Alfred von Sallet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfred von Sallet
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1842
Niemcza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 1897
Berlín
Alemaña Alemaña
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Coñecido porEstudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGabinete Numismático de Berlín Editar o valor em Wikidata
Influencias
- August Boeckh
- Theodor Mommsen
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
(1897): Medalla da Royal Numismatic Society.


Alfred Friedrich Constantin von Sallet, nado o 19 de xullo de 1842 en Niemcza, Reino de Prusia (actualmente en Polonia), e finado o 25 de novembro de 1897 en Berlín, foi un numismático alemán. [1][2][3][4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alfred von Sallet naceu na vila de Niemcza, na Silesia prusiana, fillo do escritor Friedrich von Sallet e de Caroline von Burgsdorff. Cursou a súa educación primaria en Wrocław e fixo os seus estudos secundarios en Görlitz, onde se graduou en 1862. Nese momento comezou o seu interese polas moedas, que comezou a coleccionar, xunto con outros obxectos, como os minerais. Posteriormente estudou Arqueoloxía e Historia na Universidade de Berlín, onde tivo profesores como August Boeckh e Theodor Mommsen.[1][2][3]

Graduouse na universidade en 1865 e catro anos máis tarde foi contratado por Julius Friedländer no Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín. En 1870 ascendeu a asistente da dirección e a partir de 1884 pasou a exercer como director da institución, logo do falecemento de Friedländer, posto que ocupou ata a súa morte en 1897.[1][2][3][6]

Von Sallet foi un dos impulsores dos estudos numismáticos en Alemaña, non só polo seu labor no Münzkabinett senón tamén na súa abundante produción científica, centrada fundamentalmente na moeda clásica e na medalla renacentista. Moitos dos seus artigos (máis de 80) foron publicados en Zeitschrift für Numismatik, unha revista da que foi cofundador e que dirixiu entre 1874 e 1897, editada pola Sociedade Numismática de Berlín (Numismatische Gesellschaft zu Berlin).[1][2][6][7]

Alfred von Sallet morreu como consecuencia da gripe o 25 de novembro de 1897.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Escolma de monografías[editar | editar a fonte]

Esta é unha relación das monografías máis salientables publicadas ao longo da carreira acad´ñemica de Alfred von Sallet.[9][10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Dannenberg, H. (1898).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Sallet, Alfred von". En Weil, R. (1907). Páxinas 689-692.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Franke, P. R. "Sallet, Alfred von Arquivado 30 de decembro de 2020 en Wayback Machine.". Kulturalportal West-Ost.
  4. Ambrosoli, S. (1898).
  5. Schöne, R. (1898).
  6. 6,0 6,1 Ambrosoli, S. (1898). Páxina 131, 133.
  7. Acceso en liña: artigos publicados en Zeitschrift für Numismatik.
  8. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  9. "Sallet, Alfred Friedrich Constantin von 1842-1897 Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  10. "Alfred von Sallet". Katalog der Deutschen Nationalbibliothek.
  11. Ambrosoli, S. (1898). Páxina 132.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]