José Castro Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Castro Aragón
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1947
Córdoba, Andalucía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Actividade
OcupaciónXuíz e xurista
Período de actividade30 de xullo de 1976 Editar o valor em Wikidata - 19 de decembro de 2017 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios


José Castro Aragón, nado en Córdoba o 20 de decembro de 1947,[1] é un xuíz andaluz, especialmente coñecido pola instrución do caso Nóos[2][3] polo que foi implicado e condenado a cinco anos de cárcere o ex-duque de Palma e xenro do rei Xoán Carlos I Iñaki Urdangarin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iñantes de ser xuíz José Castro exerceu como funcionario de prisións.[4][5][6]​ Ingresou na carreira xudicial no ano 1976 e pasou por diferentes destinos como Dos Hermanas, Arrecife (Lanzarote) ou Sabadell,[4][7] até que no ano 1985 chegou a Mallorca asignado á Maxistratura de Traballo —os actuais Xulgados do Social—. Pasou cinco anos resolvendo asuntos relacionados con conflitos laborais, até que en 1990 recalou no Xulgado de instrución número 3 de Palma de Mallorca, aínda que durante un tempo tivo que compaxinar ambas as obrigacións.

Saltou á fama por ser o xuíz que instruíu a causa contra Jaume Matas,[7] antigo presidente do goberno autonómico das Illas Baleares. Dende 2010, cando comezou a instrución do chamado caso Nóos, gañou unha gran notoriedade entre a opinión pública. En 2013 converteuse no primeiro xuíz na historia de España que imputaba a un membro da Casa Real, a infanta Cristina de Borbón e Grecia.[4]

En decembro de 2017, Castro xubilouse, após 44 anos de xudicatura, 32 deles en Palma.[8]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

No ano 2018 recibiu o premio Ramon Llull, por ser un referente na loita contra a corrupción.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Castro - Noticias, reportajes, vídeos y fotografías" (en español). Libertad Digital. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  2. El Juez Castro imputa a Iñaki Urdangarin por sus presuntas estafas, Antena 3 (29 de decembro de 2011).
  3. Castro desea retrasar dos años su retiro para concluir sus casos. Xornal El País, 02/01/2015.
  4. 4,0 4,1 4,2 Castro, el azote de la corrupción que imputó por primera vez a miembros de la familia real, RTVE (4 de marzo de 2013).
  5. El magistrado al que la gente aplaude, El País (4 de marzo de 2012).
  6. José Castro Aragón, un juez famoso, muy a su pesar, La Voz de Galicia (3 de abril de 2013).
  7. 7,0 7,1 José Castro, el 'azote' de Matas, El Mundo (31 de marzo de 2010).
  8. "Se jubila José Castro, el juez que sentó a la infanta Cristina en el banquillo" (en castelán). Libertad Digital. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  9. Redacción (9 de febreiro de 2018). "El jutge Castro i el poeta Manel Marí, Premis Ramon Llull 2018". arabalears.cat (en catalán). Consultado o 13 de abril de 2021.