Alonso Rodríguez (autor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlonso Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1526 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Valladolid Editar o valor em Wikidata
Morte21 de febreiro de 1616 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAdministration and management of the church (en) Traducir, teoloxía e sistema educativo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , teólogo , sacerdote , pedagogo Editar o valor em Wikidata
AlumnosFrancisco Suárez Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata

Alonso Rodríguez,[1] nado en 1526 en Valladolid (Coroa de Castela) e finado o 21 de febreiro de 1616 en Sevilla (Reino de Sevilla, Coroa de Castela), foi un mestre xesuíta e escritor ascético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Valladolid en 1526.[2] Aos 20 anos de idade entrou na Compañía de Xesús. Logo de completar os seus estudos, foi profesor de teoloxía moral no colexio de Monterrei durante doce anos, e posteriormente foi mestre de novizos durante doce anos máis, e reitor durante outros dezasete.[2] Posteriormente foi pai espiritual en Córdoba durante once anos.[2] Como mestre de novizos tivo ao seu cargo ao teólogo Francisco Suárez. Durante o exercicio destes encargos Alonso caracterizouse polo seu coidado, dilixencia e caridade.[2] Finou en Sevilla o 21 de febreiro de 1616.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

É autor da obra Exercicio de perfección y virtudes christianas, baseada nos materiais recollidos das súas exhortacións espirituais aos seus irmáns relixiosos, e publicada por desexo dos seus superiores. Malia ser un libro indicado inicialmente para a vida relixiosa, destinouno tamén para a formación dos laicos; trátase dunha obra afastada de misticismos e especulacións, con instrucións prácticas sobre as virtudes orientadas para levar unha vida cristiá. Tivo gran popularidade, con máis de 25 edicións completas en lingua castelá publicadas, máis de dezaseis en francés, máis de vinte en italiano, máis de dez en alemán e máis de oito en latín; o libro ten sido traducido á maioría das linguas europeas e a moitas do leste.[2]

  • (en alemán) Übung der christlichen Vollkommenheit und Tugend.
  • (en francés) Pratique de la perfection chrétienne.
  • (en inglés) Practice of Christian and Religious Perfection.
  • (en italiano) Essercitio di perfettione, et di virtù christiane.
  • (en latín) Aurea epitome de disciplina virtutum et exercitiis christianae perfectionis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome que aparece nas edicións en castelán das súas obras.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Slater, Thomas (1913). "Alonso Rodriguez". En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) XIII.