John Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Adams

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1735 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Braintree (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xullo de 1826 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Quincy (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaUnited First Parish Church (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente dos Estados Unidos de América
4 de marzo de 1797 – 4 de marzo de 1801
← George WashingtonThomas Jefferson →
Presidente electo dos Estados Unidos
decembro de 1796 – 4 de marzo de 1797
← George WashingtonThomas Jefferson →
Vicepresidente dos Estados Unidos
21 de abril de 1789 – 4 de marzo de 1797 – Thomas Jefferson →
Embaixador dos Estados Unidos na França (pt) Traducir
1788 – 1788
United States Ambassador to the United Kingdom (en) Traducir
1 de abril de 1785 – 30 de marzo de 1788
United States Ambassador to the Netherlands (en) Traducir
19 de abril de 1782 – 30 de marzo de 1788
Member of the Massachusetts House of Representatives (en) Traducir
xuño de 1770 – valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMassachusetts Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Reino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónUnitarismo, congregacionalismo (pt) Traducir, Congregacionalismo (pt) Traducir e Deísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Harvard College Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Boston Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , filósofo político (pt) Traducir , estadista , diplomático , político , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Federalista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioNovanglus Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua francesa e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaAdams family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAbigail Adams (pt) Traducir (1764–1818), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
Fillosvalor descoñecido, Abigail Adams Smith (en) Traducir, John Quincy Adams, Susanna Adams (en) Traducir, Charles Adams (en) Traducir, Thomas Boylston Adams (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJohn Adams, Sr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Susanna Boylston (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsElihu Adams (en) Traducir e Peter Boylston of Braintree Adams (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesHenry Adams (great-grandson (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1547016 Discogs: 4930141 WikiTree: Adams-10 Find a Grave: 6 Editar o valor em Wikidata

John Adams, nado en Quincy (Massachusetts) o 30 de outubro de 1735 e finado na mesma vila o 4 de xullo de 1826, foi o segundo Presidente dos Estados Unidos, dende 1797 ata 1801, considerado un dos pais fundadores dos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Adams chegou á elite política nas primeiras etapas da Revolución Americana. Como delegado de Massachusetts no Congreso Continental, desempeñou un papel importante persuadindo ao Congreso para declara-la independencia, e axudou a Thomas Jefferson na redacción da Declaración de Independencia dos Estados Unidos en 1776. Como representante do Congreso en Europa, foi un dos negociadores principais do Tratado de París coa Gran Bretaña, e un dos principais responsables da obtención de préstamos importantes de banqueiros de Ámsterdam. Teórico político e historiador, Adams escribiu en gran medida a constitución do estado de Massachusetts en 1780, pero atopábase en Europa cando se redactou a Constitución federal en termos semellantes. En 1775 nomeou a George Washington coma comandante en xefe do Exército Continental, e vinte e cinco anos máis tarde nomeou a John Marshall coma Presidente do Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

Actuou coma vicepresidente de George Washington en dous mandatos para posteriormente ser elixido en 1796 coma o segundo presidente da nación. Durante o seu mandato presidencial, atopouse con feroces ataques por parte do Partido Demócrata-Republicano de Thomas Jefferson, así coma a facción dominante do seu propio partido, o Partido Federalista liderado por Alexander Hamilton. Adams firmou as polémicas Actas de sedición e estranxeiros, e conformou o exército e a mariña no contexto da guerra naval non declarada con Francia entre 1798-1800.

John Adams no anverso dun dólar presidencial de 2007.

En 1800 Adams saíu derrotado na reelección por Thomas Jefferson e retirouse a Massachusetts. El e mais a súa dona, Abigail Adams, fundaron unha liña familiar de políticos, diplomáticos e historiadores nos Estados Unidos. Foi pai de John Quincy Adams, sexto Presidente dos Estados Unidos. O 4 de xullo de 1826 faleceu aos 90 anos de idade, o mesmo día do 50º Aniversario da Declaración de Independencia.


Predecesor:
George Washington
 
Presidente dos Estados Unidos de América
 
1797 - 1801
Sucesor:
Thomas Jefferson