Bernardim Ribeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBernardim Ribeiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1482 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Torrão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1552 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Lisboa Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: 8f395b7b-00ee-4c14-8f3a-efa4de99cafd WikiTree: Ribeiro-178 Editar o valor em Wikidata

Bernardim Ribeiro, nado en Torrão c. 1482 e finado en Lisboa c. 1552, foi un escritor e poeta portugués renacentista.[1] A súa principal obra é a novela Saudades, máis coñecida porén como Menina e Moça (da primeira frase da novela, que se tornou un tópico da literatura portuguesa: Menina e moça me levaram de casa de minha mãe para muito longe…).[2]

Frecuentaría a corte de Lisboa, colaborou no Cancioneiro Geral de García de Resende, que así como Bernardim pertenceu á roda dos poetas palacianos xuntamente con Sá de Miranda, Gil Vicente e outros. Foi o introdutor do bucolismo en Portugal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Practicamente nada se sabe con exactitude da vida de Bernardim Ribeiro.[3] Presúmese que naceu ao redor de 1482. Non se conseguiu aínda probar que este poeta Bernardim Ribeiro e un seu homónimo que frecuentou, entre 1507 e 1511, a Universidade de Lisboa, e que en 1524 foi nomeado escribán da cámara, fosen a mesma persoa. Crese que estudou en Coímbra, onde se formou en leis. Estivo algún tempo na Italia, onde tomou coñecemento das innovacións literarias.

Hai moito misterio canto ao nacemento é a morte do escritor. Algúns autores dátana como 1552. Porén, pola lectura da égloga Basto, de Sá de Miranda e escrita antes de 1544, verificamos que este autor se refire ao seu "bo Ribeiro amigo" como xa falecido.

Considerando especulativas todas as referencias sobre as datas e lugar de nacemento, período de vida e morte de Bernardim Ribeiro, algunhas alusións autobiográficas á "aldeia que chamam Torrão" e a un "monte" poden levarnos a considerar que o autor era oriúndo da vila do Torrão, Baixo Alentejo. Na vila encóntrase actualmente unha estatua en homenaxe ao escritor. Outro monumento ao autor pode ser encontrado no Museo de Évora onde existe unha estatua de António Alberto Nunes (1838 - 1912).

Hystoria de menina e moça, 1554.
Menina e moça me levaram de casa de minha mãe para muito longe. Que causa fosse então a daquela minha levada, era ainda pequena, não a soube. Agora não lhe ponho outra, senão que parece que já então havia de ser o que depois foi. Vivi ali tanto tempo quanto foi necessário para não poder viver em outra parte. Muito contente fui em aquela terra, mas, coitada de mim, que em breve espaço se mudou tudo aquilo que em longo tempo se buscou e para longo tempo se buscava. Grande desaventura foi a que me fez ser triste ou, per aventura, a que me fez ser leda. Depois que eu vi tantas cousas trocadas por outras, e o prazer feito mágoa maior, a tanta tristeza cheguei que mais me pesava do bem que tive, que do mal que tinha
Inicio de Menina e Moça

A súa obra resúmese a doce composicións inseridas no Cancioneiro Geral, cinco églogas, a sextina Ontem pôs-se o Sol, a novela Menina e Moça e a novela Ao longo de uma ribeira, única composición portuguesa inserida no Cancioneiro Castelhano de 1550 (segundo Carolina Michaelis), só apareceu publicado coas obras completas do poeta na edición de 1645.

So o título Trovas de dous pastores, foi feita en 1536, a primeira impresión dunha égloga (a de Silvestre e Amador). En 1554, no taller do hebreo exiliado Abraão Usque, en Ferrara (Italia) son editadas as súas obras. Menina e Moça é editada so o título de História de Menina e Moça. Na segunda edición, de 1557-58, en Évora, co título de Saudades e a terceira realizada en Colonia a partir da primeira edición.

A segunda edición posúe un prolongamento que se acostuma aceptar como sendo do autor até ao cap. XXIV. Segundo o investigador Teixeira Rego, non é de rexeitar liminarmente a hipótese de que Bernardim Ribeiro fose de orixe hebraica. Na verdade, e aínda segundo o referido investigador, o estilo de queixume e lamentoso, mesmo algo bíblico, que encontramos nos primeiros capítulos da Menina e Moça, algúns termos utilizados polo autor na obra referida, especialmente "transmutação" ou "transmigração" e algunhas alusións a persecucións e cisións do pobo hebraico, implícitas nas falas dunha personaxe, poden ser indicadores positivos e atestantes desta hipótese. Súmase a esas circunstancias o feito do primeiro editor de Menina e Moça ser un xudeu portugués exiliado en Italia.

Por outro lado, e de acordo coa afirmación de Helder Macedo, os textos benardinianos encerran "uma meditação mística pessimista… em torno do amor humano e da saudade". Analizando o seu contido, podemos considerar que a Menina e Moça ten un fondo autobiográfico e é, en certa medida, un "roman á clef", definicións suxeridas pola recorrencia de anagramas (palabras ou frases formadas coa transposición das letras doutras. Ex.: "Natércia" é anagrama de "Caterina"), tales como: Binmarder (Bernardim), Aónia (Joana), Avalor (Álvaro), Arima (Maria), Donanfer (Fernando), etc.

Em Bernardim a melancolia mergulha no mais cruciante desespero, raiando pelo desvario de um fatalismo herético, muito diferente da anarquia heróica do lirismo camoneano

Aínda que lector de autores clásicos como Virxílio, Ovidio, Petrarca, Sannazaro, Bernardim Ribeiro non é erudito. Utiliza unha linguaxe estilizada repleta de arcaísmos.

Non soamente é precursor do bucolismo en Portugal, como tamén posibelmente o primeiro en escribir sextina na lingua portuguesa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Enciclopédia Universal Multimédia On-Line". web.archive.org (en portugués). 2007-05-21. Archived from the original on 21 de maio de 2007. Consultado o 2020-03-18. 
  2. "Bernardim Ribeiro". www.epdlp.com (en castelán). Consultado o 2020-03-18. 
  3. "Biografia de Bernardim Ribeiro". www.biografiasyvidas.com (en castelán). Consultado o 2020-03-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]