Manuel Rivera y Sempere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Rivera y Sempere

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1834 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1918 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Coñecido porDeseños de dirixibles
Actividade
Ocupacióninventor , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePilar Atienza Ramos

Manuel Rivera y Sempere, nado en Vigo en 1834 e finado na mesma cidade en 1918, foi un militar e inventor español que realizou diversas investigacións sobre a aeronáutica e en particular sobre o dirixible.

Traxectoria militar[editar | editar a fonte]

Diagramas de Rivera incluídos no seu artigo Memoria sobre la navegación aérea de 1865

Manuel Rivera procedía dunha familia de militares. Ingresou na Real Academia de Artillaría de Segovia en 1852 onde permaneceu catro anos ata completar a súa formación. Foi profesor desta academia durante dous anos, entre 1858 e 1860.

En 1861 foi destinado a Filipinas. Ese mesmo ano casou con Pilar Atienza. O infante Francisco de Paula de Borbón, tío da Raíña Isabel II e pai do rei consorte, foi padriño da súa voda. Regresou á península en 1867 e ocupou distintos destinos en Vigo, Barcelona e Segovia. Retirouse en 1886 con 52 anos de idade sendo tenente coronel.

Achegas científicas[editar | editar a fonte]

En 1865 publicou na revista Memorial de artillería un artigo no que propoñía a construción dun dirixible cunha máquina de vapor incorporada e un sistema de propulsión a chorro. Esta solución era tecnicamente mellor en canto á capacidade da dirección da aeronave que o prototipo de Henri Giffard de 1852, considerado como o primeiro dirixible que podía manexarse por medio de timóns, a diferenza do globo aerostático. É probable que Rivera non coñecese a invención de Giffard polo illamento científico de España nesta época e tendo en conta ademais que residía nas illas Filipinas.

A comezos do século XX o desenvolvemento dos motores de explosión fixo que Rivera retomase o interese polos dirixibles cando xa estaba retirado do exército. Escribiu un libro titulado Memoria sobre navegación aérea, descriptiva de un sistema en 1904 e pouco despois patentou un modelo de dirixible, que naquel momento xa se coñecían especialmente grazas ás propostas de Ferdinand von Zeppelin.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VV.AA. (2017). La aportación de Manuel Rivera a la navegación aérea (en castelán). Madrid: Ministerio de Defensa y Ministerio de Economía, Industria y Competitividad. ISBN 978-84-92546-26-8.