Mohammed o Portugués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mohammed al Bortogali, Muhammad al-Burtuqali e outras variantes
Sultán

Nacemento1464
Fez
Falecemento1526 (62 anos)
SucesorAbu al-Abbas Ahmad ibn Muhammad
Casa realDinastía watasida
ProxenitoresAbu Abd Allah al-Sheikh Muhammad ibn Yahya

Mohammed o Portugués, Mohammed Bortucali (o Mulei Mafamede dos cronistas portugueses) chamado al-Bortucali (ou al-Bortugali o portugués) ou Burtucali, (nome completo en árabe Abu Abd Allah al-Burtuqali Muhammad ibn Muhammad ou Abu Abdullah Muhammad Bortucali ibn Mohammed: أبو عبد الله محمد البرتقالي) nado en 1464 e finado en 1526, foi un monarca do reino de Fez, da dinastía dos watasidas ou oatásidas.

Sucede ao seu pai Mohammed Sheikh como sultán watasida en 1504. O seu fillo Ahmed el Outassi (Abulabas Ahmad ibn Mohammed) falece tras un golpe de estado en abril ou xuño de 1526, e Mohammed Bortucali nomeou o seu irmán Alboácem Ali ibn Mohammed para sucedelo.

Biografía[editar | editar a fonte]

Déronlle o alcume de Mohammed, o Portugués por estar de refén dous anos en Portugal, aprendendo alí costumes e lingua portuguesa.

Levárono a Portugal cativo en agosto de 1471 ao tomar a frota de Afonso V de Portugal a cidade de Asilah, onde estaba nese momento con dúas das mulleres do seu pai, segundo Rui de Pina, e tamén cunha irmá segundo Damião de Góis, e a pesar do rei de Fez Mohammed Sheikh, seu pai, querer rescatalos por unha gran cantidade de cartos, D. Afonso non consentiu e trouxoos ao Reino.

"Era seu pensamento haver por eles os ossos do seu infeliz tio, o infante santo D. Fernando, o que de feito foi concertado no ano seguinte de 1472 (...) Do escâmbio se tirou o filho, então de 8 anos de idade, que no reino permaneceu dois anos (...). Mandou-o D. Afonso livremente a seu pai, procedimento de que Mulei Xeque se mostrou sempre muito agradecido [1] ".

Os watasidas foron moito menos belixerantes contra os portugueses que os saaditas, que desde 1510 con Mohammed al-Qa'im liderando as tribos do val de Sous chamaron á xihad contra os portugueses que se estableceran en Agadir e outras cidades costeiras coas que comerciaban con casteláns e xenoveses[2]. Cando al-Bortucali finalmente reinou, en 1504, só tiña autoridade sobre Fez e Salé e os seus arredores, sendo o resto do país gobernado por autoridades tribais. Non puido recuperar a Arzila, a pesar de varios intentos, (en 1508 e 1515), nin a Tánxer (1511), e viu como os portugueses multiplicaban fortalezas ao longo da costa: creación de Santa Cruz do Cabo de Gué (actual Agadir), instalación en Mazagán (Mazagão, actual El-Jadida), construción da fortaleza de Castelo de Aguz (actual Souira Kedima), na desembocadura do río Tensift, xa que o poder dos saadianos adquiriu cada vez máis importancia.

Al-Bortucali foi quen enviou a Tombouctou, xunto con seu tío, a Hassan al-Wazzan, que tras converterse ao cristianismo recibiu o nome de Giovanni Leone di Medici, máis coñecido como León o Africano, diplomático, xeógrafo e explorador que ditou en italiano Descrittione dell’Africa (Descrición de África).[3]

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

  • 1464: Nacemento
  • 1471: Levado a Portugal como refén.
  • 1473: Estréase. Regreso a Marrocos.
  • 1504: sucede ao seu pai.
  • 1508: intentos de apoderarse de Asilah (tamén Arzila).
  • 1511: Mohammed Aljazuli, xefe dun poderoso Zawiya de Suz apoia o nomeamento como xefe de guerra do saadián Abu Abdallah Alkayim .
  • 1515: Novo intento de tomar Arzila.
  • 1524: Os saadianos apodéranse de Marrakech, co apoio das tribos berberes do val de Suz e do val do Drá.
  • 1526 Morte de Bortukali, sucedendo ao seu irmán Alboácem Ali ibn Muhammad, e pouco despois ao seu fillo Ahmed el Outassi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. David Lopes : História de Arzila. Coimbra, imprensa da Universidade. 1924. p. 51
  2. Abun-Nasr, Jamil M.; al-Naṣr, Ǧamīl M. Abū; Abun-Nasr, Abun-Nasr, Jamil Mirʻi (1987-08-20). A History of the Maghrib in the Islamic Period (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-33767-0. 
  3. Speake, Jennifer (2003). Literature of Travel and Exploration: G to P (en inglés). Taylor & Francis. ISBN 978-1-57958-424-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]