Fredric Jameson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fredric Jameson
Nacemento14 de abril de 1934
Lugar de nacementoCleveland
NacionalidadeEstados Unidos
Alma máterHaverford College, Universidade Yale e Moorestown Friends School
Ocupaciónensaísta, politicólogo, escritor, catedrático, crítico literario, sociólogo, xornalista, editor literario, político, filósofo, teórico literario e mestre
Coñecido porRaymond Chandler
PremiosPrêmio Comemorativo Internacional Holberg, Pilgrim Award, Wilbur Cross Medal, Bolsa de estudos Guggenheim e William Riley Parker Prize
editar datos en Wikidata ]

Fredric Jameson, nado en Cleveland (Ohio) o 14 de abril de 1934, é un crítico e teórico literario de ideoloxía marxista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de licenciarse no Haverford College en 1954, trasladouse a Europa por un breve período, estudou en Aix en Provence, Múnic e Berlín, onde se puxo ao tanto das últimas tendencias en filosofía continental, incluído o estructuralismo. Ao ano seguinte, volveu aos Estados Unidos para facer o doutoramento na Universidade de Yale, baixo a dirección de Erich Auerbach.

Obtivo recoñecemento pola súa análise das tendencias da cultura contemporánea, especialmente despois de publicar o libro Postmodernism, or the cultural logic of late capitalism ('O posmodernismo ou a lóxica cultural do tardocapitalismo', Durham: Universidade de Duke, 1991). Jameson considera o posmodernismo como a claudicación de cultura contra a presión do capitalismo organizado, pensamento que vencella coa súa teoría da posmodernidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Rubín, A. (2011): Entre posmodernidade e utopía. Unha introdución ao pensamento de Fredric Jameson. Santiago de Compostela: Estaleiro Editora.