Friedrich Karl von Savigny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFriedrich Karl von Savigny

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Friedrich Carl von Savigny Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1779 Editar o valor em Wikidata
Frankfurt Editar o valor em Wikidata
Morte25 de outubro de 1861 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Membro da Câmara dos Lordes da Prússia (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Philipps de Marburgo
Universidade de Jena
Universidade de Leipzig Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXurisprudencia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Marburgo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxurista , político , filósofo , profesor universitario , historiador do dereito , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Philipps de Marburgo
Universidade de Berlín
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosRudolf von Gneist, Karl Eduard Otto (pt) Traducir e Friedrich von Wyss (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoTimofey Granovsky (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeGunda von Savigny
ParellaKaroline von Günderrode (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosKarl Friedrich von Savigny (pt) Traducir
 () Gunda von Savigny (pt) Traducir
Leo von Savigny
 () Gunda von Savigny (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiChristian Carl Ludwig Ritter von Savigny Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Von_Savigny-4

Friedrich Karl von Savigny, nado en Frankfurt do Meno o 21 de febreiro de 1779[1] e falecido en Berlín o 25 de outubro de 1861, foi un xurista alemán, dos máis influíntes no século XIX e fundador da escola histórica do dereito alemá. As súas ideas tiveron unha grande influencia no dereito alemán e tamén nos países de tradición romano-xermánica especialmente no eido do dereito civil.

Savigny foi o creador e desenvolvedor do concepto de relación xurídica e doutros conceptos relacionados, como o feito xurídico; igualmente, o seu método histórico influíu, entre outros movementos, na xurisprudencia dos conceptos.

Foi profesor nas universidades de Marburgo (1803-1808) e de Landshut (1808-1810) e o primeiro catedrático de Dereito romano na Universidade de Berlín, onde ensinou até 1842. Ocupou tamén varios cargos públicos no Estado prusiano, do que foi ministro para a reforma lexislativa (1842-1848). Renunciou en 1848, por mor da vaga de revolucións e se dedicouse exclusivamente a realizar traballos científicos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Retrato en 1805.

Naceu en Frankfurt no seo dunha familia de Lorena, cuxo nome deriva do castelo de Savigny preto de Charmes, no val do Mosela.[1] Outra teoría indica que naceu en Francia, e como a súa familia era protestante (o pai luterano e a nai calvinista),[1] tiveron que fuxir a Alemaña e, por iso, agregou a partícula "von" ao seu apelido para borra-la pegada da súa orixe francesa.

Quedou orfo aos 13 anos e foi educado por un titor até que, en 1795, con 16 anos, entrou na Universidade de Marburgo, onde, nun estado de saúde complicado, asistiu ás clases dos profesores Anton Bauer e Philipp Friedrich Weiss;[1] o primeiro un pioneiro na reforma do dereito penal alemán, e o segundo, moi distinguido polo seu coñecemento da xurisprudencia medieval.

Como era costume entre os estudantes alemáns, Savigny visitou diversas universidades: de 1796 a 1797 estivo en Gotinga, e de 1799 a 1800 en Jena, Leipzig e Halle-Wittenberg.[1] De volta a Marburgo, conseguiu o seu doutoramento no ano 1800 e, alí, converteuse en profesor impartindo clase sobre código penal e dando conferencias sobre dereito penal e as Pandectas.[1]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

En 1803, publicou o seu coñecido Das Recht des Besitzes (en galego, O dereito de posesión). Este libro foi eloxiado polo gran xurista Thibaut, que o cualificou de obra mestra que remataba co estudo acrítico do dereito romano. Pronto obtivo unha importante reputación a nivel europeo, e converteuse nunha eminencia na historia da xurisprudencia. Pouco despois, casou con Kunigude Brentano, irmá de Bettina von Arnim e o poeta Clemens Brentano, e ese mesmo ano empezou unha viaxe por Francia e o sur de Alemaña en busca de fontes novas sobre o dereito romano, atopándoas durante a súa estancia parisiense.

En 1808, marchou ao reino de Baviera, onde foi designado profesor de dereito romano polo goberno bávaro na universidade de Landshut, e permaneceu aló durante ano e medio. En 1814, estaba en Francia cando se produciu o debate doutrinal entre Anton Friedrich Justus Thibaut e mais el, sobre a cuestión da introdución do código civil napoleónico no dereito alemán. De feito, Thibaut era partidario desta transposición mentres que Savigny avogaba por un retorno á "auténtica lei alemá".[2]

En Berlín[editar | editar a fonte]

Capa de Das Recht des Besitzes (4ª edición de 1822).

En 1810, chamárono para ocupa-la cátedra de Dereito romano na nova Universidade de Berlín, por mor da marcha de Wilhelm von Humboldt. Aquí un dos seus obxectivos foi crear un Spruch-Collegiu, un tribunal extraordinario competente de opinar sobre casos remitidos polos tribunais ordinarios; e tomou unha parte activa nos seus traballos. Este foi o momento máis activo da súa vida laboral.

Posteriormente, foi nomeado reitor da universidade (foi o terceiro teitor) e, a seguir, traballou como o titor do príncipe herdeiro para lle ensinar dereito romano, o código penal e a lei prusiana. Unha consecuencia importante da súa estancia en Berlín foi a súa amizade con Niebuhr e Eichhorn.

En 1814, publicou o seu folleto Vom Beruf unserer Zeit für Gesetzgebung ind Rechtswissenschaft (nova edición, 1892). O folleto protestaba contra a demanda da codificación, e foi estimado como unha resposta ao folleto de Thibaut que impulsaba a necesidade de crear un código para Alemaña que debería ser independente da influencia de sistemas legais estranxeiros. Neste folleto famoso, Savigny non se opoñía á introdución de novas leis ou, mesmo, a un novo sistema de leis. Porén, a súa oposición á codificación proposta radicaba en dous aspectos:

  • O dano causado pola neglixencia das antigas xeracións de xuristas non podía ser reparado con rapidez, e decidiron que o tempo poría as cousas no seu lugar.
  • Medo á unha suposta lei natural, coa súa "arrogancia infinita " e a súa "filosofía mediocre" que arruína o esquema.

O valor verdadeiro deste folleto residía en que salvou á xurisprudencia das abstraccións, como nas Institucións juris naturae et gentium de Christian Wolff, e demostrou que un estudo histórico da lei positiva precedente era unha condición necesaria para a comprensión das leis da ciencia do dereito.

En 1815, Savigny fundou, con Karl Friedrich Eichhorn, e Johann Friedrich Ludwig Göschen, o Zeitschrift für geschichtliche Rechtswissenschaft, o órgano da nova escola histórica, da cal el era o representante. Neste xornal (vol. III, p. 129 seq.) Savigny deu a coñecer ao mundo o descubrimento en Verona, por Barthold Georg Niebuhr, dun texto perdido de Gaio, demostrando que era deste e non de Ulpiano, como suxería Niebuhr.

O resto da vida de Savigny consistiu en pouco máis que unha lista das honras merecidas que recibiu de mans do seu soberano, e dos traballos que publicou con actitude infatigable. En 1815 apareceu, tamén, o primeiro volume do seu Geschichte des la römischen Rechts im Mittelalter, e a publicación do derradeiro volume prolongouse até 1831. Este traballo, ao qu fora incitado por un dos seus primeiros profesores -Weiss-, estaba pensado par ser unha historia literaria de Dereito romano dende Irnerius até o presente. Porén, non seguiu máis aló do século, cando a separación de nacionalidades molestou as fundacións da ciencia de lei.

O seu método non era simplemente de tipo bibliográfico senón que era filosófico. Isto revelou a historia do Dereito romano, da rotura do Imperio até o principio do século XII, e mostrou como, aínda que considerado morto, o Dereito romano perviviu, en certa maneira, en cidades, en doutrinas eclesiásticas e ensinanzas da escola, até que volveu florecer unha vez máis no esplendor de Boloña e outras cidades italianas. Esta historia foi unha prima opera de moitos traballos valiosos nos que publicou o resultado das súas investigacións.

En 1817, foi designado membro da comisión para organiza-los estados prusianos provinciais, e tamén foi membro do Ministerio de Xustiza no Staatsrath, e en 1819 converteuse en membro do tribunal de casación para as Provincias do Rin. En 1820, foi nomeado membro da comisión para revisar o código prusiano.

En 1822, sofreu unha grave enfermidade nerviosa que o obrigou a se refuxiar en viaxes. En 1835 comezou a elaborar o seu traballo no dereito romano contemporáneo, System deas heutigen römischen Rechts (realizado en 8 volumes, entre 1840-1849). A súa actividade como profesor rematou en marzo de 1842, cando foi nomeado Grosskanzler (Alto Chanceler), un título creado por Federico o Grande en 1746 ao funcionario que estaba á cabeza do sistema xurídico en Prusia. Nesta posición levou a cabo diversas e importantes reformas da lexislación en materia de letras de cambio e o divorcio. Ocupou o cargo até 1848, cando dimitiu.

En 1850, con ocasión da conmemoración da obtención do seu grao de doutor, apareceu en cinco volumes o seu Vermischte Schriften, que consistía nunha colección das súas obras menores publicadas entre 1800 e 1844. Este evento deu lugar a moito entusiasmo en toda Alemaña en honra do gran mestre e fundador da moderna xurisprudencia. En 1853 publicou o seu tratado sobre os Contratos (Das Obligationenrecht), un complemento ao seu traballo sobre o dereito romano moderno, no que demostrou claramente a necesidade do tratamento histórico da lei.

En 1861, Savigny morreu en Berlín. O seu fillo, Karl Friedrich von Savigny (1814-1875), foi ministro de Prusia de relacións exteriores en 1849. Representou a Prusia en importantes transaccións diplomáticas, especialmente en 1866.

Historiografía[editar | editar a fonte]

Pertenceu á escola histórica do dereito, coa cal encabezou a reacción contra o dogmatismo racionalista dos Ilustrados, e a súa tráxica consecuencia: a Revolución francesa. Na súa obra "Da vocación do noso tempo pola lexislación e a xurisprudencia" expuxo unha oposición ao dereito natural racionalista (Samuel Puffendorf), que podía ser atopado pola razón e que non son máis que ideas.

Sostiña que o dereito debía ser á medida de cada pobo, do seu Espírito (Volkergeist), do mesmo xeito que o é a linguaxe. Atopar o dereito faise por medio da historia para que logo o estuden os xuristas. Así cousas que para uns pobos están moi mal, para outros están ben, como a escravitude.

Selo alemán de 1957 en homenaxe a Savigny.

Legado[editar | editar a fonte]

Marcou un gran avance tanto nos resultados como nos métodos xurídicos. Savigny tratou de demostrar que no dereito romano sempre a posesión fai referencia a usucapion ou a interdicts; que non existe un dereito á continuidade na posesión, senón só á inmunidade de interferencia; posesión que se basea na conciencia de poder ilimitado.

Estas e outras propostas mantéñense con gran agudeza e o enxeño inigualable na interpretación e a harmonización dos xuristas romanos. A polémica que se levou a Alemaña é por Ihering, o barón, Gans Bruns e pon de manifesto que moitas conclusións de Savigny non foron aceptadas. O Beruf unserer Zeit expresa a idea, descoñecida en 1814, de que o dereito é parte integrante da vida nacional, e combate a idea, demasiado asumida polos franceses, sobre todo no século XVIII, e levada á práctica por Bentham, de que a lei podería ser arbitrariamente imposta a un país, independentemente do seu grao de civilización e a historia pasada. Mesmo máis valioso que os seus servizos na consolidación da "escola histórica de xurisprudencia" é o enfático recoñecemento á súa obra o feito de que a práctica e a teoría da xurisprudencia non poden separarse sen prexuízo para ámbalas dúas.

Obra[editar | editar a fonte]

Como autor[editar | editar a fonte]

  • 1803 - Das Recht des Besitzes (O dereito de posesión)
  • 1814 - Vom Beruf unserer Zeit für Gesetzgebung und Rechtswissenschaft (Da profesión do noso tempo para a lexislación e a xurisprudencia)
  • 1815 a 1831 - Geschichte des römischen Rechts im Mittelalter (Historia do Dereito romano na Idade media)
  • 1840 a 1849 - System des heutigen römischen Rechts (Sistema do Dereito romano actual, en 8 volumes)
  • 1850 - Vermischte Schriften (Escritos Diversos)
  • 1851 - "Methodenlehre der Rechtswissenschaft" (Metodoloxía xurídica)
  • 1853 - Obligationenrecht (Dereito de obrigas)

Como editor[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Montmorency (1913), p, 561
  2. Carbonnier 1994, p. 91

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arruda, João (1942). Filosofia do direito. Vol. I (en portugués). São Paulo: Faculdade de Direito da Universidade de São Paulo. 
  • Carbonnier, Jean (1994). Sociologie juridique. Colección: Quadrige manuels (en francés). París: PUF. ISBN 978-2-13-073583-0. 
  • Del Vecchio, Giorgio (1972). Lições de filosofia do direito. Volume I (en portugués). Coímbra: Armênio Amado. 
  • Legaz Lacambra, Luis (1953). Filosofia del derecho (en castelán). Barcelona: Bosch. 
  • Larenz, Karl (1997). Metodologia da ciência do direito (en portugués) (3ª ed.). Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian. ISBN 972-31-0770-8. 
  • Meinecke, Friedrich (1943). El historicismo y su genesis (en castelán). México: Fondo de Cultura Economica. 
  • Montmorency, James E. G. de (1913). "Friedrich Carl von Savigny". En Macdonell, John; Manson, Edward William Donoghue. Great Jurists of the World. London (en inglés). Londres: John Murray.  LCCN 14013574
  • Solari, Gioele (1950). Filosofía del derecho privado. Tomo II (en castelán). Bos Aires: Depalma. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]