José Jeremias Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Jeremias Montero
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Jeremias Montero, nado en Santiago de Compostela en 1892 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1944,[1] foi un practicante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fíxose practicante en 1926. Na Segunda República foi nomeado practicante municipal de Santiago de Compostela en setembro de 1931. Foi vogal do Centro Republicano de Santiago de Compostela (1931),[2] tesoureiro do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega (1932),[3] e militou en Vanguardia de Izquierda Republicana.[4]. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado polos montes da Mahía. Foi detido en 1937 acusado de incitar aos gardas para botarse á rúa e intentar asaltar o cuartel de artillaría, acción que en realidade protagonizou o seu irmán Juan Jeremias Montero. Foi xulgado en Compostela por auxilio á rebelión o 20 de marzo de 1937.[5] Aínda que o fiscal solicitaba cadea perpetua, finalmente foi condenado a 9 anos de prisión.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Arca Guerra. A súa única filla, Encarna Jeremias Arce, finou en abril de 1941 con 23 anos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Correo Gallego, 12-11-1944, p. 2.
  2. La Voz de Galicia 6-8-1931, p. 8.
  3. La Voz de Galicia, 9-2-1932, p. 9
  4. Tojo Ramallo, José Antonio (1990). Do Castro, ed. Testimonios de una represión. Santiago de Compostela Julio 1936 - Marzo 1937. Sada. p. 95. ISBN 84-7492-498-7. 
  5. El Eco de Santiago, 20-3-1937, p. 2.
  6. El Correo Gallego, 4-4-1941, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]