos de idade Olsen foi adoptada por unha familia de acollida que coidara dela dende pouco despois de nacer. A diferenza de idade entre ela e os seus pais deixoulle unha grande impresión. "Debido a que hai tantas décadas de diferenza entre nós, interesoume máis como foi a súa infancia", dixo dos seus pais, que aínda viven en St. Louis. "Fantaseaba sobre como sería ser mozo nos anos 30 e 50, máis que outros nenos da miña idade".[3] Olsen explicou que "miña nai só ten esa capacidade para os fillos".[3] A pesar de que nos seus primeiros anos de adolescensia quería ser unha "pop star", os seus intereses cambiaron posteriormente no instituto. Olsen fíxose máis introvertida, asistindo regularmente a concertos de punk rock e música noise no Lemp Neighborhood Arts Center e no Creepy Crawl, ademais de ir a concertos de rock cristián na cidade.[4] Comezou a aprender a tocar o piano e a guitarra e compoñía a súa propia música.[3] Dous anos despois de graduarse no Tower Grove Christian High School, Olsen mudouse a Chicago.[4]

Carreira[editar | editar a fonte]

Tras lanzar o seu primeiro EP, Strange Cacti,[5] e un álbum de estrea, Half Way Home,[6] a través do selo Bathetic Records, Olsen fichoi por Jagjaguwar, que editou o seu álbum Burn Your Fire for No Witness[7] o 17 de febreiro de 2014.[8][9] O último tema do disco, "Windows", apareceu no episodio final da serie orixinal de Netflix 13 Reasons Why en 2017.

O terceiro álbum de Olsen, My Woman, foi editado o 2 de setembro de 2016.[10][11] A crítico de Consequence Of Sound Ciara Dolan describiu o álbum como un "disco sorprendente de forza e honestidade inalcanzables",[11] mentres que Jenn Pelly de Pitchfork dixo del que era "o seu mellor disco ata agora".[12]

Ademais do seu traballo con Bonnie "Prince" Billy e The Cairo Gang, Olsen colaborou con outras figuras notables do indie rock estadounidense, como Tim Kinsella de Cap'n Jazz, LeRoy Bach de Wilco, e Cass McCombs.[13] A súa colaboración con Kinsella e Bach, ademais de co poeta de Chicago Marvin Tate, deu como resultado o álbum Tim Kinsella Sings the Songs of Marvin Tate by Leroy Bach Featuring Angel Olsen que o prupo publicou a través do selo de Indianápolis Joyful Noise Recordings o día 3 de decembro de 2013.[13]

O seu cuarto álbum, All Mirrors, foi publicado o 4 de outubro de 2019 con aclamación da crítica. Laura Snapes de Pitchfork describiu o álbum como "breathtaking",[14] mentres que Alexis Petridis de The Guardian dixo que era "desafiante e intrigante" e Luke Saunders de Happy Mag describíuno como un cambio de "transcendencia teatral"[15] en comparación cos seus anteriores traballos.

Olsen en Oslo en 2020

En 2019 o produtor Mark Ronson contou con Olsen no seu álbum Late Night Feelings, no que tamén participaron Miley Cyrus e Camila Cabello.[16]

O 28 de agosto de 2020 Olsen publicou o seu quinto álbum de estudio, Whole New Mess, a través de Jagjaguwar.[17] O álbum conta con temas de All Mirrors arranxados nun estilo máis íntimo.

En 2020, Olsen publicou varias remesturas de lanzamentos populares. O 9 de abril Olsen publicou unha remestura de "All Mirrors" producida por Johnny Jewel de Chromatics. O 3 de xuño Olsen lanzou unha remestura de "New Love Cassette" producida por Mark Ronson co cal colaborara no tema "True Blue". Tamén en 2020 Olsen traballou nunha versión de "Mr. Lonely", orixinalmente de Bobby Vinton, para o filme Kajillionaire dirixido por Miranda July. Olsen colaborou co compositor de música para películas Emile Mosseri na versión que foi lanzada o 16 de setembro de 2020 e que foi incluída na banda sonora.[18]

O 30 de marzo de 2021 Olsen anunciou unha edición especial en boxset titulada Songs of the Lark and Other Far Memories, que contén os seus dous anteriores álbums, All Mirrors e Whole New Mess, xunto con demos, cancións reelaboradas, remesturas e versións para pechar ese capítulo da súa carreira, editada a través de Jagjaguwar. Anunciouse co sinxelo principal "It's Every Season [Whole New Mess]", lanzado o 7 de maio de 2021.

O 20 de maio de 2021 Olsen lanzou un sinxelo con Sharon Van Etten, "Like I Used To", que foi producido por John Congleton. Olsen e Van Etten aparecen no vídeo musical con peiteados tipo "shag" moi semellantes.[19]

O 20 de agosto de 2021 Olsen publicou o seu cuarto EP, Aisles, formado por cinco versións de temas populares dos anos 80.[20] O escritor de Pitchfork Evan Rytlewski describíuno como "unha partida inusual para unha compositora que sempre apostou todo pola súa convicción".[21]

En 2021 tamén recibiu o Libera Awards á mellor gravación de folk/bluegrass polo seu álbum Whole New Mess (Jagjaguwar) da American Association of Independent Music (A2IM).[22]

O sexto álbum de estudio de Olsen, Big Time, editouse o 3 de xuño de 2022. O disco foi precedido polo sinxelo principal "All the Good Times", e por "Big Time".

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Half Way Home 2012 Bathetic Records
Burn Your Fire for No Witness 2014 Jagjaguwar Records
My Woman 2016 Jagjaguwar Records
All Mirrors 2019 Jagjaguwar Records
Whole New Mess 2020 Jagjaguwar Records
Big Time 2022 Jagjaguwar Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Angel Olsen Playlist - Adding Some Glam To The Gloom | NME". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2014-01-22. Consultado o 2019-12-14. 
  2. Lester, Paul (2014-01-13). "Angel Olsen (New band of the day No 1,676)". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-12-14. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Angel Olsen Will Be Heard". Spin. 2014-03-24. Consultado o 2019-12-14. 
  4. 4,0 4,1 Appelstein, Mike. "Angel Among Us: An Oral History of Angel Olsen's Time In St. Louis". Riverfront Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-14. 
  5. "Strange Cacti 12 EP | Bathetic Records". web.archive.org. 2014-02-21. Archived from the original on 21 de febreiro de 2014. Consultado o 2019-12-14. 
  6. "Half Way Home | Bathetic Records". web.archive.org. 2014-02-21. Archived from the original on 21 de febreiro de 2014. Consultado o 2019-12-14. 
  7. "Angel Olsen: Burn Your Fire for No Witness". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-14. 
  8. "Angel Olsen Breaks Down Her Smoldering New Jagjaguwar Debut". Billboard. Consultado o 2019-12-14. 
  9. "Burn Your Fire for No Witness - Angel Olsen | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-14. 
  10. "Angel Olsen Announces New Album My Woman". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-14. 
  11. 11,0 11,1 "Angel Olsen - My Woman | Album Review". Consequence of Sound (en inglés). 2016-08-31. Consultado o 2019-12-15. 
  12. "Angel Olsen: My Woman". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-15. 
  13. 13,0 13,1 "Tim Kinsella // ...Sings The Songs Of Marvin Tate...| Joyful Noise Recordings". www.joyfulnoiserecordings.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-15. 
  14. "Angel Olsen: All Mirrors". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-15. 
  15. "Most psychedelic sensory overload music videos on Youtube" (en inglés). Consultado o 2019-12-15. 
  16. "'When she howled, you could feel it': How Angel Olsen turned grief and longing into triumph". Los Angeles Times (en inglés). 2022-06-09. Consultado o 2022-06-23. 
  17. "Angel Olsen". Angel Olsen (en inglés). Consultado o 2022-06-23. 
  18. "Angel Olsen Covers “Mr. Lonely”". Pitchfork (en inglés). 2020-09-16. Consultado o 2022-06-25. 
  19. Shaffer, Claire (2021-05-20). "Sharon Van Etten, Angel Olsen Share New Song 'Like I Used To'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-06-25. 
  20. "Angel Olsen Announces New EP Aisles, Shares Cover of Laura Branigan’s “Gloria”". Pitchfork (en inglés). 2021-07-08. Consultado o 2022-06-27. 
  21. "Angel Olsen: Aisles EP". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-06-27. 
  22. "2021 Winners". Libera Awards (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2022. Consultado o 2022-06-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]