William Lawes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam Lawes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1602 Editar o valor em Wikidata
Salisbury (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de setembro de 1645 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Chester Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
EducaciónSalisbury Cathedral School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , gambista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra Civil inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViola da gamba (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1409109 Musicbrainz: 0f583791-1031-4f57-917e-f4e6a2374c7a Discogs: 1370946 IMSLP: Category:Lawes,_William Allmusic: mn0001172941 WikiTree: Lawes-204 Find a Grave: 10008442 Editar o valor em Wikidata

William Lawes, nado en Salisbury (Wiltshire) o 1 de maio de 1602 e finado en Rowton Heath o 24 de setembro de 1645, foi un compositor barroco inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai foi Thomas Lawes e a súa nai Lucris Shepharde. Alistouse no exército e foi nomeado comisario da garda persoal do rei, foi ferido mortalmente en 1645.

William Lawes considérase un nexo de unión entre dous músicos do século XVII. John Dowland e Henry Purcell. A súa morte foi laiada na corte e inspirou moitas elexías musicais dos seus compañeiros, fundamentalmente no seu irmán. Foi unha persoa querida e compañeiro exemplar, compoñendo gran número de cancións tabernarias e cancións canónicas humorísticas.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa primeira obra publicouse en 1648, composta por trinta salmos con música a tres voces, editado por Henry Lawes, incluíndo dez canons, e salmos e elexías compostos polo propio Henry. Sobresae na súa obra, as sonatas para un e dous violíns, baixo de viola e órgano. Cada un dos grupos consta de oito obras que seguen unha orde idéntica tanto en tonalidade coma de movemento, o que suxire que foron pensadas para facer maior fincapé no contrapunto.

As sonatas compóñense en tres movementos: unha fantasía seguida por unha allemande e unha gallarda. Os movementos iniciais son os que levan o peso emotivo, agregándolle unha coda lenta e extensa á gallarda. Revelan o espírito libre e romántico de Lawes.

Entre as súas composicións destacan, sete consorts para arpa, orquestrados por violín, baixo de viola, arpa e tiorba, interesándose polas variacións. Cada obra componse de variacións emparelladas de movementos de danzas, aparecendo tres pavanas para baixo de viola (n.º 10 en sol menor). Compón tamén nove consorts para viola e agrupados posteriormente baixo o título de For ye Violls (Consrt Setts), cinco deles instruméntanse seis partes, e os outros catro son obras a cinco partes, asignando unha das voces ao órgano.

Outra obra destacábel de Lawes é a pavana do sett en dó menor a cinco partes, discurso sobre o motivo das Lachrimas de Dowland, dúas fantasías en dó menor a seis partes, sucedéndolle a este movemento a instrumentación dun dos cantus firmi máis antigos utilizados, o In nomee. Puxo tamén música a poesías dramáticas realizadas por el, e compuxo cancións para teatro, como a Ye feindsand Furies.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]