Johann Pachelbel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Pachelbel
Nome completoJohann Pachelbel
Nacemento1 de setembro de 1653, valor descoñecido e 1653
Lugar de nacementoNúremberg
Falecemento3 de marzo de 1706 e 6 de marzo de 1706
Lugar de falecementoNúremberg
SoterradoSt. Rochus Cemetery
NacionalidadeAlemaña
EtniaPobo alemán
Relixiónluteranismo
Alma máterUniversidade de Altdorf
Ocupacióncompositor, organista e mestre
FillosAmalia Pachelbel, Charles Theodore Pachelbel e Wilhelm Hieronymus Pachelbel
Coñecido porCanon en re maior de Pachelbel
Na rede
IMDB: nm0655341 Allmovie: p214012
Spotify: 62TD7509VQIxUe4WpwO0s3 Musicbrainz: 2251b277-2dfb-4cf1-83f3-27e29f902440 Songkick: 438578 Discogs: 115463 IMSLP: Category:Pachelbel,_Johann Allmusic: mn0000635037 WikiTree: Pachelbel-1 Find a Grave: 9671257 Deezer: 5866 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Tumba de Johann Pachelbel.

Johann Pachelbel, nado en Nuremberg, bautizado o 1 de setembro de 1653 e finado na mesma cidade o 3 de marzo de 1706, foi un destacado organista, clavicembalista e compositor. Foi un dos máis importantes músicos da xeración anterior a Johann Sebastian Bach. Entre as súas numerosas composicións destaca o célebre Canon en re maior, escrito para tres violíns e baixo continuo, obra que foi obxecto de numerosas gravacións e versións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Johann Pachelbel recibiu de neno as súas primeiras leccións musicais, por parte de Heinrich Schwemmer e Georg Kaspar Wecker, que lle aprenderon composición e interpretación. Tras terminar os estudos na Academia de San Lourenzo, en 1669 ingresou na Universidade de Altdorf, compaxinando as clases coas súas actividades como organista na Lorenzkirche; porén, a precariedade económica da familia impediu ó mozo músico seguir estudando na universidade, na que apenas permaneceu un ano. Na primavera de 1670 empezou a frecuentar a escola poética de Ratisbona e a asistir ás clases particulares de Kaspar Prentz, que o introduciu no coñecemento dos grandes compositores italianos da época.

Influído por Prentz, en 1673 transladouse a Viena para asumir o cargo de organista suplente na catedral de Santo Estevo. Catro anos despois foi nomeado organista da corte de Eisenach, ó servizo do príncipe Johann Georg, duque de Saxe-Eisenach. En xuño de 1678 foi contratado pola igrexa protestante de Erfurt; alí casou con Barbara Gabler en 1681, pero ó cabo de dous anos quedou viúvo, ó morrer a súa esposa e o seu fillo nunha epidemia. En 1684 casou en segundas nupcias con Judith Drommer, coa que tivo sete fillos, sendo dous deles, Wilhelm Hieronymus e Carl Theodorus, tamén músicos.

En 1690 foi chamado á corte de Württemberg en Stuttgart, para ocupar o cargo de músico e organista. Obrigado a fuxir dela en 1692 debido a unha invasión francesa, instalouse en Nuremberg, e poucos meses máis tarde regresou á súa rexión natal, Turinxia, onde foi nomeado organista da cidade de Gotha. En 1695, tralo falecemento do seu antigo mestre Wecker, organista de San Sebaldo en Nuremberg, foille concedido ese posto, no que se mantivo ata a súa morte.

Obra[editar | editar a fonte]

Pachelbel foi autor de numerosas obras, entre as que destacan composicións para órgano (preludios, tocatas, fugas, chaconas...), os lieder espirituais, diversas pezas para clavicémbalo, como a notable Hexachordum Apollinis, corais variadas, algunhas misas, motetes, cantatass, fantasías e magnificats. Malia ser un mestre do stilo cantabile (regularidade do desenvolvemento das voces, harmonía e ritmo), a súa música, tanto a instrumental como a vocal, foi esquecida pouco despois da súa morte e non se recuperou ata a primeira metade do século XIX, cando Franz Commer publicou parte da súa obra escrita para órgano. En 1901 editouse a serie completa das súas 95 fugas sobre o magnificat, e moitas das súas obras para clavicémbalo foron incluídas nunha edición posterior.