Adolfo Rey Ruibal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolfo Rey Ruibal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1867 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1923 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Retratos de Adolfo Rey en El Eco de Galicia e Almanaque Gallego, 1898.

Adolfo Rey Ruibal nado na Coruña en 1867 e finado en Buenos Aires en marzo de 1923, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou, na Coruña, a carreira de Peritaxe Mercantil e estudou na Escola de Belas Artes. De moi novo, emigrou á Arxentina, dedicándose ao comercio en Buenos Aires. Colaborou en diversos diarios e revistas, coma Galicia Moderna, Almanaque Gallego e El Eco de Galicia utilizando os pseudónimos "Fol de gaita", "Butifarra" e "El caballero sin parné". Foi vicepresidente da Liga Redencionista Gallega de Buenos Aires (1910) e pertenceu á Asociación Española de Socorros Mutuos da que foi secretario en 1915. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Septenvirato (Buenos Aires, 1900),
  • Saudades. Recuerdos y memorias de Marineda (Buenos Aires, 1901)
  • Virutas (Buenos Aires, 1913),
  • Notas de verano. Descripciones sudamericanas (Buenos Aires, 1913).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]