Jonathan Motzfeldt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJonathan Motzfeldt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Qassimiut, Groenlandia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de outubro de 2010 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Qaqortoq, Groenlandia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata
Presidente do Parlamento de Groenlandia
2002 – 2008
Primeiro ministro de Groenlandia
19 de setembro de 1997 – 14 de decembro de 2002
← Lars-Emil JohansenHans Enoksen →
Presidente do Parlamento de Groenlandia
1997 – 1997
Primeiro ministro de Groenlandia
1 de maio de 1979 – 18 de marzo de 1991
Presidente do Parlamento de Groenlandia
1979 – 1988 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSiumut Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMargit Motzfeldt Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1679139 WikiTree: Motzfeldt-23 Editar o valor em Wikidata

Jonathan Jakob Jørgen Otto Motzfeldt, nado en Qassimiut o 25 de setembro de 1938, e finado en Qaqortoq o 28 de outubro de 2010,[1] foi un político e sacerdote groenlandés. Está considerado unha das principais figuras na creación do Goberno de Groenlandia.[2] Jonathan Motzfeldt foi o primeiro primeiro ministro de Groenlandia, de 1979 até 1991, e de novo dende 1997 até 2002. Foi o primeiro ministro de Groenlandia máis lonxevo e gañou o maior número de eleccións de calquera primeiro ministro de Groenlandia. Foi considerado un político de centroesquerda e Groenlandia converteuse nun país recoñecido durante o seu mandato.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jonathan "Junnuk" Motzfeldt naceu en 1938 no asentamento de Qassimiut, no sur de Groenlandia. Era fillo do cazador Søren Motzfeldt (1902-1984) e da súa muller Kirsten Klemmensen (1904-1979).[3]

Logo do seu exame para ser profesor no Ilinniarfissuaq en Nuuk en 1960, estudou teoloxía na Universidade de Copenhague até 1966, e traballou posteriormente como pastor en Qaqortoq, Groenlandia até 1979.[2][4]

En 1992, Jonathan Motzfeldt casou con Kristjana Guðrún Guðmundsdóttir (nada en 1951) de Islandia. Non tiveron fillos.[5] Porén, el tivo dous fillos dunha relación anterior con Margit Kock Petersen: unha filla, Karen Motzfeldt (nada en 1966) e un fillo, Claus Motzfeldt (nado en 1969).[6][7] O xogador de balonmán groenlandés Hans Peter Motzfeldt-Kyed é o sobriño de Motzfeldt.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Xa a mediados da década de 1950, Jonathan Motzfeldt comezou a súa batalla pola autonomía de Groenlandia cun grupo de mozos activistas inuit.[5] A comezos da década de 1970 Motzfeldt involucrouse no movemento independentista socialdemócrata Siumut. Despois de situarse á fronte do proceso de emancipación política que a poboación de Groenlandia comezou en serio a principios dos anos 70, Motzfeldt converteuse en sinónimo de Autonomía de Groenlandia. Conseguiu o poder case absoluto a través dunha serie de purgas políticas, onde vellos camaradas como Lars-Emil Johansen, Moses Olsen, Lars Chemnitz e Emil Abelsen quedaron á marxe.

En 1977 foi elixido presidente do partido Siumut por primeira vez. Ademais, actuou como presidente do Parlamento de Groenlandia de 1979 a 1988, en 1997 e de 2002 a 2008.[8]

O 1 de maio de 1979, Jonathan Motzfeldt converteuse no primeiro primeiro ministro de Groenlandia. Dirixiu o goberno durante case doce anos ata o 18 de marzo de 1991, cando se viu obrigado a dimitir e abandonar a política por mor dun problema co alcohol.[5] Porén, foi premiado con varios postos clave na parte pública da economía de Groenlandia. O cargo de primeiro ministro foi a continuación para Lars-Emil Johansen. Debido en parte, pero non exclusivamente, ao propio alcoholismo deste último, Motzfeldt volveu ocupar o cargo de primeiro ministro en 1997. Ocupou este cargo ata 2002, cando se viu obrigado a convocar novas eleccións por mor das serias críticas do parlamento á xestión da economía. O compañeiro do partido, Hans Enoksen, foi elixido primeiro ministro de Groenlandia o 14 de decembro de 2002. Josef "Tuusi" Motzfeldt, o líder do Inuit Ataqatigiit, converteuse en viceprimeiro ministro no novo goberno.[9]

Jonathan Motzfeldt volveu ser elixido presidente do parlamento groenlandés. O seu último ano político estivo marcado polo abuso de alcohol e gastos incontrolados en viaxes e representación.

Jonathan Motzfeldt nunha feira do libro en Copenhague en novembro de 2008.

Motzfeldt dimitiu como presidente do Parlamento de Groenlandia o 18 de xaneiro de 2008 en medio das acusacións de que tocara a unha funcionaria que o denunciou á policía. Motzfeldt negou os feitos. O caso foi posteriormente arquivado, sen cargos.[5] A súa compañeira do partido Ruth Heilmann converteuse na súa sucesora como voceira do parlamento.

Na primavera de 2009 Motzfeldt foi o centro dun grande escándalo que implicaba o abuso de fondos públicos con fins privados. O xornal AG documentou que ata 2008 deixara que o goberno pagara as ceas privadas. Ademais, era o diñeiro público o que pagaba cando o expresidente do Goberno consumía grandes cantidades de alcol. O escándalo culminou cando durante un breve período antes das eleccións parlamentarias de xuño de 2009 se lle negou subir a un helicóptero en Qaqortoq debido a unha intoxicación. Non foi reelixido nas eleccións parlamentarias do 2 de xuño de 2009.

Morte[editar | editar a fonte]

Motzfeldt morreu o 28 de outubro de 2010, con 72 anos, por mor dunha hemorraxia cerebral.[5] No momento do seu pasamento, Motzfeldt era o presidente do Consello Nórdico Occidental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jonathan Motzfeldt er død" (en dinamarqués). BT. 28 de outubro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Greenland mourns politician Jonathan Motzfeldt Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine., nunatsiaqonline.ca, 29 de outubro de 2010
  3. Familien Søren Motzfeldt/Kirsten Klemmensen Arquivado 2015-08-15 en Wayback Machine., akj-cbj.dk
  4. Jonathan Motzfeldts datter: Jeg er ikke min far og bliver det aldrig, sermitsiaq.ag, 18 de novembro de 2014
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 J. Motzfeldt, Ex-Premier Hailed as a Pillar of Greenland, Dies at 72, nytimes.com, 29 de outubro de 2010
  6. Familien Jonathan Jørgen Jacob Otto Motzfeldt/Margit Kock Petersen Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., agerbaeks.dk
  7. Farvel far, sermitsiaq.ag, 5 de novembro de 2010
  8. "Guided Tour of Inatsisartut" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2023. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  9. Unilingual Inuk becomes Greenland’s new premier Arquivado 29 de xullo de 2012 en Wayback Machine., nunatsiaqonline.ca, 13 de decembro de 2002

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]