Otto Hahn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOtto Hahn

Otto Hahn, 1938
Nome orixinal(de) Otto Hahn Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1879
Frankfurt (Imperio Alemán) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1968 (89 anos)
Göttingen Alemaña Alemaña
Lugar de sepulturaCemiterio municipal de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAlemaña Alemaña
País de nacionalidadehúngaro
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
Educación
  • Universidade de Marburg
  • Director de teseTheodor Zincke (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Coñecido por
  • Isómero nuclear
  • Fisión nuclear
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Radioquímica e Química nuclear
  • Ocupaciónquímico , científico nuclear , escritor de non ficción , profesor universitario , autobiógrafo Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade Cornell (1933–1933)
    Universidade Humboldt de Berlín (1907–1933)
    Universidade McGill (pt) Traducir (1905–1906)
    University College de Londres (1904–1905)
    Universidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir
    Universidade Libre de Berlín Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
    Carreira militar
    ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
    Obra
    DoutorandoWalter Seelmann-Eggebert (pt) Traducir, Abdul Hafeez (en) Traducir, Aristid von Grosse (pt) Traducir, Clara Lieber (en) Traducir, Fritz Strassmann, Salomon Rosenblum (en) Traducir, Hans-Joachim Born (pt) Traducir, Siegfried Flügge (pt) Traducir e Nikolaus Riehl (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Familia
    Cónxuxe
  • Edith, nada coma Junghans (1913)
  • FillosHanno Hahn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Cronoloxía
    1943-15 de outubro de 1945Operação Alsos (pt) Traducir
    Operation Epsilon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Premios
  • Premio Nobel de Química (1944)
  • Medalla Faraday (1956)
  • Premio Enrico Fermi (1966)
  • Sinatura
    Editar o valor em Wikidata

    Musicbrainz: a671853c-7f1c-470f-b570-b9a27d8d711b WikiTree: Hahn-3824 Find a Grave: 23903675 Editar o valor em Wikidata


    Otto Hahn, nado o 8 de marzo de 1879 en Frankfurt (Alemaña) e finado o 28 de xullo de 1968, foi un químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química en 1944.

    Biografía[editar | editar a fonte]

    Naceu en Frankfurt e estudou química en Marburg e en Múnic. Tras recibir o seu doutoramento en filosofía en 1901, traballou na universidade de Marburg; en 1904 pasou a Londres e ao ano seguinte a Montreal, para finalmente establecerse en Berlín en 1906. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1944 polos seus traballos pioneiros no campo da radioactividade.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Otto Hahn e Lise Meitner.

    Xunto a Lise Meitner e Otto von Baeyer, desenvolveu unha técnica para medir os espectros da desintegración beta de isótopos radioactivos; para a súa fortuna este logro foi recoñecido e aseguroulle o posto de profesor no Instituto de Química Kaiser-Wilhelm de Berlín en 1912. En 1918, xunto con Meitner, descubriu o protactinio. Cando Meitner fuxiu da Alemaña nazi en 1938, el continuou o traballo con Fritz Strassmann na dilucidación do resultado de bombardeo do uranio cos neutróns térmicos. Comunicou os seus resultados a Meitner quen, en colaboración co seu sobriño Otto Roberto Frisch, interpretounos correctamente como evidencia da fisión nuclear (unha frase acuñada por Frisch). Unha vez que a idea da fisión foi aceptada, Hahn continuou os seus experimentos e demostrou as cantidades enormes de enerxía que a fisión inducida con neutróns podería xerar para uso pacífico ou para a guerra.

    Ao transcorrer a segunda guerra mundial, Otto Hahn estivo entre os científicos alemáns postos baixo vixilancia polo programa aliado ALSOS, que o incluíu no proxecto alemán de enerxía nuclear para desenvolver unha bomba atómica (a súa soa conexión era o descubrimento da fisión, el non traballou no programa). A Hahn foille concedido o premio Nobel de Química en 1944, pero na cerimonia de entrega o presidente do comité Nobel para Química anunciou: "O profesor Hahn informounos que estima deplorable asistir a esta cerimonia." Foi apresado polos británicos, quen buscaban información sobre o esforzo alemán, errado, de desenvolver unha bomba atómica.

    Na era da posguerra Hahn destacou como un firme opositor ao uso de armas nucleares. Propúxose en diversas ocasións que os elementos 105 e 108 da táboa periódica se chamasen Hahnium en honra de Hahn, pero ningunha destas propostas foi aprobada. Con todo, un dos poucos buques mercantes de propulsión nuclear do mundo, o Otto Hahn, foi bautizado así na súa honra.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    "Instituto de Química Kaiser-Wilhelm-" (actualmente: Edificio Otto Hahn da Universidade Libre de Berlín).

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    George de Hevesy
    Premio Nobel de Química

    1944
    Sucesor:
    Artturi Ilmari Virtanen