Ramona Vaamonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramona Vaamonde Fernández
Nacemento28 de abril de 1907
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento9 de agosto de 1997
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfarmacéutica e microbióloga
Na rede
Dialnet: 4454095
editar datos en Wikidata ]

Ramona Vaamonde Fernández, nada en Santiago de Compostela, o 28 de abril de 1907 e finada na mesma vila o 8 de agosto de 1997,[1] foi unha doutora en Farmacia que destacou no eido da microbioloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Era filla do doutor Joaquín Vaamonde Rodríguez, médico compostelán pioneiro da Radioloxía en Galicia. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1930[2][3] con premio extraordinario de Licenciatura e 12 sobresaíntes e matrículas de honra. En 1937 durante a guerra civil, e na súa etapa no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago, obtivo o título de enfermeira[2].

Labor docente[editar | editar a fonte]

Traballou como axudante de clases prácticas de Microbioloxía na Universidade de Santiago de 1952 a 1956. Foi nomeada Profesora adxunta da Cátedra de Microbioloxía en 1956. En 1957 leu a súa tese de doutoramento en Farmacia titulada Estudios sobre el metabolismo de los ácidos nucléicos de las bacterias e dirixida por Benito Regueiro Varela.[3]

Desde 1967 foi docente encargada da materia de Microbioloxía e Técnica microbiolóxica e no mesmo ano foi nomeada profesora agregada de Parasitoloxía. En setembro de 1975 detectou prontamente a presenza do virus do cólera evitando así unha epidemia[4]. Xubilouse en 1977.

Obras[editar | editar a fonte]

Vencellada sempre á cátedra de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Ramona participou en varias publicacións:[3]

  • "Estudios sobre el metabolismo de los ácidos nucleicos de las bacterias. I. Relación entre crecimiento y contenido en ácidos nucleicos de bacterias en caldo común". Microbiol Esp. 1957; 10 (4): 461-485 (en colaboración co doutor Benito Regueiro Varela)
  • "Influencia de la composición del medio de cultivo sobre la acción enzimática de las bacterias" en colaboración co doutor Benito Regueiro Varela. Comunicación ao IV Congress of Biochemistry, Vienna 1958
  • "Estudio del metabolismo de los ácidos nucleicos bacterianos. II. Metabolismo de los ácidos nucleicos de Escherichia coli en medio sintético". Microbiol Esp. 1958; 11 (1):77-90 (en colaboración co doutor Benito Regueiro Varela)
  • "Estudios sobre el metabolismo de los ácidos nucleicos de las bacterias. IV. Influencia de algunos factores en la actividad enzimática de los filtrados bacterianos en ácido ribonucleico". Microbiol Esp. 1960; 13: 1-14 (en colaboración co doutor Benito Regueiro Varela)
  • "Influence of composition of culture medium on the enzymatic action of bacteria". Rev Esp Fisiol. 1958; 14 (4):215 (en colaboración co doutor Benito Regueiro Varela)
  • "Lisis de Staphylococci y estudio de los lisados". Microbiol Esp. 1971; 24 (2): 103-113 (En colaboración con Nogueira Calvo, C. e Regueiro Varela B.)
  • "Reserva endógena de Staphylococci". Rev Esp Fisiol. 1971; 27 (2): 103-110 (En colaboración con Nogueira Calvo, C. e Regueiro Varela B.)
  • "Prácticas de bromatología" en colaboración con Jesús Simal Lozano (1983). Santiago de Compostela: Imprenta universitaria-Pabellón de Servicios Universidad de Santiago ISBN 84-300-8774-5
  • Manual de técnicas Microbiológicas.Santiago: USC, 1980. (Obra colaboración con Benito Regueiro Varela.)[5]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

  • En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morales y Morales, Alfonso (28-04-2011). "Recordando a mi profesora de Microbiología, a Ramonita Baamonde". eldia.es. Consultado o 14-03-2018. 
  2. 2,0 2,1 Brasa e Landín (2011)
  3. 3,0 3,1 3,2 Brasa Arias (2011)
  4. Manuel Rey (5 de abril de 2018). "Así se contivo o cólera en Santiago en 1975". GCiencia. 
  5. "Ficha de Manual de técnicas Microbiológicas". datos.bne.es. Consultado o 14 marzo 2018. 
  6. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]