Manuel Freire Castrillón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Freire Castrillón
Biografía
Nacemento1751 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 1820 Editar o valor em Wikidata (68/78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 894

José Manuel Freire Castrillón, nado en Santiago de Compostela en 1751 e finado cara a 1820, foi un comerciante, político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comerciante en quincalla. Foi socio de Jacobo Pérez Villamarín na fábrica da Ponte Vella de Vidán, e en 1803 pasou a ser o único propietario da fábrica de curtidos. Cursou parte dos estudos na Facultade de Teoloxía. Liberal nun principio, transformouse en acérrimo defensor do absolutismo. Deputado da provincia de Mondoñedo nas Cortes de Cádiz. Foi un dos máis destacados xornalistas reaccionarios do período doceañista en Santiago de Compostela. Colaborou en El Sensato e fundou e dirixiu Estafeta de Santiago (1813-1814). Utilizou os pseudónimos Agustín Verísimo Vilabella, Reytengo e El estafetero. Despois foi nomeado por Fernando VII secretario da Inquisición galega e chegou a ser amoestado pola persecución sen piedade que levou a cabo contra os liberais. Foi procesado e recluído no convento de San Domingos de onde fuxiu en 1820. Morreu na emigración.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Remedio y preservativo contra el mal francés de que adolece la nación española, 1809.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]